{"id":10806,"date":"2023-09-16T21:09:23","date_gmt":"2023-09-16T19:09:23","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=8711"},"modified":"2024-06-19T17:44:04","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:04","slug":"o-fic-via-xiv-2023-bota-o-pano-ponendo-en-valor-o-papel-do-cinema-como-faro-para-o-pensamento-critico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/o-fic-via-xiv-2023-bota-o-pano-ponendo-en-valor-o-papel-do-cinema-como-faro-para-o-pensamento-critico\/","title":{"rendered":"O FIC V\u00eda XIV 2023 bota o pano po\u00f1endo en valor o papel do cinema como faro para o pensamento cr\u00edtico"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong><em>A entrega de premios e clausura do certame tivo lugar esta tarde no auditorio da capital do T\u00e1mega nun acto no que interviron o alcalde da localidade, Gerardo Seoane; a concelleira de Cultura, Samanta Barreira; e o director do festival, Carlos Montero<\/em><\/strong><\/li>\n<li><strong><em>Os traballos ga\u00f1adores nesta edici\u00f3n do foro foron as curtas 11.20 A.M.; Raticide; One Minute e Papirola; mentres o t\u00edtulo Ice Merchants obtivo unha menci\u00f3n especial do xurado e El bus foi o traballo merecente do premio do p\u00fablico<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A VIII edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn botou o pano este ser\u00e1 no auditorio da vila coa celebraci\u00f3n dunha gala de clausura que estivo conducida polo actor galego Manuel Cort\u00e9s. No decurso do acto, d\u00e9ronse a co\u00f1ecer os nomes dos t\u00edtulos das curtas ga\u00f1adoras dentro de cada unha das categor\u00edas oficiais do certame, outorgadas por un xurado do que formaron parte Nora Sola, Toni Salgado e Nicol\u00e1s Afonso, as\u00ed coma o premio do p\u00fablico.<\/p>\n<p>No marco da categor\u00eda oficial <em>Horizontes<\/em> o traballo premiado foi <em>11.20. A.M<\/em>. de Dimitris Nakos (Grecia); a mellor curta de A Raia foi <em>Raticide<\/em>, un traballo de Joao Niza (Portugal); o premio \u00e1 mellor peza exhibida na categor\u00eda Nova foi para <em>One Minute<\/em>, de Matilde Sk\u00f6ld e Markus Svanberg (Suecia) e como mellor curta dentro da categor\u00eda Infantil, de nova creaci\u00f3n este ano, foi elixido o t\u00edtulo <em>Papirola<\/em>, un traballo de Fabi\u00e1n Molinaro, con sello espa\u00f1ol. O premio especial do p\u00fablico recaeu no t\u00edtulo <em>El Bus<\/em>, de Sandra Reina (Espa\u00f1a). Doutra banda, o film <em>Ice Merchants<\/em>, de Joao Gonz\u00e1lez (Portugal), recibiu unha menci\u00f3n especial do xurado dentro da categor\u00eda A Raia.<\/p>\n<p>Durante a gala de clausura tam\u00e9n se entregaron dous premios correspondentes a d\u00faas das actividades paralelas celebradas ao longo destes d\u00edas ao abeiro do certame. O traballo ga\u00f1ador do concurso de pintura, posto en marcha este ano por vez primeira pola organizaci\u00f3n do FIC V\u00eda XIV para que aqueles artistas gr\u00e1ficos maiores de 16 anos plasmasen sobre lenzo unha escena ben reco\u00f1ecida da historia da cinematograf\u00eda, foi Daniela Dom\u00ednguez coa s\u00faa obra <em>Undine, <\/em>de Christian Petzold. Doutra banda, o establecemento que ga\u00f1ou o concurso de escaparatismo promovido conxuntamente entre a Asociaci\u00f3n Cultural V\u00eda XIV e AEVER foi Noisiness Ver\u00edn. Tratouse dunha iniciativa que convidou aos diferentes establecementos comerciais da vila a engalanar as s\u00faas vitrinas con motivos relacionados coa s\u00e9tima arte.<\/p>\n\n<p>Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n no acto de clausura, o alcalde de Ver\u00edn, Gerardo Seoane, destacou que este foro cinematogr\u00e1fico \u00a0&#8220;axuda a estender a marca Ver\u00edn m\u00e1is al\u00f3 das nosas fronteiras&#8221; e que &#8220;a s\u00faa repercusi\u00f3n nos medios \u00e9 important\u00edsima como &#8220;factor intanxible para a atracci\u00f3n tur\u00edstica&#8221;.