{"id":10957,"date":"2018-11-22T13:38:56","date_gmt":"2018-11-22T12:38:56","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=3213"},"modified":"2024-06-19T17:44:21","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:21","slug":"un-total-de-68-curtas-de-26-paises-participaran-no-iii-fic-via-xiv","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/un-total-de-68-curtas-de-26-paises-participaran-no-iii-fic-via-xiv\/","title":{"rendered":"Un total de 68 curtas de 26 pa\u00edses participar\u00e1n no III FIC V\u00eda XIV"},"content":{"rendered":"<p><img data-recalc-dims=\"1\" fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-3214 aligncenter\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/181122-PRESENTACION-FIC-VIA-XIV-2018DSC_8855-CMZ_1_DSC_8858.jpg?resize=545%2C363\" alt=\"PRESENTACION FIC VIA XIV\" width=\"545\" height=\"363\" \/><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<ul>\n<li><strong><em>O certame celebrarase en Ver\u00edn entre os vindeiros 1 e 9 de decembro e contar\u00e1 con m\u00e1is de media ducia de actividades paralelas para todos os p\u00fablicos<\/em><\/strong><\/li>\n<li><strong><em>A iniciativa foi presentada hoxe en rolda de prensa polo alcalde e o tenente alcalde da vila, acompa\u00f1ados da concelleira de Cultura e do director do festival<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Ver\u00edn, 22 de novembro de 2018.- <\/strong>Un total de 68 curtas de 26 pa\u00edses diferentes foron seleccionadas oficialmente para participar na III edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV, que se celebrar\u00e1 en Ver\u00edn entre os vindeiros 1 e 9 de decembro. As pezas que se exhibir\u00e1n na vila do T\u00e1mega foron escollidas entre as 1.261 curtas recibidas pola organizaci\u00f3n do certame, a m\u00e1is alta nas tres edici\u00f3ns do concurso.<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n desta terceira edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV foi presentada esta ma\u00f1\u00e1 en rolda de prensa polo alcalde de Ver\u00edn, Gerardo Seoane, e o tenente alcalde, Diego Lourenzo, xunto \u00e1 concelleira de Cultura, Emilia Somoza, e o director do festival, Carlos Montero. Foi precisamente este \u00faltimo quen se referiu \u00e1 \u201celevad\u00edsima calidade de moitas das curtas seleccionadas para o concurso oficial, varias das cales ve\u00f1en de recibir xa premios en festivais de renome como o de Berl\u00edn ou o de Toronto\u201d. Xunto a isto, Montero destaca que nesta terceira edici\u00f3n, o festival afonda no seu obxectivo de internacionalizarse e no de consolidarse como un evento cultural de referencia na comarca.<\/p>\n<p>Nesta mesma li\u00f1a pronunciouse o rexedor verin\u00e9s. Seoane puxo en valor o labor da organizaci\u00f3n do Festival de Curtas, conformada por \u201cpersoas locais\u201d que \u201cdemostran que desde a terra se pode por en marcha un evento destas caracter\u00edsticas e manter unha li\u00f1a\u201d coherente. O alcalde afirmou tam\u00e9n que o FIC leva consigo unha \u201cimportante labor de marketing e comunicaci\u00f3n\u201d e sit\u00faa a Ver\u00edn \u201cnun determinado segmento de cidades medias cunha certa relevancia cultural\u201d. Xunto a isto, eloxiou que este ano, m\u00e1is que os anteriores, o Festival pense nas familias e programe proxecci\u00f3ns de animaci\u00f3n para os m\u00e1is pequenos.<\/p>\n<p><strong>Involucrar \u00e1 poboaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Paralelamente, tal e como puxo de manifesto Diego Lourenzo, tenente alcalde da vila, na rolda de prensa de hoxe, a intenci\u00f3n do FIC \u2013organizado conxuntamente polo Concello de Ver\u00edn e a Asociaci\u00f3n Cultural V\u00eda XIV- \u00e9 involucrar a toda a poboaci\u00f3n de Ver\u00edn no certame. Para iso, dese\u00f1ouse unha completa axenda de actividades paralelas que incluir\u00e1 relatorios, mesas redondas e debates sobre cinema; actividades interactivas; exposici\u00f3ns e unha ampla axenda de acci\u00f3ns dirixida aos m\u00e1is cativos.