{"id":10819,"date":"2023-08-08T10:24:47","date_gmt":"2023-08-08T08:24:47","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=8083"},"modified":"2024-06-19T17:44:16","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:16","slug":"o-festival-de-curtas-de-verin-promovera-iniciativas-formativas-orientadas-a-profesionais-que-queiran-mellorar-as-suas-competencias-en-diferentes-disciplinas-ligadas-ao-ambito-audiovisual","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/o-festival-de-curtas-de-verin-promovera-iniciativas-formativas-orientadas-a-profesionais-que-queiran-mellorar-as-suas-competencias-en-diferentes-disciplinas-ligadas-ao-ambito-audiovisual\/","title":{"rendered":"O Festival de Curtas de Ver\u00edn promover\u00e1 iniciativas formativas orientadas a profesionais que queiran mellorar as s\u00faas competencias en diferentes disciplinas ligadas ao \u00e1mbito audiovisual"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong><em>Esta axenda de actividades tam\u00e9n se dirixe a un p\u00fablico amateur interesado en afondar en co\u00f1ecementos sobre a cinematograf\u00eda e os seus campos af\u00edns<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n\n<p>A organizaci\u00f3n do FIC V\u00eda XIV prop\u00f3n para este 2023 unha serie de actividades formativas dirixidas principalmente a profesionais que desenvolvan a s\u00faa actividade no eido audiovisual e queiran mellorar as s\u00faas competencias arredor dunha serie de disciplinas ligadas a este \u00e1mbito de actividade. Por\u00e9n, tam\u00e9n, esta axenda formativa se dirixe a un p\u00fablico de car\u00e1cter <em>amateur <\/em>interesado en co\u00f1ecer m\u00e1is de preto detalles da cinematograf\u00eda e das s\u00faas \u00e1reas af\u00edns.<\/p>\n<p>Neste sentido, unha das actividades m\u00e1is destacables que se por\u00e1n en marcha ser\u00e1 un obradoiro de interpretaci\u00f3n perante a c\u00e1mara. Unha iniciativa de 22 horas de duraci\u00f3n, dirixida e impartida por Santi Ca\u00f1averal e \u00c1lex Mallo, orientada a aquelas persoas que participan, xeralmente, como afeccionados nos diferentes grupos de teatro que existen na vila de Ver\u00edn; uns 200 homes e mulleres, especialmente xente nova. Nos \u00faltimos anos, estes grupos foronse achegando ao audiovisual a trav\u00e9s de gravaci\u00f3ns -profesionais ou dom\u00e9sticas- coas que experimentan novas narrativas visuais.<\/p>\n<p>Este obradoiro, que se desenvolver\u00e1 nas xornadas do 8, 9 e 10 de setembro, pretende explorar t\u00e9cnicas fundamentais para actuar con naturalidade e confianza ante a c\u00e1mara. Ofreceranse claves para transmitir emoci\u00f3ns, expresi\u00f3ns e mensaxes a trav\u00e9s do movemento, o ton da voz e a linguaxe corporal. Ademais, proporcionarase aos participantes a oportunidade de practicar en escenarios simulados coa finalidade de que poidan mellorar as s\u00faas h\u00e1bilidades para o desenvolvemento de proxectos interpretativos. O FIC V\u00eda XIV promove esta actividade en colaboraci\u00f3n coa Escola de Teatro Kotodama.<\/p>\n\n<p>Outra destas actividades, dirixida por Sabela Souto, unha das profesionais que integran o cadro de persoal do FIC, \u00e9 un relatorio divulgativo sobre o papel dos cineclubes en Ver\u00edn ao longo da s\u00faa historia. Iniciativas que se consideran fundamentais para comprender a esencia e a acollida do que hoxe \u00e9 o Festival de Curtas V\u00eda XIV. Esta actividade por\u00e1 en valor o papel dos protagonistas daqueles movementos cin\u00e9filos co obxectivo de axudar a recuperar e salvagardar na memoria colectiva a s\u00faa relevancia. A iniciativa pretende, en definitiva, analizar e estudar a evoluci\u00f3n destes cineclubes dende un triple punto de vista: audiovisual, sociol\u00f3xico e hist\u00f3rico.<\/p>\n<p>Xunto a isto, neste 2023, dende o Festival de Curtas de Ver\u00edn impulsarase un seminario dirixido a aqueles creadores e creadoras que desexen iniciarse no emprego de ferramentas de Intelixencia Artificial para o desenvolvemento dos seus traballos audiovisuais. Durante unha sesi\u00f3n de traballo impartida por Alfonso Sola Limia, fil\u00f3sofo e creador especializado en novas tecnolox\u00edas, ofreceranse claves sobre como manexar con soltura estas ferramentas.<\/p>\n<p>Ademais, en colaboraci\u00f3n con Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, a organizaci\u00f3n do FIC V\u00eda XIV prop\u00f3n unha mesa redonda orientada ao sector profesional na que se contar\u00e1 coa participaci\u00f3n de diferentes directores e responsables de diversos certames cinematogr\u00e1ficos galegos para debater sobre aspectos relacionados co estado do sector audiovisual en Galicia. Est\u00e1 previsto tam\u00e9n que na mesa participen t\u00e9cnicos e profesionais doutros eidos e disciplinas culturais, e non s\u00f3 do \u00e1mbito cinematogr\u00e1fico.<\/p>\n\n<p>O rural suscita, cada vez m\u00e1is, a atenci\u00f3n dos creadores audiovisuais e do gran p\u00fablico. Por iso, a organizaci\u00f3n do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn considera fundamental crear espazos de encontro nos que os artistas, representantes de entidades e traballadores do sector poidan debater formalmente sobre as necesidades e posibilidades que o audiovisual representa para o rural. O apoio a novos creadores nestas zonas, o fomento de novos p\u00fablicos, o aproveitamento dos produtos audiovisuais ou a achega \u00e1s \u00faltimas tendencias a vilas de menor dimensi\u00f3n ser\u00e1n alg\u00fans dos asuntos que ocupar\u00e1n este encontro informal dentro da programaci\u00f3n paralela do FIC V\u00eda XIV 2023.<\/p>\n\n<p>Para participar nas diversas actividades que se propo\u00f1en nesta axenda especial para profesionais e p\u00fablico <em>amateur <\/em>interesado no audiovisual, \u00e9 preciso inscribirse previamente en cada unha delas xa que contan con aforo reducido. En breve, a trav\u00e9s da p\u00e1xina web e das redes sociais do FIC achegaranse detalles sobre a data, hora e duraci\u00f3n de cada unha destas acci\u00f3ns e sobre os pasos para que aqueles interesados e interesadas poidan formalizar a s\u00faa inscrici\u00f3n nelas.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":2,"featured_media":10466,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10819","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/1.jpeg?fit=1280%2C853&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10819","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10819"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10819\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11194,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10819\/revisions\/11194"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10466"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10819"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10819"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10819"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}