{"id":10815,"date":"2023-09-01T12:54:35","date_gmt":"2023-09-01T10:54:35","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=8544"},"modified":"2024-06-19T17:44:14","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:14","slug":"un-total-de-32-curtas-participaran-na-seccion-oficial-da-viii-edicion-do-fic-via-xiv-de-verin-certame-que-este-ano-triplica-a-sua-axenda-de-actividades-paralelas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/un-total-de-32-curtas-participaran-na-seccion-oficial-da-viii-edicion-do-fic-via-xiv-de-verin-certame-que-este-ano-triplica-a-sua-axenda-de-actividades-paralelas\/","title":{"rendered":"Un total de 32 curtas participar\u00e1n na secci\u00f3n oficial da VIII edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn, certame que este ano triplica a s\u00faa axenda de actividades paralelas"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong><em>A programaci\u00f3n completa da vindeira edici\u00f3n do foro, que arrinca o 8 de setembro, foi presentada esta ma\u00f1\u00e1 en rolda de prensa polo alcalde de Ver\u00edn, Gerardo Seoane; a concelleira de Cultura do municipio, Samanta Barreira; o vicepresidente segundo da Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense, C\u00e9sar Fern\u00e1ndez; e o director do festival, Carlos Montero<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ata 32 curtas, de m\u00e1is dunha ducia de nacionalidades diferentes, participar\u00e1n na secci\u00f3n oficial da VIII edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn, cuxo programa de actividades arrincar\u00e1 oficialmente o vindeiro venres, 8 de setembro. Durante nove d\u00edas, os habitantes da comarca e aqueles e aquelas que se acheguen ata a zona poder\u00e1n desfrutar, ademais do visionado dos films que se presentan a concurso dentro das diferentes categor\u00edas do certame, dun amplo programa de 21 actividades paralelas (o triple que en anteriores edici\u00f3ns do foro).<\/p>\n<p>O FIC V\u00eda XIV 2023 vai estar especialmente centrado na sostibilidade ambiental e por\u00e1 o foco neste punto coa programaci\u00f3n dunha serie de curtas, encadradas dentro da categor\u00eda <em>Horizontes 3, <\/em>que abordan cuesti\u00f3ns como a relevancia da biodiversidade para preservar o futuro do planeta, o dano causado polos residuos pl\u00e1sticos no medio mari\u00f1o ou o desaf\u00edo orixinado polo cambio clim\u00e1tico e como facerlle fronte, entre outras cuesti\u00f3ns.<\/p>\n<p>Precisamente, para afondar no eido da sostibilidade o FIC V\u00eda XIV trae tam\u00e9n ata Ver\u00edn este ano un foro de debate, que se desenvolver\u00e1 coa colaboraci\u00f3n de Proxecta-a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, no que diferentes profesionais intercambiar\u00e1n opini\u00f3ns sobre como integrar esta premisa dentro da xesti\u00f3n cultural.<\/p>\n\n<p>Amais disto, a organizaci\u00f3n do certame prop\u00f3n unha edici\u00f3n cargada de novidades entre as que destacan, por exemplo, a posta en marcha dun concurso de pintura para artistas gr\u00e1ficos maiores de 16 anos, que ter\u00e1n o reto de plasmar nun lenzo algunha escena ben reco\u00f1ecible da historia da cinematograf\u00eda que previamente escollan ou a\u00a0 programaci\u00f3n de diversas actividades destinadas a un p\u00fablico de corte m\u00e1is profesional, a\u00ednda que abertas a todos os interesados e interesadas, como un obradoiro de interpretaci\u00f3n perante a c\u00e1mara ou outro relacionado co emprego das t\u00e9cnicas de Intelixencia Artificial no sector audiovisual, en particular, e art\u00edstico, en xeral.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n haber\u00e1 ocasi\u00f3n de co\u00f1ecer o rico legado do patrimonio cinematogr\u00e1fico de Ver\u00edn e comarca mediante o repaso, nunha mesa de traballo, dos diferentes axentes &#8211; entre os que salientan cineclubes e salas de proxecci\u00f3n- que contribuiron a espertar e fortalecer o interese polo cinema na zona. Unha cuesti\u00f3n fundamental para comprender a esencia e acollida actual do FIC V\u00eda XIV na vila.