{"id":10891,"date":"2020-09-03T14:00:10","date_gmt":"2020-09-03T12:00:10","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=5705"},"modified":"2024-06-19T17:44:19","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:19","slug":"o-fic-via-xiv-de-verin-arrinca-este-sabado-a-sua-quinta-edicion-con-39-curtas-a-concurso","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/o-fic-via-xiv-de-verin-arrinca-este-sabado-a-sua-quinta-edicion-con-39-curtas-a-concurso\/","title":{"rendered":"O FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn arrinca este s\u00e1bado a s\u00faa quinta edici\u00f3n con 39 curtas a concurso"},"content":{"rendered":"<ul class=\"wp-block-list\"><li><strong><em>A organizaci\u00f3n dese\u00f1ou un completo protocolo anti-Covid para garantir a seguridade dos asistentes, dos convidados e dos membros do&nbsp; equipo<\/em><\/strong><\/li><\/ul>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ver\u00edn, 03 de septembro de 2020.- <\/strong>A quinta edici\u00f3n do Festival Internacional de Curtas FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn arrinca este s\u00e1bado e prolongarase ata o vindeiro 13 de setembro. Ser\u00e1n oito d\u00edas nas que a maxia do cinema e un bo n\u00famero de actividades paralelas relacionadas directa e indirectamente con este \u00e1mbito encher\u00e1n de cor e vida o Auditorio, espazo central no que se desenvolver\u00e1 o certame.<\/p>\n\n\n\n<p>O FIC V\u00eda XIV 2020 foi presentado esta ma\u00f1\u00e1 no Auditorio de Ver\u00edn nun acto no que participaron o alcalde da vila, Gerardo Seoane; a concelleira de Cultura, Emilia Somoza; a deputada provincial, Ana Villarino e o director do festival, Carlos Montero. Durante a presentaci\u00f3n o alcalde de Ver\u00edn puxo en valor que a organizaci\u00f3n do Festival \u201cten dese\u00f1ado un protocolo de seguridade, tendo en conta o contexto sociosanitario actual\u201d e fixo un chamamento a todos e a todos a \u201ccumprir as normas e esixencias que se implementar\u00e1n neste sentido\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Pola s\u00faa banda, a concelleira sinalou que \u201cmalia a situaci\u00f3n actual, a cultura non debe deterse\u201d e destacou a singularidade do FIC V\u00eda XIV como \u201cun dos motores culturais de Ver\u00edn, plenamente asentado na axenda de ocio e lecer da vila\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Actividades paralelas<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Entre as actividades paralelas m\u00e1is significativas destaca, por exemplo, a visita do actor Luis Zahera, recentemente premiado cun Goya ao Mellor Actor de Reparto por <em>El Reino. <\/em>Departir\u00e1 co p\u00fablico o venres 11. Ao longo da semana sucederanse, ademais, actividades diversas e estreas como a dos documentais <em>Entroidar<\/em> e <em>Hijas de Galicia, Macorinas.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>Xunto a isto, o humor de Frei Chit\u00edn non deixar\u00e1 a ningu\u00e9n indiferente na tarde-noite do luns e a Banda de Gaitas&nbsp; Nova Era de Ver\u00edn, presentada por Pepe Coira, por\u00e1 este domingo m\u00fasica \u00e1 curta <em>O carro e o home. <\/em>O Festival Convidado ser\u00e1 o Play-Doc de Tui e tam\u00e9n se poder\u00e1 ver en Ver\u00edn o documental realizado por tres mozos da vila que percorreron en autocaravana a distancia que separa a nosa Galicia da Galitza de Polonia e que leva por t\u00edtulo <em>Caminos de Tierra.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>No plano concursal participan 39 curtas dunha vintena de nacionalidades, coidadosamente seleccionadas no marco das catro categor\u00edas habituais do FIC (Horizontes, A Raia, Nova e Outra Mirada). Moitos dos traballos que se poder\u00e1n ver en Ver\u00edn ve\u00f1en xa de obter distinci\u00f3ns en premios en foros de renome nacional e internacional.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Un exemplo disto constit\u00faeo a curta <em>Xoves de Comadres<\/em>, de Noem\u00ed Chantada, programada na secci\u00f3n oficial do FIC deste ano e que v\u00e9n de obter a Biznaga de Prata Premio do P\u00fablico no Festival de M\u00e1laga \u00e1 mellor curtametraxe e menci\u00f3n especial do xurado na secci\u00f3n oficial de curtas de ficci\u00f3n. Tam\u00e9n <em>Carne<\/em>, de Camila Kater, que poder\u00e1 verse en Ver\u00edn estes d\u00edas, obtivo unha Biznaga de Prata \u00e1 mellor curtametraxe documental.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n poder\u00e1n verse en Ver\u00edn, dentro da categor\u00eda Outra Mirada, traballos documentais de autores locais tales como <em>Feitizo <\/em>o<em> Fachucos<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Pantalla e streaming<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Entre as principais novidades que se acometen este ano na V edici\u00f3n do Festival, destaca a habilitaci\u00f3n dunha pantalla na Praza Maior de Ver\u00edn para poder seguir algunhas das actividades paralelas, que tam\u00e9n se emitir\u00e1n a trav\u00e9s de streaming.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Protocolo anti-Covid<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Dende a organizaci\u00f3n do FIC V\u00eda XIV, porase en marcha ademais un protocolo con medidas preventiva fronte \u00e1 Covid-19 de cara a esta edici\u00f3n do certame, que incl\u00fae desinfecci\u00f3n rigorosa de espazos tras cada actividade. Habilitaranse tam\u00e9n dispensadores de xel hidroalc\u00f3lico para que poidan ser empregados polos asistentes e o aforo de butacas garantir\u00e1 o cumprimento da distancia social requirida. Axeitarase, neste sentido, o aforo do Audiotiro \u00e1 distancia de seguridade e reduciranse localidades.<\/p>\n\n\n\n<p>Xunto a isto, o acceso e desaloxo de espazos efectuarase de xeito progresivo e controlado polo persoal de acomodaci\u00f3n do certame. Paralelamente, marcaranse diferentes zonas de acceso e sa\u00edda para acudir a actividades evitando as\u00ed a aglomeraci\u00f3n de persoas e non se repartir\u00e1n tr\u00edpticos, folletos ou programas de man en formato f\u00edsico.<\/p>\n\n\n\n<p>Toda a informaci\u00f3n do certame est\u00e1 dispo\u00f1ible de forma online en <a href=\"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/\">www.ficviaxiv.com<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img data-recalc-dims=\"1\" height=\"752\" width=\"1024\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/PRESENTACION-FIC-VIA-XIV_2020-1024x752.jpg?resize=1024%2C752\" alt=\"\" class=\"wp-image-5706\"\/><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A organizaci\u00f3n dese\u00f1ou un completo protocolo anti-Covid para garantir a seguridade dos asistentes, dos convidados e dos membros do&nbsp; equipo Ver\u00edn, 03 de septembro de 2020.- A quinta edici\u00f3n do Festival Internacional de Curtas FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn arrinca este s\u00e1bado e prolongarase ata o vindeiro 13 de setembro. Ser\u00e1n oito d\u00edas nas que [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10591,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10891","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/PRESENTACION-FIC-VIA-XIV_2020.jpg?fit=2165%2C1589&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10891","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10891"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10891\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11254,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10891\/revisions\/11254"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10591"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10891"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10891"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10891"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}