El Festival Internacional de Cortos Vía XIV de Verín trabaja para que la gente joven tenga un espacio propio en el proyecto con su Xurado Novo

El FIC Vía XIV fomenta la participación ciudadana y la inclusión de la juventud en los certámenes de cine con su Xurado Novo

O FIC Vía XIV abre as inscricións para o seu Xurado Novo, que será o encargado de nomear o filme gañador do ‘Premio Xurado Novo’ neste décimo aniversario do festival. Tras o éxito do ano pasado, o FIC Vía XIV de Verín fortalece a súa aposta pola participación da mocidade nos festivais de cinema. ‘É fundamental que a xente nova teña un espazo de seu en eventos deste tipo, xa que esta é a maneira de potenciar a educación cultural, así como de ter novas miradas fóra dos círculos normativos da cultura”, afirma Carlos Montero, director do festival. As inscricións para participar no Xurado Novo están abertas dende hoxe, 14 de marzo, ata o vindeiro 10 de xuño, e poden realizarse a través da páxina web do festival.

2024 foi o primeiro ano no que o FIC Vía XIV contou coa participación dun Xurado Novo. Dende o festival resaltan a riqueza que aportou ao evento a participación de xente nova da contorna. “A esencia do FIC Vía VIC reside en ser un espazo cultural aberto á cidadanía. Queremos que todo o mundo sinta que o festival tamén é seu, xa que nos nutrimos de novas olladas e propostas”, explica Carlos Montero. 

O Xurado Novo estará conformado por cinco persoas de entre 16 e 30 anos. Pode presentarse quen o desexe, aínda que se valorarán a colaboración en proxectos culturais ou artísticos, que cursen estudos relacionados co audiovisual ou que teñan relación con Verín e a súa contorna. As persoas que sexan seleccionadas, poderán participar do festival dende dentro, tendo a oportunidade de ver como funciona a equipa e como se estrutura un evento audiovisual destas características. Deste xeito, o FIC Vía XIV tamén se erixe como un espazo que pode xerar futuras experiencias laborais, xa que coñecer un festival dende dentro, entrar en contacto coa equipa e artistas, pode chegar a ser moi nutritivo para futuras carreiras profesionais. Ademais, todas as persoas inscritas, sexan ou non seleccionadas, recibirán pases gratuítos para asistir ás proxeccións oficiais do festival. 

As persoas interesadas deberán consultar as bases completas de participación na web oficial do festival, a través da que tamén se poderán inscribir. Dende a organización animan á mocidade a vivir unha experiencia única en Verín entre o 28 de agosto e o 6 de setembro. 

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *