{"id":10837,"date":"2022-08-30T20:58:18","date_gmt":"2022-08-30T18:58:18","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=7301"},"modified":"2024-06-19T17:44:17","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:17","slug":"a-vii-edicion-do-fic-via-xiv-arrinca-cunha-actividade-que-combina-musica-e-cinema","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/a-vii-edicion-do-fic-via-xiv-arrinca-cunha-actividade-que-combina-musica-e-cinema\/","title":{"rendered":"A VII edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV arrinca cunha actividade que combina m\u00fasica e cinema"},"content":{"rendered":"<ul class=\"wp-block-list\"><li><strong><em>A ligaz\u00f3n entre ambas as d\u00faas disciplinas ten sido un leitmotiv do certame dende o seu nacemento<\/em><\/strong><\/li><\/ul>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\"><li><strong><em>A concelleira de Cultura de Ver\u00edn, Emilia Somoza, participou no acto inaugural do festival, que este ano foi diferente e inclu\u00edu unha breve representaci\u00f3n teatral para por en valor a \u201cfesta do cinema\u201d<\/em><\/strong><\/li><\/ul>\n\n\n<p><strong><br \/>Ver\u00edn, 30 de agosto de 2022.- <\/strong>\u00a0Os seguidores e seguidoras do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn saben que un dos eixes fundamentais que ten abordado o certame ao longo das s\u00faas diferentes edici\u00f3ns \u00e9 a relaci\u00f3n tan estreita que une m\u00fasica e cinema. Neste sentido, en cada un dos festivais celebrados ata o momento desenvolveuse algunha actividade paralela que exploraba a relaci\u00f3n entre estas d\u00faas disciplinas.<\/p>\n\n\n<p>\u201cEste ano, quixemos enfocar o propio acto de inauguraci\u00f3n do certame pondo en valor esta uni\u00f3n de m\u00fasica e imaxe e por iso contamos co tr\u00edo Caspervek para musicalizar o filme <em>The cameraman, <\/em>de Buster Keaton, que data de 1928\u201d, sinalou Carlos Montero, director do FIC V\u00eda XIV ao respecto do acto inaugural da VII edici\u00f3n do FIC que tivo lugar esta tarde en Ver\u00edn.<\/p>\n\n\n\n<p>Coma novidade con respecto a outros anos, o acto inaugural foi m\u00e1is breve e desenvolveuse \u201cno coraz\u00f3n da vila, en plena Praza Maior de Ver\u00edn\u201d, tal e como salientou Montero. \u201cDeste xeito, t\u00e9ntase involucrar m\u00e1is directamente aos verineses e verinesas na posta en marcha dun certame que se v\u00e9n consolidando como un dos eixos fundamentais da axenda cultural anual do municipio\u201d, abondou o director do FIC.<\/p>\n\n\n<p>En representaci\u00f3n do Concello de Ver\u00edn participou no acto inaugural Emilia Somoza, responsable de Cultura. Este ano, a inauguraci\u00f3n do festival discorreu dun xeito diferente e inclu\u00edu unha breve representaci\u00f3n teatral na que a propia concelleira inseriu o seu discurso institucional. Un representante do p\u00fablico e membro do equipo do FIC, Armando Silveira, interpretou a un director de cinema que interpelaba \u00e1 concelleira d\u00e1ndolle instruci\u00f3ns sobre como ti\u00f1a que abordar o seu discurso e facendo crer aos presentes que se atopaban no Festival de Berl\u00edn, en lugar de na Verinale (Festival de Ver\u00edn).<\/p>\n\n\n<p>Emilia Somoza, na s\u00faa intervenci\u00f3n, valorou o FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn como unha gran \u201cfesta do cinema\u201d, que cada ano \u201cse est\u00e1 assentando m\u00e1is nas nosas vidas\u201d e detallou aos presentes os principais apartados da programaci\u00f3n deste ano do certame.<\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>The cameraman<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O filme <em>The cameraman<\/em> de Buster Keaton \u00e9 considerado como unha das mellores pel\u00edculas de cinema mudo da historia. Narra a historia dun fot\u00f3grafo de r\u00faa que se namora dunha muller chamada Sally, que traballa como secretaria nun noticieiro cinematogr\u00e1fico. No ano 2005, a cinta foi selecionada para formar parte da National Film Registry, nos Estados Unidos, un arquivo cinematogr\u00e1fico que se dedica a conservar pel\u00edculas de alto valor cultural e hist\u00f3rico.<\/p>\n\n\n\n<p>Caspervek Tr\u00edo est\u00e1 formado polo pianista Brais Gonz\u00e1lez, o percusionista Blas Casta\u00f1er e a violinista Raquel Fern\u00e1ndez. O aceno de identidade do grupo foi sempre o do respecto polas pel\u00edculas que musicalizan. Empregando elementos do jazz cl\u00e1sico, a m\u00fasica contempor\u00e1nea, o folk ou a electr\u00f3nica, esta paleta musical \u00e9 para Caspervek unha ferramenta para construir un espazo performativo propio, onde a percepci\u00f3n sensorial ten un papel fundamental.<\/p>\n\n\n<p><!-- \/wp:post-content --><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A ligaz\u00f3n entre ambas as d\u00faas disciplinas ten sido un leitmotiv do certame dende o seu nacemento A concelleira de Cultura de Ver\u00edn, Emilia Somoza, participou no acto inaugural do festival, que este ano foi diferente e inclu\u00edu unha breve representaci\u00f3n teatral para por en valor a \u201cfesta do cinema\u201d Ver\u00edn, 30 de agosto de [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10501,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[168,172,99],"class_list":["post-10837","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl","tag-festival-cortos-verin","tag-festival-internacional-de-curtas-de-verin","tag-fic-via-xiv-2022-es"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/Foto-Gala1.jpeg?fit=1599%2C899&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10837","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10837"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10837\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11211,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10837\/revisions\/11211"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10501"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10837"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10837"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10837"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}