{"id":10805,"date":"2023-09-21T10:40:52","date_gmt":"2023-09-21T08:40:52","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=8760"},"modified":"2024-06-19T17:44:03","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:03","slug":"o-fic-via-xiv-de-verin-atraeu-este-ano-de-xeito-presencial-a-2-500-persoas-ao-abeiro-das-suas-proxeccions-oficiais-e-actividades-paralelas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/o-fic-via-xiv-de-verin-atraeu-este-ano-de-xeito-presencial-a-2-500-persoas-ao-abeiro-das-suas-proxeccions-oficiais-e-actividades-paralelas\/","title":{"rendered":"O FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn atraeu este ano de xeito presencial a 2.500 persoas ao abeiro das s\u00faas proxecci\u00f3ns oficiais e actividades paralelas"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong><em>Carlos Montero, director do festival, afirma que o certame act\u00faa como foro de dinamizaci\u00f3n cultural e tam\u00e9n como polo de atracci\u00f3n tur\u00edstica<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n\n<p>Arredor de 2.500 persoas participaron durante os nove d\u00edas que durou o FIC V\u00eda XIV 2023 nalgunha das actividades propostas ao abeiro da axenda do certame, as\u00ed coma no visionado das curtas presentadas a concurso dentro das diferentes categor\u00edas oficiais. Xunto a isto, 100 persoas m\u00e1is seguiron a gala de clausura e entrega de premios de xeito online. As actividades m\u00e1is exitosas deste ano foron o pase que Pepe Viyuela ofreceu no auditorio da s\u00faa obra <em>Encerrona,<\/em> que colgou o cartel de completo enchendo as 350 butacas do recinto, e tam\u00e9n a actividade infantil <em>V\u00e9monos no futuro. <\/em>Esta \u00faltima, dirixida pola narradora oral Raquel Queiz\u00e1s, convidou a m\u00e1is de 500 cativos e cativas de seis centros educativos da comarca a mergullarse na maxia do cinema a trav\u00e9s do f\u00edo condutor da ciencia ficci\u00f3n e programou unha serie de curtas especificamente orientada para a infancia.<\/p>\n<p>Xunto a isto, a pr\u00e1ctica totalidade das actividades paralelas de car\u00e1cter profesional -talleres e obradoiros de diversa tem\u00e1tica- completaron o seu aforo. E tam\u00e9n foron particularmente populosas as diferentes catas e degustaci\u00f3ns que se celebraron, tanto de vi\u00f1os amparados baixo o selo de calidade da D.O. Monterrei como de cervexas artes\u00e1s, entre outras iniciativas.<\/p>\n\n<p>A Praza Garc\u00eda Barb\u00f3n rexistrou tam\u00e9n numerosa afluencia durante a noite do xoves 14 de setembro para desfrutar coa actuaci\u00f3n de Caspervek, grupo que musicalizou en directo algunhas das curtas m\u00e1is representativas do cinema mudo. A organizaci\u00f3n do FIC V\u00eda XIV calcula que arredor de 200 persoas acudiron ao centro da vila nesta xornada para asistir a esta actuaci\u00f3n musical.<\/p>\n<p>Ademais, os diferentes axentes do tecido socioecon\u00f3mico de Ver\u00edn implic\u00e1ronse activamente na iniciativa. Empresarios, comerciantes e hostaleiros secundaron diferentes actividades paralelas promovidas pola organizaci\u00f3n do certame promovendo, por exemplo, a decoraci\u00f3n de diferentes escaparates de locais comerciais con motivos de cinema, sorteando entradas dobres para o espect\u00e1culo de Pepe Viyuela ou elaborando petiscos con &#8220;sabor a cinema&#8221; durante o Pincho Xoves, tal e como destaca Carlos Montero, director do FIC.<\/p>\n\n<p>A todos eles, o director do festival quere agradecerlles a s\u00faa colaboraci\u00f3n co certame, as\u00ed como ao Concello de Ver\u00edn. &#8220;Entre todos e todas estamos a facer un Ver\u00edn m\u00e1is vivo, m\u00e1is din\u00e1mico, no que a cinematograf\u00eda e a cultura ocupan un papel central&#8221;, destaca o director do festival. &#8220;Diferentes directores e directoras de curtas presentadas a concurso amos\u00e1ronse gratamente sorprendidos co que aqu\u00ed se atoparon, co noso territorio, cos nosos vi\u00f1os e co noso patrimonio e asegur\u00e1ronnos que \u00edan volver&#8221;, abonda. &#8220;Disto tam\u00e9n trata o FIC V\u00eda XIV -considera Montero-, de funcionar como polo para a atracci\u00f3n tur\u00edstica&#8221;.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":2,"featured_media":10440,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10805","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2023\/09\/21092023-Balance.jpg?fit=2048%2C1365&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10805","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10805"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10805\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11181,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10805\/revisions\/11181"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10440"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10805"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10805"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10805"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}