{"id":10832,"date":"2022-09-04T20:39:18","date_gmt":"2022-09-04T18:39:18","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=7378"},"modified":"2024-06-19T17:44:17","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:17","slug":"o-fic-via-xiv-finaliza-a-sua-vii-edicion-consolidando-verin-no-mapa-galego-de-festivais-cinematograficos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/o-fic-via-xiv-finaliza-a-sua-vii-edicion-consolidando-verin-no-mapa-galego-de-festivais-cinematograficos\/","title":{"rendered":"O FIC V\u00cdA XIV finaliza a s\u00faa VII edici\u00f3n consolidando ver\u00edn no mapa galego de fesivais cinematogr\u00e1ficos"},"content":{"rendered":"<ul class=\"wp-block-list\"><li><strong><em>\u201cO festival at\u00f3pase plenamente integrado na rede galega de certames do sector\u201d, sinalou o director do FIC, Carlos Montero, durante o acto de clausura<\/em><\/strong><strong><\/strong><\/li><li><strong><em>Impulsado principalmente polo Concello de Ver\u00edn, o certame contou tam\u00e9n co respaldo da Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense e cun 35% de financiamento procedente de entidades privadas<\/em><\/strong><strong><\/strong><\/li><li><strong><em>O tenente alcalde de Ver\u00edn, Diego Lourenzo, destacou na gala de clausura que a vila do T\u00e1mega \u00e9 unha \u201cilla cultural\u201d no sur da prov\u00edncia de Ourense<\/em><\/strong><strong><\/strong><\/li><li><strong><em>O acto foi presentado pola xornalista local Esther Est\u00e9vez, condutora do exitoso programa da Televisi\u00f3n de Galicia D\u00edgocho Eu<\/em><\/strong><strong><\/strong><\/li><li><strong><em>Durante a gala deronse a co\u00f1ecer as catro curtas premiadas nesta VII edici\u00f3n do certame<\/em><\/strong><strong><\/strong><\/li><\/ul>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ver\u00edn, 04 de setembro de 2022.- <\/strong>O pano da VII edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn caeu esta noite tras un gala de clausura, conducida pola xornalista local Esther Est\u00e9vez, na que se deron a co\u00f1ecer as curtas ga\u00f1adoras desta edici\u00f3n do certame. \u201cUn festival que conseguiu consolidar Ver\u00edn no mapa galego de festivais cinematogr\u00e1ficos, pois at\u00f3pase plenamente integrado na rede auton\u00f3mica de certames do sector\u201d, sinalou durante a gala Carlos Montero, director do FIC.<\/p>\n\n\n\n<p>O responsable do festival quixo dar as grazas especialmente ao Concello de Ver\u00edn polo seu respaldo ao festival, do que \u00e9 principal entidade patrocinadora. O foro conta tam\u00e9n co apoio da Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense e, tal e como salientou Montero na gala de clausura, cada vez son m\u00e1is as entidades privadas que o apoian. \u201cDe feito, este ano aproximadamente un 35% do noso financiamento partiu do sector privado\u201d, sinalou Montero.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Gran apoio popular<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O director do Festival tam\u00e9n puxo en valor a completa axenda de actividades paralelas desenvolvidas durante toda a semana, entre outros espazos na Zona Roombo, que contaron cun gran apoio popular. Ademais, este ano a gala inaugural do certame tivo lugar \u201cen pleno coraz\u00f3n da vila\u201d para achegar m\u00e1is o festival \u201ca todos os verineses e verinesas\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero se nalgo se ten convertido o FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn ao logo das s\u00faas sete edici\u00f3ns \u00e9 en plataforma impulsora do talento local audiovisual. O Festival, este ano, creou 60 empresgos, principalmente locais e cualificados relacionados co audiovisual, tal e como puxo en valor Carlos Montero.<\/p>\n\n\n\n<p>&nbsp;\u201cXogamos xa na liga adulta e adultos tam\u00e9n se te\u00f1en ido facendo moitos dos mozos e mozas que comezaron a s\u00faa andaina profesional como voluntarios neste festival. Moitos deles hoxe convertidos xa en referentes do noso eido audiovisual. O noso festival crea canteira e estamos moi orgullosos disto\u201d, engadiu Montero.