<\/p>\n\n<p>Doutra banda, no seu prop\u00f3sito de avanzar cara a un contedor cultural con vocaci\u00f3n de permanencia na comarca, o FIC acoller\u00e1 tam\u00e9n nesta nova edici\u00f3n diferentes actividades musicais -tales coma concertos, sesi\u00f3ns amenizadas por DJs ou musicalizaci\u00f3n de curtas mudas nun evento que ter\u00e1 lugar na Praza Maior por parte do grupo <em>Caspervek<\/em>.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se poder\u00e1 desfrutar dun t\u00fanel de vi\u00f1o organizado pola D.O. Monterrei e dunha cata de cervexas, unha actividade que xa se desenvolveu con \u00e9xito en 2022 e que de novo se denominar\u00e1 <em>Hop&amp;Roll<\/em>, na que poder\u00e1n degustarse diferentes referencias do panorama cervexeiro maridadas con produtos tradicionais nunha xornada que estar\u00e1 amenizada cunha pinchada 100% en galego. Non faltar\u00e1, ademais, unha sesi\u00f3n verm\u00fa na Praza Garc\u00eda Barb\u00f3n que contar\u00e1 ademais con ambientaci\u00f3n musical.<\/p>\n\n<p>Por\u00e9n, un dos pratos fortes do FIC V\u00eda XIV 2023 vai ser a estad\u00eda en Ver\u00edn do carism\u00e1tico actor Pepe Viyuela que se achegar\u00e1 ata o Auditorio na xornada do venres 8 de setembro para participar no coloquio posterior ao visionado do documental <em>Un viaje h\u00e1cia nosotros<\/em>, dirixido por Luis Cintora e guionizado por el mesmo, no que se mergulla no pasado da s\u00faa familia e, en concreto, no do seu av\u00f3 Gervasio, que loitou na Guerra Civil. Este film, de 70 minutos de duraci\u00f3n, reflexiona sobre a realidade dos refuxiados naquel tempo, establecendo paralelismos coas di\u00e1sporas actuais.<\/p>\n<p>Ao d\u00eda seguinte, o s\u00e1bado 9 de setembro, o actor interepretar\u00e1 o seu espect\u00e1culo <em>Encerrona <\/em>perante todo o p\u00fablico da contorna. Tr\u00e1tase dunha representaci\u00f3n que achega aos asistentes unha reflexi\u00f3n sobre o cot\u00edan dende a perspectiva do pallaso, entre tintes de comedia e humor absurdo. As entradas para poder ver o espect\u00e1culo no Auditorio de Ver\u00edn est\u00e1n xa venda, a un prezo de 12 euros, na web de Ataquilla.com.<\/p>\n\n<p>Outra das novidades m\u00e1is significativas desta edici\u00f3n do certame ten que ver coa intensificaci\u00f3n da programaci\u00f3n orientada ao p\u00fablico infantil. Os cativos e cativas da comarca sempre foron un piar fundamental para a organizaci\u00f3n do festival que, dende os seus inicios, levou a cabo actividades especiais para a infancia da contorna.<\/p>\n<p>Neste 2023, por vez primeira o FIC estrear\u00e1 unha categor\u00eda destinada aos m\u00e1is pequenos e pequenas que contar\u00e1 cun premio de seu outorgado polo xurado profesional e na que os rapaces e rapazas da zona poder\u00e1n desfrutar do visionado de catro curtas. A sesi\u00f3n estar\u00e1 amenizada pola narradora oral, Raquel Queiz\u00e1s, quen trasladar\u00e1 aos menores a &#8220;maxia do cinema&#8221; a trav\u00e9s do f\u00edo condutor da ciencia ficci\u00f3n.<\/p>\n\n\n<p>Na rolda de prensa de presentaci\u00f3n do certame participaron o alcalde de Ver\u00edn, Gerardo Seoane; a concelleira de Cultura do municipio, Samanta Barreira; o vicepresidente segundo da Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense, C\u00e9sar Fern\u00e1ndez; e o director do festival, Carlos Montero. O rexedor verin\u00e9s puxo en valor o traballo dos profesionais -maioritariamente locais- que conforman o equipo do FIC e que dan boa mostra &#8220;do talento&#8221; que existe na vila &#8220;para desenvolver cada ano un evento das caracter\u00edsticas deste certame, que ademais ensancha a s\u00faa programaci\u00f3n e axenda en cada nova edici\u00f3n co obxectivo de chegar a novos p\u00fablicos&#8221;.