{"id":10851,"date":"2021-12-17T11:26:19","date_gmt":"2021-12-17T10:26:19","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=6651"},"modified":"2024-06-19T17:44:17","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:17","slug":"a-vii-edicion-do-fic-via-xiv-de-verin-desenvolverase-do-31-de-agosto-ao-04-de-setembro-de-2022","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/a-vii-edicion-do-fic-via-xiv-de-verin-desenvolverase-do-31-de-agosto-ao-04-de-setembro-de-2022\/","title":{"rendered":"A VII edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn desenvolverase do 30 de agosto ao 04 de setembro de 2022"},"content":{"rendered":"<ul class=\"wp-block-list\"><li><strong><em>As bases da nova edici\u00f3n do certame xa poden consultarse na web ficviaxiv.com<\/em><\/strong><\/li><li><strong><em>A organizaci\u00f3n anunciou importantes cambios na estrutura do festival enfocados a \u00abachegarse o mellor posible aos nosos p\u00fablicos\u00bb<\/em><\/strong><\/li><\/ul>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ver\u00edn, 17 de decembro de 2021.- <\/strong>A VII edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn desenvolverase na vila do T\u00e1mega entre os vindeiros 30 de agosto e 04 de setembro de 2022. \u201cDeste xeito, dase continuidade a unha iniciativa cultural perfectamente incardinada xa, logo de tantas edici\u00f3ns, na axenda de ocio e lecer de Ver\u00edn\u201d, destaca o director do certame, Carlos Montero.<\/p>\n\n\n\n<p>Segundo adiantou Montero a s\u00e9tima edici\u00f3n do festival presentar\u00e1 importantes novidades. \u00abTam\u00e9n se reestruturar\u00e1 a axenda do certame aumentando o n\u00famero de eventos e proxecci\u00f3ns nos d\u00edas de m\u00e1is audiencia e suprimindo as xornadas que, co paso dos anos, te\u00f1en menos afluencia de p\u00fablico.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00abForma parte da natureza dun proxecto vivo coma o noso repensarnos a n\u00f3s mesmos en cada edici\u00f3n. Cos anos, case dun xeito org\u00e1nico, fomos adaptando a estrutura do Festival para achegarnos mellor aos nosos p\u00fablicos. Todo isto levounos a prantexarnos unha VII edici\u00f3n moito m\u00e1is intensa en programaci\u00f3n, que implica unha reduci\u00f3n de xornadas, pero tam\u00e9n un aumento do n\u00famero de eventos e proxecci\u00f3ns. Ser\u00e1n cinco d\u00edas nos que Ver\u00edn se convertir\u00e1 nun punto de encontro vivo entre p\u00fablico e artistas con m\u00e1is de oito horas continuas diarias de actividades pensadas para todo tipo de p\u00fablicos.\u00bb, expicou Montero.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha das modificaci\u00f3n m\u00e1is destacadas ser\u00e1a secci\u00f3n a concurso \u201cOutra Mirada\u201d, concibida orixinalmente para mostrar traballos sobre o&nbsp; Entroido, que cambiar\u00e1 de formato transform\u00e1ndose nun conxunto de actividades multidisciplinares&nbsp; cuxo eixo central ser\u00e1 o&nbsp; Entroido.<\/p>\n\n\n\n<p>As curtas que se presenten a concurso na edici\u00f3n de 2022 te\u00f1en que cumprir o requisito de ter sido realizadas con posterioridade a xaneiro de 2020. A participaci\u00f3n no concurso \u00e9 aberta e pode participar nel calquera persoa, <em>amateur<\/em> ou profesional, de calquera nacionalidade. Aceptaranse unicamente pel\u00edculas inferiores a 31 minutos e a organizaci\u00f3n decidir\u00e1 en que categor\u00eda encadrar\u00e1 cada filme.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Taxas e inscrici\u00f3ns<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Non se aceptar\u00e1n videos publicitarios ou comerciais e as obras enviadas con anterioridade ao FIC V\u00eda XIV quedan excluidas. A taxa de inscrici\u00f3n da candidatura \u00e9 de tres euros e farase a trav\u00e9s dunha plataforma tipo Festhome, que ser\u00e1 anunciada no seu momento.<\/p>\n\n\n\n<p>Para a s\u00faa posible preselecci\u00f3n, as obras deben subirse no seguinte formato: MPEG4 AVC (codec H264), taxa m\u00e1xima de transferencia de bits de 3000 kbps, audio: AAC., subt\u00edtulos incrustados e resoluci\u00f3n m\u00ednima de 480 p. As pel\u00edculas en idiomas diferentes ao castel\u00e1n ou galego deber\u00e1n incluir subt\u00edtulos en castel\u00e1n, galego ou ingl\u00e9s.<\/p>\n\n\n\n<p>Deste xeito, en 2022 as curtas a concurso encadraranse nas categor\u00edas Horizontes, baseada na idea do horizonte como met\u00e1fora das migraci\u00f3ns; A Raia, na que se incluir\u00e1n produci\u00f3ns realizadas a ambas as d\u00faas beiras do Mi\u00f1o e Nova, unha categor\u00eda xeral que recoller\u00e1 filmes m\u00e1is contempor\u00e1neos. Establ\u00e9cese un premio de 750 euros por cada categor\u00eda e un de 600 euros, que outorgar\u00e1 o p\u00fablico coas s\u00faas puntuaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img data-recalc-dims=\"1\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/Premios-FIC-baja.jpg?w=1300\" alt=\"\" class=\"wp-image-6649\"\/><\/figure>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As bases da nova edici\u00f3n do certame xa poden consultarse na web ficviaxiv.com A organizaci\u00f3n anunciou importantes cambios na estrutura do festival enfocados a \u00abachegarse o mellor posible aos nosos p\u00fablicos\u00bb Ver\u00edn, 17 de decembro de 2021.- A VII edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn desenvolverase na vila do T\u00e1mega entre os vindeiros 30 [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10523,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10851","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2021\/12\/Premios-FIC-baja.jpg?fit=500%2C333&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10851","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10851"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10851\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11222,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10851\/revisions\/11222"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10523"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10851"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10851"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10851"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}