{"id":10838,"date":"2022-08-23T12:42:53","date_gmt":"2022-08-23T10:42:53","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=7232"},"modified":"2024-06-19T17:44:17","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:17","slug":"o-fic-via-xiv-convida-ao-publico-a-mergullarse-de-cheo-na-completa-axenda-de-actividades-paralelas-que-se-promove-este-ano-abeiro-do-certame","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/o-fic-via-xiv-convida-ao-publico-a-mergullarse-de-cheo-na-completa-axenda-de-actividades-paralelas-que-se-promove-este-ano-abeiro-do-certame\/","title":{"rendered":"O FIC V\u00eda XIV convida ao p\u00fablico a mergullarse de cheo na completa axenda de actividades paralelas que se promove este ano abeiro do certame"},"content":{"rendered":"<ul class=\"wp-block-list\"><li><strong><em>A VII edici\u00f3n do festival, que se desenvolver\u00e1 entre o 30 de agosto e o 4 de setembro, presentouse esta ma\u00f1\u00e1 perante os medios de comunicaci\u00f3n<\/em><\/strong><\/li><\/ul>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ver\u00edn, 23 de agosto de 2022.- <\/strong>&nbsp;A organizaci\u00f3n do FIC V\u00eda XIV promover\u00e1 a vindeira semana en Ver\u00edn a VII edici\u00f3n deste certame, que hoxe foi presentado en rolda de prensa polo alcalde da vila, Gerardo Seoane; a concelleira de Cultura, Emilia Somoza; o propio director do festival, Carlos Montero, e a deputada provincial, Patricia Torres, en representaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense. Os organizadores do FIC V\u00eda XIV quixeron aproveitar a presentaci\u00f3n para convidar ao p\u00fablico a mergullarse de cheo na completa axenda de actividades paralelas programada este ano abeiro do certame.<\/p>\n\n\n\n<p>Tal e como expresou Carlos Montero na rolda de prensa, o FIC V\u00eda XIV v\u00e9n evolucionando cara a un modelo de festival mais participativo, cun maior n\u00famero de actividades para todos os p\u00fablicos e cunha selecci\u00f3n oficial de curtas a concurso m\u00e1is reducida e concentrada en catro d\u00edas. \u201cSer\u00e1n 18 curtas, encadradas en tres categorias -Horizontes, A Raia e Nova- dunha alt\u00edsima calidade, procedentes dunha ducia de pa\u00edses\u201d, sinalou Montero.<\/p>\n\n\n\n<p>A transformaci\u00f3n do festival, argumentada por Montero, sust\u00e9ntase ademais nunha maior porcentaxe de aportaci\u00f3ns e colaboraci\u00f3ns privadas, tal e como evidenciou na rolda de prensa de hoxe o director do certame, destacando como altos patrocinios a cl\u00ednica Dentalnova e a nova incorporaci\u00f3n da empresa Roombo. Por\u00e9n, o Concello de Ver\u00edn segue a ser a principal entidade patrocinadora do certame, que tam\u00e9n conta co apoio e respaldo da Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense e da Eurocidade Chaves-Ver\u00edn.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Plataforma para o talento local<\/strong><\/p>\n\n\n<p>Xunto a isto, ao longo das seis edici\u00f3ns celebradas ata o momento, o FIC V\u00eda XIV funcionou como un verdadeiro catalizador do talento local da comarca. \u201cUnha plataforma na que contribuir a visibilizar a importante canteira de profesionais locais relacionados co \u00e1mbito audiovisual\u201d, sinalou Carlos Montero.<\/p>\n\n\n<p>Durante a presentaci\u00f3n o alcalde de Ver\u00edn, Gerardo Seoane, sostivo que para o Concello \u201c\u00e9 unha honra apoiar este evento\u201d. Na s\u00faa opini\u00f3n, \u201co FIC V\u00eda XIV constit\u00fae un perfecto exemplo de resiliencia cultural\u201d. \u201cTelo visto nacer e medrar, afrontar con \u00e9xito as dificultades sa\u00edndo airoso de cada nova edici\u00f3n e non deterse, a\u00ednda nos tempos de pandemia, sup\u00f3n un verdadeiro orgullo para Ver\u00edn\u201d, manifestou.<\/p>\n\n\n\n<p>Na mesma li\u00f1a expresouse Emilia Somoza, concelleira de Cultura, que agradeceu a todo o equipo de traballo que fai posible o FIC V\u00eda XIV \u201ca s\u00faa implicaci\u00f3n e esforzo, edici\u00f3n tras edici\u00f3n\u201d. Somoza manifestou a s\u00faa ledicia porque o festival retome este ano o seu cami\u00f1o inicial de cara a converterse nun aut\u00e9ntico contedor cultural.<\/p>\n\n\n\n<p>Pola s\u00faa banda, Patricia Torres, en representaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense, &nbsp;reco\u00f1eceu a importancia deste festival e deulle os parab\u00e9ns tanto ao Concello de Ver\u00edn coma os organizadores por esta aposta pola cultura non s\u00f3 na comarca sen\u00f3n como provincia. Tam\u00e9n lembrou a aposta firme da instituci\u00f3n provincial polo sector audiovisual.<\/p>\n\n\n\n<p><em><strong>Axenda de actividades<\/strong><\/em><em><strong><\/strong><\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>O Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn arrincar\u00e1 a s\u00faa VII edici\u00f3n o martes 30 de agosto. Farao cun acto inaugural diferente, que ter\u00e1 lugar na Praza Maior de Ver\u00edn. Tras o acto de inauguraci\u00f3n, o tr\u00edo Caspervek musicalizar\u00e1 en directo o filme The cameraman de Buster Keaton.