<\/p>\n<p>A involucraci\u00f3n dos verineses e das verinesas vese xa a p\u00e9 de r\u00faa, segundo destacou Lourenzo, quen se referiu a que son xa varios \u201cos establecementos que colaboran co festival\u201d engalanando os seus escaparates con motivos de cinema. \u201cPar\u00e9ceme importante que os axentes sociais, econ\u00f3micos e empresariais da nosa vila se volquen co Festival\u201d, apostilou.<\/p>\n<p><strong>Figuras relevantes<\/strong><\/p>\n<p>O FIC V\u00eda XIV achegar\u00e1 ata Ver\u00edn figuras tan relevantes como a da cineasta xeorxiana Helen Yanovsky, responsable do arquivo da organizaci\u00f3n B\u00b4Tselem, que se significa polo seu activismo en prol da fin da ocupaci\u00f3n israel\u00ed. Ata a vila tam\u00e9n se achegar\u00e1 o co\u00f1ecido actor Antonio Dur\u00e1n \u201cMorris\u201d, ao que se lle render\u00e1 homenaxe coa proxecci\u00f3n de diversas obras nas que ten participado. E tam\u00e9n se poder\u00e1 ver en Ver\u00edn documental <em>Mar de Terra<\/em>, unha visi\u00f3n particular do noso Entroido realizada polo m\u00fasico Kepa Junkera. Non faltar\u00e1 a m\u00fasica no marco das actividades paralelas que se te\u00f1en programado. Neste sentido, a axenda musical do certame incl\u00fae un concerto do cantante Pablo Galiano.<\/p>\n<p>As actrices Nieves Rodr\u00edguez e Ledicia Sola ser\u00e1n as encargadas de conducir a gala de clausura do festival, que se celebrar\u00e1 no Auditorio de Ver\u00edn o vindeiro 8 de decembro e, no marco da cal, se entregar\u00e1n os seis premios que se outorgan este ano. \u201cUn xurado conformado pola cineasta xeorxiana Helen Yanovsky, os xornalistas Rafael Cid e Nora Sola, o actor verin\u00e9s Alberto Rol\u00e1n e o luso Jos\u00e9 Miguel Ribeiro, coordinador de programaci\u00f3n de Doc Lisboa, ser\u00e1 o encargado de avaliar e distinguir os traballos\u201d, destacou a concelleira de Cultura, Emilia Somoza. Por \u00faltimo, \u201ctam\u00e9n haber\u00e1 un premio especial do p\u00fablico, dotado con 600 euros e patrocinado polo Consello Regulador da D.O. Monterrei\u201d, abondou.<\/p>\n<p>Finalmente, a concelleira de Cultura, animou directamente \u201ca toda a xente de Ver\u00edn a desfrutar e participar no Festival, unha criatura que medra cada ano e da que estamos moi orgullosos\u201d no Concello.<\/p>\n<p><strong>Diversas categor\u00edas<\/strong><\/p>\n<p>As 68 curtas que se proxectar\u00e1n ao abeiro do certame enc\u00e1dranse nas diversas categor\u00edas que compo\u00f1en o Festival (Horizontes, Outra Mirada, A Raia e Nova) e que son as mesmas que o ano pasado, en torno a unha serie de tem\u00e1ticas que a organizaci\u00f3n considera de especial relevancia para Ver\u00edn e a s\u00faa comarca: migraci\u00f3ns, fronteira e Entroido.<\/p>\n<p>Os t\u00edtulos seleccionados e a informaci\u00f3n sobre cada unha das curtas e os seus directores pode ser consultada na web do certame: <a href=\"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/\">www.ficviaxiv.com<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; O certame celebrarase en Ver\u00edn entre os vindeiros 1 e 9 de decembro e contar\u00e1 con m\u00e1is de media ducia de actividades paralelas para todos os p\u00fablicos A iniciativa foi presentada hoxe en rolda de prensa polo alcalde e o tenente alcalde da vila, acompa\u00f1ados da concelleira de Cultura e do director do festival [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10700,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[243,173],"class_list":["post-10957","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl","tag-ferstival-internacional-de-curtas-de-verin","tag-fic-via-xiv"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/181122-PRESENTACION-FIC-VIA-XIV-2018DSC_8855-CMZ_1_DSC_8858.jpg?fit=1969%2C1312&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10957","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10957"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10957\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11304,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10957\/revisions\/11304"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10700"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10957"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10957"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10957"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}