{"id":10823,"date":"2023-06-24T13:31:26","date_gmt":"2023-06-24T11:31:26","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=7684"},"modified":"2024-06-19T17:44:16","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:16","slug":"o-fic-estrea-imaxe-corporativa-para-adaptala-aos-tempos-actuais-e-a-anovada-filosofia-do-certame-como-espazo-cultural-permanente-dentro-da-vila-de-verin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/o-fic-estrea-imaxe-corporativa-para-adaptala-aos-tempos-actuais-e-a-anovada-filosofia-do-certame-como-espazo-cultural-permanente-dentro-da-vila-de-verin\/","title":{"rendered":"O FIC estrea imaxe corporativa para adaptala aos tempos actuais e \u00e1 anovada filosof\u00eda do certame como espazo cultural permanente dentro da vila de Ver\u00edn"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong><em>A organizaci\u00f3n do festival presentou hoxe a nova identidade gr\u00e1fica do foro, que ser\u00e1 aplicada en todos os seus soportes e canles visuais, documentais e de comunicaci\u00f3n<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n\n<ul>\n<li><strong><em>Cunha composici\u00f3n que aposta pola simetr\u00eda e transmite un maior dinamismo, a nova imaxe do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn conceptualiza graficamente os eixos tem\u00e1ticos esenciais do certame: Entroido, fronteira e emigraci\u00f3n<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Ver\u00edn, 24 de xu\u00f1o de 2023.- <\/strong>O FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn est\u00e1 de estrea. A directiva do certame deu a co\u00f1ecer hoxe a nova imaxe corporativa do festival que substit\u00fae \u00e1 que se vi\u00f1a empregando dende o ano 2016, data na que xurdiu a iniciativa. Segundo sinalou Jorge God\u00e1s, director de Creatividade e Multimedia\u00a0 do FIC durante a presentaci\u00f3n da nova identidade gr\u00e1fica, &#8220;esta renovaci\u00f3n persegue modernizar e adaptar a imaxe de marca ao tempo presente&#8221; e por iso aposta &#8220;por unha li\u00f1a de dese\u00f1o tremendamente actual, cunha composici\u00f3n tipogr\u00e1fica sim\u00e9trica que transfire maior dinamismo&#8221;.<\/p>\n<p>God\u00e1s presentou a nova imaxe corporativa do festival xunto ao director do certame, Carlos Montero e xunto a \u00c1lex Nieves, director de Produci\u00f3n. Un traballo que foi realizado pola axencia de comunicaci\u00f3n coru\u00f1esa The Office.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n\n<p>O responsable de Creatividade do festival admitiu que a identidade gr\u00e1fica renovada do certame &#8220;conceptualiza \u00e1 perfecci\u00f3n os eixos tem\u00e1ticos que inspiraron e seguen a rexer a programaci\u00f3n do FIC: Entroido, fronteira e a emigraci\u00f3n&#8221;, e \u00e1 vez &#8220;transmite a nova filosof\u00eda que dende a organizaci\u00f3n se lle quere imprimir \u00e1 iniciativa, coma un espazo cultural con vocaci\u00f3n de permanencia e continuidade ao longo do ano&#8221;.<\/p>\n<p>\u00c9 dicir, tr\u00e1tase de expresar graficamente o obxectivo da Asociaci\u00f3n Cultural V\u00eda XIV por facer do FIC un verdadeiro contedor cultural que programe actividades relacionadas co audiovisual en Ver\u00edn en diferentes meses do ano, m\u00e1is al\u00f3 da s\u00faa semana grande propiamente dita.<\/p>\n<p>&#8220;Plantexamos nesta presentaci\u00f3n a renovaci\u00f3n da imaxe visual cunha nova adaptaci\u00f3n do seu logotipo, simplificando elementos e actualizando conceptos, facendo unha versi\u00f3n m\u00e1is din\u00e1mica e moderna que mante\u00f1a toda a esencia e vinculaci\u00f3n cos puntos claves do Festival&#8221;, sintetizou God\u00e1s durante a presentaci\u00f3n.<\/p>\n\n<p>Como \u00e9 l\u00f3xico, a nova identidade gr\u00e1fica do certame vai ser aplicada dende xa en todas as s\u00faas canles de comunicaci\u00f3n e soportes documentais, dende a p\u00e1xina web e as redes sociais ata os p\u00e9s dos enderezos electr\u00f3nicos oficiais, pasando pola creaci\u00f3n de <em>merchandising<\/em> espec\u00edfico que axude a visibilizala.<\/p>\n<p>O festival, que este ano acada a s\u00faa VIII edici\u00f3n, naceu coma unha homenaxe dun grupo de homes e mulleres de Ver\u00edn interesados en dinamizar culturalmente a comarca a trav\u00e9s do audiovisual. Hoxe por hoxe, tr\u00e1tase dunha iniciativa que est\u00e1 plenamente asentada na axenda anual de ocio e lecer da vila.<\/p>\n<p>Na s\u00faa concepci\u00f3n orixinal, o FIC V\u00eda XIV quixo homenaxear \u00e1 v\u00eda romana que lle d\u00e1 nome, que atravesa o val do T\u00e1mega e que foi empregada como un elemento vertebrador de transmisi\u00f3n da cultura e da civilizaci\u00f3n ao longo da Historia. Dende a organizaci\u00f3n do FIC quixo recollerse este legado creando un certame audiovisual, de vocaci\u00f3n internacional, cuxas categor\u00edas tem\u00e1ticas iniciais ti\u00f1an que ver con tres eixos definitorios da idiosincrasia do sur de Ourense como son os conceptos de Entroido, fronteira e emigraci\u00f3n.<\/p>\n<p>A estes conceptos uniuse co tempo unha categor\u00eda denominada Nova, na que se puidesen proxectar curtas que explorasen tendencias e formas actualizadas de expresi\u00f3n cinematogr\u00e1fica. A mi\u00fado, curtas alonxadas das convenci\u00f3ns narrativas e visuais do cinema comercial, que procuran innovar en termos de estilo, estrutura ou contido.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n\n<p>Finalmente, este ano o equipo directivo adoptou a decisi\u00f3n de implantar unha nova categor\u00eda dentro do FIC, con programaci\u00f3n espec\u00edfica para os espectadores en idade escolar. Tr\u00e1tase da categor\u00eda infantil e establ\u00e9cese como resposta ao grande interese e ampla aceptaci\u00f3n das actividades paralelas para os cativos e cativas que dende a organizaci\u00f3n do certame se impulsaron en anos anteriores.<\/p>\n<p>A vindeira edici\u00f3n do festival vaise celebrar no Auditorio de Ver\u00edn entre o 8 e o 17 de setembro deste ano e, na actualidade, os interesados en remitir as s\u00faas curtas a concurso xa poden facelo seguindo as directrices marcadas nas bases do certame e publicadas na web ficviaxiv.com.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"","protected":false},"author":2,"featured_media":10474,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10823","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2023\/06\/24062023-Presentacion-Nova-Identidade-Corporativa-FIC-1-scaled.jpg?fit=2560%2C1441&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10823","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10823"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10823\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11198,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10823\/revisions\/11198"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10474"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10823"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10823"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10823"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}