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n puxo en valor que, ao seu xu\u00edzo, un dos factores diferenciais do FIC V\u00eda XIV \u00e9 que est\u00e1 feito &#8220;case integramente&#8221; por profesionais que proceden ou habitan directamente en Ver\u00edn, axudando a impulsar a &#8220;canteira local&#8221; arredor do audiovisual.<\/p>\n\n<p>Pola s\u00faa banda, a concelleira de Cultura, Samanta Barreira, referiuse \u00e1 intensa aposta que o Concello de Ver\u00edn realiza dende hai anos pola dinamizaci\u00f3n cultural do municipio. Precisamente, tal e como considerou, o FIC V\u00eda XIV \u00e9 unha das probas m\u00e1is evidentes desta aposta, unha iniciativa que c\u00f3mpre &#8220;protexer&#8221; e &#8220;compartir&#8221; en tanto en canto consegue achegar o interese polo cinema\u00a0 &#8220;a toda a cidadan\u00eda, tam\u00e9n aos m\u00e1is pequenos&#8221;.<\/p>\n<p>Barreira tam\u00e9n se referiu ao poder do cinema para converter &#8220;calquera espazo nunha casa&#8221;. &#8220;Nunha casa chea de entretemento, transgresi\u00f3n, pensamento e aprendizaxe. Cun poder transformador e de xeraci\u00f3n de esp\u00edrito cr\u00edtico inesgotable&#8221;, anotou.<\/p>\n\n<p>Finalmente, o director do certame, Carlos Montero, vertebrou a s\u00faa intervenci\u00f3n durante o acto de clausura e entrega de premios no papel do FIC V\u00eda XIV, en particular, e do cinema, en xeral, como foro catalizador para o pensamento cr\u00edtico. &#8220;Este ano, m\u00e1is ca nunca, quixemos que o FIC se erguera como un faro de pensamento cr\u00edtico. Por este motivo, inclu\u00edmos tanto na programaci\u00f3n oficial presentada a concurso como nas actividades paralelas diversas tem\u00e1ticas de \u00edndole social. Puxemos o foco, especialmente, en asuntos que nos convidan a pensar sobre cuesti\u00f3ns tan diversas e de calado social como a sostibilidade ambiental, a realidade das persoas refuxiadas ou o papel transformador que a Intelixencia Artificial pode ter na cultura&#8221;, considerou.<\/p>\n<p>&#8220;Quixemos, pois, que o espazo que ofrecemos a todos os habitantes de Ver\u00edn e comarca, o do FIC V\u00eda XIV, transcendera o seu papel propiamente visual para achegarnos -dende un punto de vista cr\u00edtico e reflexivo- a diferentes asuntos que coidamos van ter un desempe\u00f1o preponderante no futuro do eido cinematogr\u00e1fico, en particular, e cultural, en xeral&#8221;, conclu\u00edu Montero.<\/p>\n<p>Ademais de po\u00f1er en valor a calidade de todos os traballos presentados a concurso e felicitar aos ga\u00f1adores e ga\u00f1adoras, o director do FIC tam\u00e9n puxo en valor a completa axenda de actividades paralelas perfiladas para todos os p\u00fablicos e que se celebraron durante toda a semana en Ver\u00edn, no marco do certame, entre as que destacou concertos, degustaci\u00f3ns gastron\u00f3micas ou iniciativas formativas orientadas principalmente cara a un p\u00fablico de car\u00e1cter m\u00e1is profesional.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":2,"featured_media":10442,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10806","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2023\/09\/16092023-Gala-Clausura-FIC-2023-2.jpg?fit=2048%2C1366&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10806","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10806"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10806\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11182,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10806\/revisions\/11182"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10442"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10806"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10806"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10806"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}