{"id":10817,"date":"2023-08-17T12:57:32","date_gmt":"2023-08-17T10:57:32","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=8235"},"modified":"2024-06-19T17:44:16","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:16","slug":"actividades-gastronomicas-musicais-e-un-podcast-propio-complementan-a-axenda-paralela-do-fic-de-verin-que-continua-perfilandose","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/actividades-gastronomicas-musicais-e-un-podcast-propio-complementan-a-axenda-paralela-do-fic-de-verin-que-continua-perfilandose\/","title":{"rendered":"Actividades gastron\u00f3micas, musicais e un\u00a0podcast\u00a0propio complementan a axenda paralela do FIC de Ver\u00edn, que contin\u00faa perfil\u00e1ndose"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong><em>Carlos Montero, director do festival, confirma o incremento de acci\u00f3ns que se desenvolver\u00e1n ao abeiro do certame este ano para convertelo &#8220;nun verdadeiro contedor cultural&#8221;<\/em><\/strong><\/li>\n<li><strong><em>O Auditorio de Ver\u00edn tam\u00e9n acoller\u00e1 na semana do festival un pase de exhibici\u00f3n da curta Enferma, protagonizada polo actor Toni Salgado e proxectada f\u00f3ra de concurso<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n\n<p>A organizaci\u00f3n do Festival Internacional de Curtametraxes de Ver\u00edn, FIC V\u00eda XIV, contin\u00faa perfilando unha axenda de actividades paralelas para todos os p\u00fablicos que se desenvolver\u00e1 ao abeiro da vindeira edici\u00f3n do certame. Unha cita que comenzar\u00e1 o 8 de setembro na Vila do T\u00e1mega e que se estender\u00e1 durante nove d\u00edas, que converter\u00e1n a localidade &#8220;no epicentro da cinematografia e da cultura na provincia de Ourense&#8221;.\u00a0 As\u00ed o destaca o responsable do certame, Carlos Montero, quen afirma tam\u00e9n que nesta edici\u00f3n de 2023 se van promover m\u00e1is acci\u00f3ns paralelas que en anos anteriores &#8220;para que poidan gozar delas os habitantes de Ver\u00edn e aqueles que visiten a zona co gallo do festival&#8221;.<\/p>\n<p>Deste xeito, est\u00e1 previsto intensificar as actividades gastron\u00f3micas e musicais que se van po\u00f1er en marcha, fundamentalmente, no espazo exterior do Auditorio durante a semana na que se celebre o FIC. Pero non ser\u00e1 este o \u00fanico espazo escollido para desenvolver estas acci\u00f3ns. Co obxectivo de levar a esencia do festival ata o coraz\u00f3n da vila, a organizaci\u00f3n aposta por desenvolver na Praza Maior unha acci\u00f3n musical a cargo do grupo Caspervek. &#8220;Sacamos o cinema \u00e1 r\u00faa, cunha proposta cl\u00e1sica onde a m\u00fasica en directo acompa\u00f1ar\u00e1 pel\u00edculas que forman parte da historia cinematogr\u00e1fica&#8221;, apunta Montero.<\/p>\n<p>&#8220;Esta actividade pretende formar novos p\u00fablicos e achegalos ao cinema. As\u00ed, empregando elementos do jazz cl\u00e1ssico, a m\u00fasica contempor\u00e1nea, o folk ou a electr\u00f3nica, os membros deste grupo construir\u00e1n un espazo sonoro e performativo propio que musicalizar\u00e1 pezas como <em>Viaje a la luna, Alicia en el pa\u00eds de las maravillas, Felix go west, Les Kiriki <\/em>o <em>La casa el\u00e9ctrica&#8221;, <\/em>engade o director do FIC Via XIV.<\/p>\n\n\n<p>No marco da axenda musical do FIC, programaranse tam\u00e9n concertos a cargo dos grupos <em>The Funkles <\/em>e <em>Banda de Garda<\/em>, e tam\u00e9n haber\u00e1 sesi\u00f3ns por parte de diversos DJs nos arredores do Auditorio de Ver\u00edn. <em>Banda de Garda <\/em>realizar\u00e1 un vibrante percorrido por algunhas das bandas sonoras m\u00e1is co\u00f1ecidas do cinema e <em>The Funkles <\/em>realizar\u00e1 un tributo \u00e1 m\u00edtica banda de Liverpool <em>The Beatles <\/em>prestando especial atenci\u00f3n a aquelas canci\u00f3ns que serviron de banda sonora para diversos filmes.