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cPor iso, quixemos que este ano presentara esta gala final de clausura do FIC a xornalista local Esther Est\u00e9vez, condutora do exitoso espazo da Televisi\u00f3n de Galicia <em>D\u00edgocho eu, <\/em>natural da nosa zona e que hai alg\u00fans anos xa traballou como voluntario na equipa de comunicaci\u00f3n do festival\u201d, abondou. De feito, a presentadora recibiu a homenaxe do equipo organizador do FIC durante a gala de clausura celebrada hoxe, na que tam\u00e9n participaron o resto de membros da directiva do festival, Jorge M\u00e1ximo God\u00e1s Limia -responsable de Creatividade Multimedia- e Alejandro Nieves- responsable de Produci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ver\u00edn, una \u201cilla cultural\u201d<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Durante a s\u00faa intervenci\u00f3n no acto, o tenente alcalde de Ver\u00edn, Diego Lourenzo, referiuse \u00e1 vila do T\u00e1mega como unha \u201cilla cultural\u201d no sur de Galicia \u201ccon produtos coma este FIC V\u00eda XIV que se consolidan como un referente de creatividade\u201d. Xunto a isto, o representante municipal asegurou que \u201ca comarca de Ver\u00edn concentra nos \u00faltimos anos a maior actividade das industrias culturais do sur da provincia de Ourense, por participaci\u00f3n, por extensi\u00f3n xeogr\u00e1fica da s\u00faa comarca e por calidade e cantidade dos seus contidos\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Curtas ga\u00f1adoras<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>No decurso do acto de clausura, d\u00e9ronse a co\u00f1ecer tam\u00e9n as curtas ga\u00f1adoras dentro de cada unha das categorias do certame. As\u00ed, dentro da categoria Nova, patrocinada pola Fundaci\u00f3n Dentalnova, o traballo ga\u00f1ador foi <em>The last day of patriarchy, <\/em>dirixido por Olmo Omerzu, unha coproduci\u00f3n entre a Rep\u00fablica Checa, Eslovenia e Francia.Nesta mesma categoria, o xurado -conformado por Manolo Torrente, Elena Garc\u00eda e Nora Sola- concedeu unha menci\u00f3n especial ao filme <em>Caballo de espuma, <\/em>do espa\u00f1ol Juan Rueda.<\/p>\n\n\n\n<p>Na categoria Horizontes ga\u00f1ou <em>Vol de nuit, <\/em>unha curta de 26 minutos de duraci\u00f3n de orixe belga e dirixida por Kenan G\u00f6rgun. E na categoria A Raia, patrocinada pola Eurocidade Chaves-Ver\u00edn, foi merecente do premio a curta <em>O teu nome \u00e9, <\/em>un traballo con selo portugu\u00e9s dirixido por Paulo Patr\u00edcio.<\/p>\n\n\n\n<p>Finalmente, o Premio Especial do P\u00fablico recaeu no traballo <em>Rompente<\/em> do director ligado a Ver\u00edn Eloy Dom\u00ednguez Sen\u00e9n.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img data-recalc-dims=\"1\" height=\"684\" width=\"1024\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/04092022-Presentadora-Gala-Clausura-1024x684.jpg?resize=1024%2C684\" alt=\"\" class=\"wp-image-7379\"\/><\/figure>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cO festival at\u00f3pase plenamente integrado na rede galega de certames do sector\u201d, sinalou o director do FIC, Carlos Montero, durante o acto de clausura Impulsado principalmente polo Concello de Ver\u00edn, o certame contou tam\u00e9n co respaldo da Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense e cun 35% de financiamento procedente de entidades privadas O tenente alcalde de Ver\u00edn, [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10490,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[174,162,168,176,172,178,173],"class_list":["post-10832","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl","tag-audiovisual-galicia","tag-festival-cortos-galicia","tag-festival-cortos-verin","tag-festival-curtas-ourense","tag-festival-internacional-de-curtas-de-verin","tag-fic-verin","tag-fic-via-xiv"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/04092022-Presentadora-Gala-Clausura.jpg?fit=1616%2C1080&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10832","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10832"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10832\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11206,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10832\/revisions\/11206"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10490"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10832"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10832"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10832"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}