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Paralelamente, no marco da axenda do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn, ter\u00e1 lugar unha actividade paralela dirixida pola narradora oral Raquel Queiz\u00e1s, quen actuar\u00e1 para os cativos e cativas da comarca para descubrirlles o cinema e facelos entrar en contacto coa enxe\u00f1osa Mabel Normand, coa camale\u00f3nica Collen Moore, co polifac\u00e9tico Charles Chaplin, co xenio de Buster Keaton, cos comediantes Laurel e Hardy (o Gordo e o Fraco) ou cos inigualables Irm\u00e1ns Marx (Groucho, Harpo e Chico). Posteriormente, as crianzas gozar\u00e1n dunha sesi\u00f3n de cinema infantil na que poder\u00e1n votar pola s\u00faa curta favorita. Esta actividade, denominada \u201cSopa C\u00f3mica\u201d, desenvolverase no Auditorio de Ver\u00edn durante as xornadas do 1 e 2 de setembro, en duas quendas (unha primeira orientada a rapaces e rapazas de 2 a 7 anos e a outra para cativos e cativas de 8 a 12 anos).<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O Entroido, piar fundamental<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, o Festival por\u00e1 de novo o foco nun dos seus piares fundamentais: o Entroido. Nesta ocasi\u00f3n, farao a trav\u00e9s de narrativas menos convencionais. Dunha banda, proxectarase unha sesi\u00f3n de curtametraxes cuxo f\u00edo condutor ser\u00e1 o Entroido dende unha visi\u00f3n de orixe e posta en com\u00fan das diferentes tradici\u00f3ns ao redor do mundo. A sesi\u00f3n finalizar\u00e1 cunha curta filmada nos anos 70 en Laza. Doutra banda, representarase a performance Carrilano KaoS de \u00c1lvaro R\u00faa con Gaita en D\u00f3 con t\u00e9cnicas estendidas, na que colaborar\u00e1n o Fuli\u00f3n de Mormentelos e Kotodama Teatro.<\/p>\n\n\n\n<p>O Galician Freaky Film Festival ser\u00e1 o Festival Convidado polo FIC este ano. Tr\u00e1tase da cita definitiva do cinema e a cultura freak. Un festival que amosa unha coidada selecci\u00f3n de pezas audiovisuais que moitas veces se ven privadas das canles habituais de distribuci\u00f3n. Pezas moitas veces in\u00e9ditas en Galicia, con estreas nacionais, internacionais e mundiais. Por isto, este ano o Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn quere render homenaxe a este evento \u00fanico traendo ata a vila do T\u00e1mega algunhas das s\u00faas proxecci\u00f3ns m\u00e1is singulares e ao seu director, Juan de Castro, para participar nun coloquio co p\u00fablico.<\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Mauthausen, regreso ao campo da morte<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>No marco da axenda de actividades paralelas do FIC V\u00eda XIV, proxectarase un documental de aproximadamente 25 minutos de duraci\u00f3n dirixido e guionizado hai m\u00e1is de tres d\u00e9cadas polo xornalista e historiador galego Manolo Torrente. Tr\u00e1tase de <em>Mauthausen, regreso ao campo da morte, <\/em>que conta a historia de dous galegos que conseguiron sa\u00edr con vida do horror daquel campo de concentraci\u00f3n: Enrique Doval, natural de Lugo, e Xaqu\u00edn Balboa, procedente de Estevesi\u00f1os (localidade pr\u00f3xima a Ver\u00edn).<\/p>\n\n\n\n<p>Xunto a isto, ao longo de toda a semana o Espazo Roombo, habilitado en colaboraci\u00f3n entre a Asociaci\u00f3n Cultural V\u00eda XIV e a empresa local Roombo, acoller\u00e1 no exterior do Auditorio de Ver\u00edn actividades diversas relacionadas coa m\u00fasica, a gastronom\u00eda, os encontros profesionais e a espontaneidade cultural.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Gala de clausura presentada por Esther Est\u00e9vez<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A gala de clausura do certame ter\u00e1 lugar o domingo 4 de setembro no Auditorio de Ver\u00edn e estar\u00e1 conducida pola xornalista local, Esther Est\u00e9vez, presentadora do programa da Televisi\u00f3n de Galicia <em>D\u00edgocho eu <\/em>e recentemente distinguida como Mellor Comunicadora na Gala dos Premios Mestre Mateo. <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img data-recalc-dims=\"1\" height=\"683\" width=\"1024\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/23082022-Presentacion-FIC-1-1024x683.jpg?resize=1024%2C683\" alt=\"\" class=\"wp-image-7243\"\/><\/figure>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A VII edici\u00f3n do festival, que se desenvolver\u00e1 entre o 30 de agosto e o 4 de setembro, presentouse esta ma\u00f1\u00e1 perante os medios de comunicaci\u00f3n Ver\u00edn, 23 de agosto de 2022.- &nbsp;A organizaci\u00f3n do FIC V\u00eda XIV promover\u00e1 a vindeira semana en Ver\u00edn a VII edici\u00f3n deste certame, que hoxe foi presentado en rolda [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10503,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[162,173],"class_list":["post-10838","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl","tag-festival-cortos-galicia","tag-fic-via-xiv"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/23082022-Presentacion-FIC-1-scaled.jpg?fit=2560%2C1707&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10838","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10838"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10838\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11212,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10838\/revisions\/11212"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10503"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10838"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10838"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10838"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}