<\/p>\n<p>As datas e horas de cada un destes concertos daranse a co\u00f1ecer proximamente, cando se divulgue o programa completo da VIII edici\u00f3n do Festival.<\/p>\n<p>As actividades gastron\u00f3micas tam\u00e9n xogar\u00e1n, un ano m\u00e1is, un papel importante no desenvolvemento da axenda paralela do certame. Tras o grande \u00e9xito de 2022, o FIC V\u00eda XIV promover\u00e1 unha nova cata de cervexas &#8220;dispostas a saciar os padais m\u00e1is esixentes&#8221;, segundo relata Carlos Montero. Esta actividade fusionarase coa m\u00fasica porque o considerado mellor tirador de cervexa de Espa\u00f1a e DJ de m\u00fasica en galego, Gustavo Rey, ofrecer\u00e1 unha sesi\u00f3n de m\u00fasica en directo durante o decurso desta cata xunto ao seu colega, o tam\u00e9n m\u00fasico, \u00d3scar Pi\u00f1eiro.<\/p>\n\n\n<p>Outra das actividades gastron\u00f3micas que se impulsar\u00e1n permitir\u00e1 \u00e1 veci\u00f1anza e convidados ao FIC gozar dunha degustaci\u00f3n dos vi\u00f1os m\u00e1is representativos da zona nunha cata na que se achegar\u00e1n claves sobre os valores diferenciais dos brancos e tintos amparados baixo o selo de calide da D.O. Monterrei.<\/p>\n<p>Xunto a isto, e grazas ao apoio da hostalar\u00eda de Ver\u00edn, O FIC retoma este ano unha nova edici\u00f3n da iniciativa &#8220;Pincho cine&#8221;, unha actividade gastron\u00f3mica que permitir\u00e1 aos veci\u00f1os e veci\u00f1as da vila degustar unha selecci\u00f3n de petiscos en diferentes locais de restauraci\u00f3n que ser\u00e1n elaborados base\u00e1ndose en tem\u00e1ticas de escenas cinematogr\u00e1ficas ben reco\u00f1ecidas polo gran p\u00fablico<\/p>\n\n\n<p>Ademais, entre as acci\u00f3ns que se van impulsar no marco da VIII edici\u00f3n do certame destaca un podcast propio que pretende dar a co\u00f1ecer mediante un formato de entrevisas en directo a diferentes persoeiros e convidados do FIC V\u00eda XIV 2023. O formato pretende achegar o foro e os seus protagonistas a novos p\u00fablicos &#8220;con toques de humor e reivindicac\u00edon do cinema&#8221;, concl\u00fae Carlos Montero.<\/p>\n<p>Finalmente, na tarde do domingo 10 de setembro, no Auditorio de Ver\u00edn proxectarase a curta <em>Enferma. <\/em>Un traballo dirixido por Manel Salgueiro e protagonizado polo actor local Toni Salgado. Esta curta, que se exhibe f\u00f3ra do concurso oficial, \u00e9 un vibrante thriller de 24 minutos que se divide en tres partes.<\/p>\n<p>Dende hoxe mesmo, a trav\u00e9s da web do FIC (ficviaxiv.com) os interesados e interesadas en participar nas diferentes actividades profesionais, gastron\u00f3micas, culturais e musicais, entre outras, que se levar\u00e1n a cabo este ano no marco da axenda paralela do certame poden apuntarse nelas a trav\u00e9s dos formularios de inscrici\u00f3n espec\u00edficos habilitados ao afecto.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":2,"featured_media":10462,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10817","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/17082023-Foto-Cata-Cervezas-FIC-2022.jpg?fit=1616%2C1080&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10817","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10817"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10817\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11192,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10817\/revisions\/11192"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10462"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10817"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10817"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10817"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}