<\/p>\n<p>Seoane destacou tam\u00e9n que \u00e9 &#8220;indubidable&#8221; que o &#8220;FIC contrib\u00fae a sit\u00faar Ver\u00edn no mapa dos festivais cinematogr\u00e1ficos galegos&#8221; cunha proposta &#8220;moi xenu\u00edna e baseada na idiosincrasia propia da localidade moldeada histiricamente polos conceptos de &#8220;Fronteira-Emigraci\u00f3n e Entroido&#8221; que te\u00f1en, segundo asegurou, &#8220;todos eles cabida no programa anual do certame&#8221;.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Samanta Barreira eloxiou a capacidade da organizaci\u00f3n do FIC por conseguir unha axenda sensible cara aos asuntos sociais &#8220;que m\u00e1is nos preocupan a todos e a todas na actualidade&#8221;. Neste sentido, destacou que a aposta por incluir filmes e actividades paralelas que se centren na posta en valor da sostibilidade ambiental \u00e9, sen d\u00fabida, &#8220;paradigm\u00e1tica da pegada social que quere deixar o FIC entre os verineses e verinesas&#8221;.<\/p>\n<p>Xunto a isto, Barreira destacou a aposta dos organizadores por tentar involucrar a toda a poboaci\u00f3n de Ver\u00edn arredor dunha proposta que funciona xa como &#8220;un contedor cultural de seu, m\u00e1is al\u00f3 do estritamente cinematogr\u00e1fico&#8221; e realizou un repaso polas diferentes iniciativas que se promoven dende o Concello, ao longo do ano, para dinamizar culturalmente a vila. Amais do FIC, Barreira citou por exemplo &#8220;a magn\u00edfica aceptaci\u00f3n doutros festivais como o Extruga ou de foros como as <em>Xornadas de Novela Negra<\/em>&#8220;.<\/p>\n<p>Dende a Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense, o seu vicepresidente segundo destacou o respaldo do organismo \u00e1 iniciativa. &#8220;Dende a Deputaci\u00f3n, apostamos pola cultura como elemento dinamizador do territorio&#8221;, argumentou C\u00e9sar Fern\u00e1ndez.<\/p>\n\n<p>Pola s\u00faa banda, Carlos Montero quixo agradecer \u00e1s diferentes entidades organizadoras, patrocinadoras e colaboradoras do FIC o apoio prestado para levar a cabo esta VIII edici\u00f3n do certame, un total de 26. En especial, Montero referiuse ao apoio institucional prestado dende o Concello de Ver\u00edn \u00e1 iniciativa como unha proba da &#8220;aposta inquebrantable do municipio por manter vivo un foro xa consolidado plenamente na axenda anual de ocio e lecer da vila&#8221; e tam\u00e9n puxo en valor o respaldo da Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense ao certame.<\/p>\n<p>Montero lembrou que as curtas que se proxectar\u00e1n dentro das diferentes categor\u00edas especiais a concurso poder\u00e1n visionarse no Auditorio de Ver\u00edn entre o s\u00e1bado 9 e o venres 15 de setembro. Finalmente, durante unha gala especial, dixirida e presentada por Manuel Cort\u00e9s na xornada do s\u00e1bado 16, clausurase o foro coa entrega de premios aos mellores traballos.<\/p>\n<p>O programa completo do certame, cos horarios das diferentes sesi\u00f3ns e actividades paralelas, as\u00ed como con informaci\u00f3n dos seus emprazamentos, pode consultarse na web ficviaxiv.com.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":2,"featured_media":10458,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10815","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2023\/09\/01092023-Presentacion-FIC-Via-XIV-2023-scaled.jpg?fit=2560%2C1707&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10815","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10815"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10815\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11190,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10815\/revisions\/11190"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10458"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10815"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10815"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10815"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}