{"id":10862,"date":"2021-08-26T12:20:59","date_gmt":"2021-08-26T10:20:59","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=6438"},"modified":"2024-06-19T17:44:18","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:18","slug":"mais-dunha-trintena-de-curtas-dunha-ducia-de-nacionalidades-participaran-na-vi-edicion-do-fic-via-xiv-de-verin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/mais-dunha-trintena-de-curtas-dunha-ducia-de-nacionalidades-participaran-na-vi-edicion-do-fic-via-xiv-de-verin\/","title":{"rendered":"M\u00e1is dunha trintena de curtas dunha ducia de nacionalidades participar\u00e1n na VI edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn"},"content":{"rendered":"<ul class=\"wp-block-list\"><li><strong><em>O certame foi presentado hoxe en rolda de prensa<\/em><\/strong><strong><\/strong><\/li><\/ul>\n\n\n\n<p><strong>Ver\u00edn, 26 de agosto de 2021.- <\/strong>M\u00e1is dunha trintena de curtas de 12 nacionalidades diferentes exhibiranse este ano no Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn, FIC V\u00eda XIV, que foi presentado hoxe perante os medios de comunicaci\u00f3n polo seu director, Carlos Montero, xunto \u00e1 concelleira de Cultura de Ver\u00edn, Emilia Somoza. O Festival desenvolverase na vila do T\u00e1mega entre o 4 e o 12 de setembro e as curtas poder\u00e1n verse, por vez primeira, online a trav\u00e9s de festhome no enlace <a href=\"https:\/\/tv.festhome.com\/festivaltv\/fic-via-xiv\">https:\/\/tv.festhome.com\/festivaltv\/fic-via-xiv<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p>As curtas que participan no concurso oficial (27 filmes) enc\u00e1dranse nas categor\u00edas habituais do certame: Horizontes, Outra Mirada, A Raia e Nova. Xunto a isto, poder\u00e1 verse f\u00f3ra de competici\u00f3n unha selecci\u00f3n de curtas do Tempo Documentary Festival, un foro cinematogr\u00e1fico sueco que \u00e9 o festival convidado nesta edici\u00f3n polo FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn.<\/p>\n\n\n\n<p>No acto de presentaci\u00f3n da programaci\u00f3n do Festival de Curtas de Ver\u00edn participaron o director do certame, Carlos Montero; a concelleira de Cultura de Ver\u00edn, Emilia Somoza; o vicepresidente da Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense, C\u00e9sar Fern\u00e1nez; o director da Agadic, Jacobo Sutil e o alcalde da vila do T\u00e1mega, Gerardo Seoane.<\/p>\n\n\n\n<p>Na rolda de prensa de presentaci\u00f3n aos medios, Jacobo Sutil sinalou que a Xunta de Galicia tenta \u201cneste contexto tan complicado, corresponder ao esforzo que est\u00e1n a facer os principais festivais audiovisuais de Galicia para manter a s\u00faa celebraci\u00f3n\u201d. \u201cNeste sentido -abondou- unha das medidas do plan auton\u00f3mico do sector cultural foi o reforzo das subvenci\u00f3ns a festivais profesionais de cinema\u201d. Finalmente, engadiu que \u201cun bo exemplo deste papel dinamizador dos festivais \u00e9 o FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Pola s\u00faa banda, dende o Concello de Ver\u00edn quixeron agradecer \u201co gran traballo e esforzo realizado polo equipo organizador do festival\u201d. \u201cSomos conscientes do complicado e inestable escenario ao que se expo\u00f1en os axentes culturais \u00e1 hora de organizar un evento cultural en tempos de pandemia\u201d, engadiu. Neste sentido, asegurou que \u201cse debe e se pode seguir axudando aos profesionais nestes momentos dif\u00edciles\u201d. Emilia Somoza, concelleira de Cultura, indicou tam\u00e9n que se aproveitar\u00e1 o FIC para reprogramar un dos concertos que estaban axendados para a Feira do Vi\u00f1o de Monterrei, que tivo que ser cancelada por mor da pandemia. En concreto, o concerto de \u201dVerto Temazos\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, entre as novidades deste ano destaca a proxecci\u00f3n dunha pel\u00edcula de Disney, <em>Fantas\u00eda<\/em> (do ano 1940), para o p\u00fablico familiar, que ter\u00e1 lugar na xornada do domingo 12 de setembro. No Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn renderase, ademais, homenaxe a unha figura sobranceira do audiovisual ourens\u00e1n como \u00e9 o actor e comunicador Sergio Pazos.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Tierra de leche y miel<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Xunto a isto, o FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn acoller\u00e1 a preestrea en Galicia do documental <em>Tierra de leche y miel, <\/em>dirixido polo verin\u00e9s H\u00e9ctor Dom\u00ednguez-Viguera xunto a Gonzalo Recio e Carlos Mora. Un traballo que ga\u00f1ou a secci\u00f3n DOC na 65 edici\u00f3n do festival Seminci de Valladolid e cuxo equipo directivo est\u00e1 moi ligado ao Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn, que co seu patrocinio fixo posible a finalizaci\u00f3n deste documental.<\/p>\n\n\n\n<p>No marco do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn, ademais, imp\u00e1rtese este ano un novidoso curso de gui\u00f3n audiovisual a cargo de \u00c1ngel Manzano, vicepresidente da Asociaci\u00f3n Galega de Guionistas.<\/p>\n\n\n\n<p>O FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn acoller\u00e1 tam\u00e9n unha presentaci\u00f3n da webserie ourens\u00e1 <em>Os tempos mortos do fuhrer <\/em>e a estrea do documental <em>Capuch\u00f3ns, <\/em>realizado polo verin\u00e9s I\u00f1igo Rol\u00e1n Taboada como traballo de fin de grao. A musicalizaci\u00f3n de cinema mudo en directo, a cargo do Caspervek Tr\u00edo e a presentaci\u00f3n do libro <em>Son para audiovisuais, <\/em>de Rafael God\u00e1s Ib\u00e1\u00f1ez, protagonizar\u00e1n tam\u00e9n cadans\u00faa actividade paralela no marco da vindeira edici\u00f3n do FIC.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O certame foi presentado hoxe en rolda de prensa Ver\u00edn, 26 de agosto de 2021.- M\u00e1is dunha trintena de curtas de 12 nacionalidades diferentes exhibiranse este ano no Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn, FIC V\u00eda XIV, que foi presentado hoxe perante os medios de comunicaci\u00f3n polo seu director, Carlos Montero, xunto \u00e1 concelleira de [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10544,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10862","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2021\/08\/26082021-1M1A2073.jpg?fit=600%2C400&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10862","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10862"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10862\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11232,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10862\/revisions\/11232"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10544"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10862"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10862"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10862"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}