{"id":10964,"date":"2018-10-17T15:53:49","date_gmt":"2018-10-17T13:53:49","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=2720"},"modified":"2024-06-19T17:44:22","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:22","slug":"estudiantes-de-secundaria-de-verin-aprenderan-a-realizar-cortometrajes-en-el-marco-de-una-iniciativa-piloto-promovida-por-el-comite-organizador-del-fic-via-xiv","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/estudiantes-de-secundaria-de-verin-aprenderan-a-realizar-cortometrajes-en-el-marco-de-una-iniciativa-piloto-promovida-por-el-comite-organizador-del-fic-via-xiv\/","title":{"rendered":"Estudantes de secundaria de Ver\u00edn aprender\u00e1n a realizar curtametraxes no marco dunha iniciativa piloto promovida polo comit\u00e9 organizador do FIC V\u00eda XIV"},"content":{"rendered":"<p><img data-recalc-dims=\"1\" fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2717 aligncenter\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/181017-PRESENTACION-INSTITUTOS-FIC-VIAXIVDSC_8618-CMZ1.jpg?resize=534%2C356\" alt=\"181017 PRESENTACION INSTITUTOS FIC VIAXIVDSC_8618 CMZ(1)\" width=\"534\" height=\"356\" \/><\/p>\n<ul>\n<li><strong><em>\u201cO obxectivo final \u00e9 que poidan elaborar por grupos unha proposta orixinal de curtametraxe\u201d, sinala o director do certame, Carlos Montero<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>Ver\u00edn, 17 de outubro de 2018.- <\/strong>Estudantes de secundaria do IES Xes\u00fas Taboada Chivite e do IES Castro de Baronceli co\u00f1ecer\u00e1n as claves de produci\u00f3n dunha curtametraxe no marco dunha iniciativa piloto que promoven os organizadores do FIC V\u00eda XIV. Segundo sinala o director do certame, \u201co obxectivo final \u00e9 que os mozos e mozas poidan elaborar por grupos unha proposta orixinal de curtametraxe\u201d. Montero apunta tam\u00e9n que \u201cos mellores traballos poder\u00e1n ser exhibidos en futuras edici\u00f3ns do Festival\u201d.<\/p>\n<p>A iniciativa foi presentada hoxe nos centros polo propio Carlos Montero, xunto a outros membros do comit\u00e9 organizador do certame coma o xefe de Produci\u00f3n, Xos\u00e9 Lois Santiago <em>Pello<\/em>, e pola concelleira de Cultura de Ver\u00edn, Emilia Somoza. O seu obxectivo \u00e9 implicar aos verineses mais novos no discorrer do Festival a trav\u00e9s da programaci\u00f3n dunha actividade que os integre e mesmo os faga protagonistas do mesmo.<\/p>\n<p>Deste xeito, os alumnos participantes adquirir\u00e1n a trav\u00e9s de varias <em>masterclass <\/em>espec\u00edficas, codirixidas polo equipo organizador do FIC V\u00eda XIV xunto a docentes de ambos os centros, noci\u00f3ns sobre gui\u00f3n, narrativa audiovisual, rodaxe, preproduci\u00f3n e posproduci\u00f3n de curtametraxes. As clases desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro.<\/p>\n<p><strong>Entusiasmo e ilusi\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A iniciativa foi recibida \u201ccon entusiasmo\u201d polos estudantes, tal e como destaca Marta Acitores, profesora de <em>Educaci\u00f3n Pl\u00e1stica, Visual e Audiovisual <\/em>no IES Castro de Baronceli. \u201c\u00c9 unha actividade interesant\u00edsima\u201d, engade, e os alumnos est\u00e1n \u201cmoi motivados\u201d e \u201cilusionados\u201d con ela. \u201cPolas caracter\u00edsticas do formato da curtametraxe e pola s\u00faa duraci\u00f3n, vense capaces de poder elaborar unha proposta orixinal\u201d, afirma Acitores. Un total de 35 alumnos de 3\u00ba e 4\u00ba da ESO deste centro participar\u00e1n na iniciativa.<\/p>\n<p>Na mesma li\u00f1a se manifesta C\u00e9sar S\u00e1nchez, xefe de estudos e profesor de <em>Imaxe e Son<\/em> no IES Xes\u00fas Taboada Chivite. Ser\u00e1n 16 os alumnos deste centro que participen na iniciativa, todos eles alumnos dunha materia (a de Imaxe e Son) que \u201c\u00e9 relativamente nova no centro, posto que s\u00f3 leva impart\u00edndose tres anos\u201d. S\u00e1nchez valora como especialmente interesante a proposta do FIC para aqueles estudantes que queren enfocar os seus estudos superiores \u00e1s ramas de Comunicaci\u00f3n Audiovisual, Xornalismo e mesmo Publicidade e RRPP.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cO obxectivo final \u00e9 que poidan elaborar por grupos unha proposta orixinal de curtametraxe\u201d, sinala o director do certame, Carlos Montero Ver\u00edn, 17 de outubro de 2018.- Estudantes de secundaria do IES Xes\u00fas Taboada Chivite e do IES Castro de Baronceli co\u00f1ecer\u00e1n as claves de produci\u00f3n dunha curtametraxe no marco dunha iniciativa piloto que promoven [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10714,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10964","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2018\/10\/181017-PRESENTACION-INSTITUTOS-FIC-VIAXIVDSC_8618-CMZ1.jpg?fit=2362%2C1575&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10964","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10964"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10964\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11311,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10964\/revisions\/11311"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10714"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10964"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10964"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10964"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}