{"id":10946,"date":"2018-12-18T19:13:45","date_gmt":"2018-12-18T18:13:45","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=3488"},"modified":"2024-06-19T17:44:21","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:21","slug":"nace-proxecta-a-coordinadora-galega-de-festivais-de-cinema","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/nace-proxecta-a-coordinadora-galega-de-festivais-de-cinema\/","title":{"rendered":"Nace Proxecta, a coordinadora galega de festivais de cinema"},"content":{"rendered":"<p><img data-recalc-dims=\"1\" fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter wp-image-3486\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/Present_Proxecta_70.jpg?resize=584%2C389\" alt=\"Presentaci\u00f3n Coordinadora Galega de Festivais de Cinema\" width=\"584\" height=\"389\" \/><\/p>\n<ul>\n<li><strong><em>M\u00e1is de dez festivais e mostras de cinema e audiovisual de Galicia, entre eles o FIC V\u00eda XIV, botan a andar esta asociaci\u00f3n<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Santiago, 18 de decembro de 2018.- \u00a0<\/strong>Os festivais e mostras de cinema e audiovisual de Galicia constit\u00faen, por vez primeira no pa\u00eds, unha asociaci\u00f3n dende a que traballar xuntos pola defensa e o impulso dun sector que hoxe \u00e9 un dos m\u00e1is activos e reco\u00f1ecidos do panorama cultural galego.<\/p>\n<p>Proxecta, na que est\u00e1n representadas todas as provincias galegas, est\u00e1 conformada por m\u00e1is de dez festivais e mostras de cinema e contan con achegarse proximamente \u00e1 vintena de asociados. Os socios promotores representan xa unha terceira parte do total do panorama galego de festivais audiovisuais, ofrecendo programaci\u00f3n de cinema ao longo de todos os meses do ano. Estes festivais promotores destacaron a vitalidade e singularidade do panorama galego, reco\u00f1ecido\u00a0 tanto a nivel nacional como internacional pola calidade das s\u00faas propostas art\u00edsticas, o nivel de innovaci\u00f3n nos formatos, o volume de actividade e o retorno social.<\/p>\n<p>Proxecta nace coa vontade de ser un interlocutor que fortaleza o di\u00e1logo coas diversas instituci\u00f3ns, as\u00ed como para traballar pola visibilizaci\u00f3n de cara \u00e1 sociedade en xeral. Entre os seus obxectivos est\u00e1n compartir recursos, intercambiar ideas e procesos organizativos, realizar estudos sobre o impacto dos festivais ou afondar na formaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Os festivais as\u00f3cianse, tam\u00e9n, para reinvindicarse como xeradores de emprego, activadores da econom\u00eda local, potenciadores dun turismo cultural de calidade, pero sobre todo como impulsores da creaci\u00f3n e produci\u00f3n audiovisual galega.<\/p>\n<p><strong>Colleita de datos<\/strong><\/p>\n<p>Proxecta, realizou nos \u00faltimos meses unha colleita de datos. En Galicia existen actualmente 39 festivais e mostras audiovisuais. \u201c<em>Galicia \u00e9 unha potencia en festivais de cine de diverso tipo, reco\u00f1ecidos internacionalmente e cun gran prestixio en todo o Estado, e precisamos ter ferramentas e un apoio digno para seguir medrando, competindo e colaborando con outros territorios\u201d afirmou \u00c1ngel S\u00e1nchez, presidente da coordinadora.<\/em><\/p>\n<p>\u201c<em>Somos un tipo de evento que non s\u00f3 funciona nas datas de celebraci\u00f3n. Temos actividades did\u00e1cticas todo o ano, creamos espectadores cr\u00edticos e a maior\u00eda traballamos fomentando a educaci\u00f3n audiovisual en colexios e institutos. S\u00f3 os 12 festivais fundadores de Proxecta, suman m\u00e1is de 70.000 asistentes, moven unha cantidade econ\u00f3mica de arredor dun mill\u00f3n de euros e xeran m\u00e1is de 300 contrataci\u00f3ns anuais, por iso pedimos o reco\u00f1ecemento desta labor<\/em>\u201d, explicou Ana Est\u00e9vez, directora da MICE e vicepresidenta de Proxecta.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Festivais asociados<\/strong><\/p>\n<p>Os festivais asociados \u00e1 coordinadora son Play-Doc, Festival de Cans e o FIC Bueu da provincia de Pontevedra; MICE Museo do Pobo Galego, S8 Mostra de Cinema Perif\u00e9rico, Curtocircu\u00edto, Carballo Interplay, FKM Festival de Cinema Fant\u00e1stico, Cinema Crianza e Chanfaina Lab da provincia de A Coru\u00f1a; Fan Cine de Lemos da de Lugo e o Festival V\u00eda XIV de Ver\u00edn, en Ourense. Un conxunto heterox\u00e9neo mostra da diversidade das iniciativas galegas.<\/p>\n<p>A asociaci\u00f3n de festivais lanzou\u00a0hoxe tam\u00e9n a s\u00faa web <a href=\"http:\/\/www.proxecta.org\">proxecta.org<\/a> e a s\u00faa imaxe gr\u00e1fica, desenvolvida en colaboraci\u00f3n con <a href=\"http:\/\/numax.org\">NUMAX<\/a> e baseada nas ideas de colectividade,\u00a0 vangarda e distribuci\u00f3n audiovisual.<\/p>\n<p>Nos vindeiros meses a asociaci\u00f3n implementar\u00e1 un calendario de acci\u00f3ns nos diferentes festivais de cinema de Galicia.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>M\u00e1is de dez festivais e mostras de cinema e audiovisual de Galicia, entre eles o FIC V\u00eda XIV, botan a andar esta asociaci\u00f3n Santiago, 18 de decembro de 2018.- \u00a0Os festivais e mostras de cinema e audiovisual de Galicia constit\u00faen, por vez primeira no pa\u00eds, unha asociaci\u00f3n dende a que traballar xuntos pola defensa e [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10678,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10946","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2018\/12\/Present_Proxecta_70.jpg?fit=1772%2C1181&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10946","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10946"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10946\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11293,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10946\/revisions\/11293"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10678"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10946"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10946"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10946"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}