{"id":10811,"date":"2023-09-10T17:45:05","date_gmt":"2023-09-10T15:45:05","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=8651"},"modified":"2024-06-19T17:44:10","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:10","slug":"xornada-orientada-ao-publico-profesional-con-sete-actividades-diferentes-e-unha-notable-afluencia-de-participantes-no-marco-da-iii-xornada-do-fic-via-xiv-de-verin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/xornada-orientada-ao-publico-profesional-con-sete-actividades-diferentes-e-unha-notable-afluencia-de-participantes-no-marco-da-iii-xornada-do-fic-via-xiv-de-verin\/","title":{"rendered":"Xornada orientada ao p\u00fablico profesional con sete actividades diferentes e unha notable afluencia de participantes no marco do III d\u00eda do FIC V\u00eda XIV 2023"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong><em>O Auditorio e diferentes emprazamentos da vila foron os escenarios elixidos para desenvolver unha axenda que inclu\u00edu, entre outras actividades, un concurso de pintura para artistas gr\u00e1ficos; un Obradoiro centrado no potencial da Intelixencia Artificial aplicada ao \u00e1mbito art\u00edstico ou un debate sobre a historia da cinematograf\u00eda en Ver\u00edn moderado por Sabela Souto<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn desenvolveu na s\u00faa III xornada, celebrada este domingo, unha completa axenda de actividades paralelas dirixida principalmente ao p\u00fablico profesional que contaron cun alto grao de participaci\u00f3n e se levaron a cabo en diferentes emprazamentos da vila. As\u00ed, por exemplo, ao longo de toda o d\u00eda seguiu celebr\u00e1ndose o obradoiro <em>Interpretaci\u00f3n perante a c\u00e1mara, <\/em>impartido por Santi Ca\u00f1averal e \u00c1lex Mallo no que os oito participantes nesta actividade recrearon escenas da historia da cinematograf\u00eda asesorados por estes dous profesionais da actuaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Xunto a isto, a Vi\u00f1oteca Gandainas -situada na Praza Garc\u00eda Barb\u00f3n da vila do T\u00e1mega- foi o marco elixido pola organizaci\u00f3n do FIC V\u00eda XIV para levar a cabo o debate <em>Un rural cheo de audiovisual, <\/em>unha actividade informal concibida coma un espazo de encontro no que artistas, profesionais do audiovisual e do eido cultural debateron sobre as oportunidades e o potencial que te\u00f1en os espazos perif\u00e9ricos e as contornas rurais para o desenvolvemento de diferentes proxectos de tipo audiovisual. O apoio aos novos creadores nestas zonas, o fomento de novos p\u00fablicos, o aproveitamento dos produtos audiovisuais e o achegamento das \u00faltimas tendencias \u00e1s vilas de menor dimensi\u00f3n foron alg\u00fans dos aspectos que centraron o debate.<\/p>\n<p>Tras esta actividade, na mesma Praza Garc\u00eda Barb\u00f3n de Ver\u00edn houbo unha sesi\u00f3n verm\u00fa aberta \u00e1 veci\u00f1anza que estivo amenizada con m\u00fasica de Massy Ferguson.<\/p>\n\n<p>Sen d\u00fabida, unha das actividades m\u00e1is novidosas desta edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV foi o concurso de pintura que a organizaci\u00f3n promoveu este ano entre artistas gr\u00e1ficos maiores de 16 anos que se animaron a recrear sobre lenzo algunha escena ben reco\u00f1ecida da historia da cinematograf\u00eda. Os participantes traballaron durante catro horas no interior do Auditorio e as s\u00faas obras vanse expo\u00f1er durante toda a semana no recinto ata que se decidan os dous premios que se van outorgar, un concedido por un xurado profesional e outro mediante votaci\u00f3n popular.<\/p>\n<p>O Obradoiro de Intelixencia Artificial (IA) impartido por Alfonso Sola, docente, investigador e artista, completou o seu aforo. Nesta actividade, celebrada no Auditorio, ofreceuse aos asistentes unha serie de claves para a creaci\u00f3n de imaxes con IA. Este seminario de iniciaci\u00f3n afondou tam\u00e9n no emprego desta tecnolox\u00eda e das ferramentas de IA tanto no eido audiovisual coma no art\u00edstico.<\/p>\n\n<p>F\u00f3ra de concurso, o Auditorio de Ver\u00edn acolleu tam\u00e9n esta tarde a proxecci\u00f3n da curta <em>Enferma. <\/em>Un traballo dirixido por Manel Salgueiro e protagonizado polo actor local Toni Salgado de 24 minutos de duraci\u00f3n, concibido como un vibrante thriller dividido en tres partes.<\/p>\n<p>Xunto a isto, tres xornalistas -Carolina Aldara, Rosal\u00eda Pi\u00f1eiro e Concha Caneiro- foron as encargadas de dirixir, no espazo exterior do Auditorio, o podcast <em>Ti mesma, <\/em>no que charlaron con diferentes convidados ao certame para presentalos e dalos a co\u00f1ecer, principalmente ao p\u00fablico m\u00e1is novo, mediante un formato de entrevistas en directo, con toques de humor e reivindicaci\u00f3n do cinema.<\/p>\n\n<p>A actividade final do d\u00eda foi dirixida por Sabela Dom\u00ednguez Souto, profesional do audiovisual e membro do equipo de traballo do FIC V\u00eda XIV, e levou por t\u00edtulo <em>Historia dos cineclubes. <\/em>Nela, f\u00edxose un repaso pola ampla pegada tradici\u00f3n cinematogr\u00e1fica que sempre existiu na vila do T\u00e1mega e na s\u00faa comarca, onde chegou a haber ata cinco salas de proxecci\u00f3n diferentes.<\/p>\n<p>&#8220;Unha pegada que, sen d\u00fabida, explica o \u00e9xito e a grande aceptaci\u00f3n coa que hoxe conta o FIC V\u00eda XIV&#8221;, considerou Dom\u00ednguez Souto durante a s\u00faa intervenci\u00f3n como moderadora nesta actividade divulgativa na que participaron alg\u00fans dos protagonistas dos primeiros movementos cin\u00e9filos que houbo en Ver\u00edn para recoller a s\u00faa testemu\u00f1a e salvagardar na memoria a s\u00faa relevancia.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":2,"featured_media":10452,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10811","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2023\/09\/PHOTO-2023-09-10-20-53-57.jpg?fit=1024%2C683&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10811","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10811"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10811\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11187,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10811\/revisions\/11187"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10452"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10811"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10811"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10811"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}