{"id":10969,"date":"2018-05-30T11:28:15","date_gmt":"2018-05-30T09:28:15","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=2359"},"modified":"2024-06-19T17:44:22","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:22","slug":"mais-de-2-800-persoas-participaron-no-ii-festival-internacional-de-curtas-via-xiv-de-verin-que-deixou-un-retorno-economico-directo-na-vila-superior-aos-30-000-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/mais-de-2-800-persoas-participaron-no-ii-festival-internacional-de-curtas-via-xiv-de-verin-que-deixou-un-retorno-economico-directo-na-vila-superior-aos-30-000-euros\/","title":{"rendered":"M\u00e1is de 2.800 persoas participaron no II Festival Internacional de Curtas V\u00eda XIV de Ver\u00edn, que deixou un retorno econ\u00f3mico directo na vila superior aos 30.000 euros"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong><em>O valor da comunicaci\u00f3n xerada arredor do certame ascende a case 250.000 euros<\/em><\/strong><\/li>\n<li><strong><em>Moitas das cintas exhibidas en Ver\u00edn obtiveron logo relevantes galard\u00f3ns e distinci\u00f3ns en diferentes convocatorias de premios <\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Ver\u00edn, 30 de maio de 2018.- <\/strong>A II edici\u00f3n do Festival Internacional de Curtas V\u00eda XIV, celebrada entre os d\u00edas 1 e 9 de decembro do ano pasado en Ver\u00edn, deixou un retorno econ\u00f3mico directo para a vila cifrado en 30.515 euros. A esta cantidade hai que sumar o valor dos intanxibles que contrib\u00faen a fortalecer a marca Ver\u00edn. Entre eles, tal e como salienta o director do certame, Carlos Montero, destaca o da comunicaci\u00f3n xerada en torno ao evento, que ascende a 247.500 euros (o que valer\u00eda unha campa\u00f1a de publicidade en termos equivalentes). Pola s\u00faa banda, Emilia Somoza, concelleira de Cultura de Ver\u00edn destaca \u201cque o festival sit\u00faase no epicentro da intensa programaci\u00f3n cultural que o Concello ten desenvolvido ao longo dos \u00faltimos tres anos; unha axenda con car\u00e1cter estable, que contrib\u00fae \u00e1 dinamizaci\u00f3n da vila\u201d.<\/p>\n<p>Os responsables do FIC V\u00eda XIV s\u00e9ntense moi satisfeitos coa elevada participaci\u00f3n rexistrada, xa que o festival foi capaz de mobilizar a 2.800 persoas na vila durante os seus nove d\u00edas de duraci\u00f3n. Delas, un total de 879 visionaron algunha das proxecci\u00f3ns do festival, un total de 321 participaron na gala inaugural e 395 no acto de clausura. Tam\u00e9n destaca pola s\u00faa relevancia o n\u00famero de cativos que tomaron parte nas actividades paralelas ao evento (670).<\/p>\n<p>Ademais da notable presenza de p\u00fablico, \u201cconseguiuse plenamente o obxectivo de afianzar a internacionalizaci\u00f3n do certame\u201d, apunta Montero. Neste sentido, o director do Festival de Curtas de Ver\u00edn pon en valor que das 39 curtas de cinco pa\u00edses diferentes seleccionadas a concurso na primeira edici\u00f3n do certame, pasouse a 57 pezas de 21 pa\u00edses diferentes na edici\u00f3n de 2017. Ademais, no \u00faltimo FIC V\u00eda XIV houbo tres estreas mundiais, cinco estreas internacionais, tres estreas europeas, 11 estreas espa\u00f1olas e 26 estreas galegas.<\/p>\n<p><strong>Numerosos premios<\/strong><\/p>\n<p>Por outra banda, varias das curtas programadas no \u00faltimo FIC V\u00eda XIV obtiveron con posterioridade ao seu pase por Ver\u00edn diferentes galard\u00f3ns e reco\u00f1ecementos en diversas convocatorias de premios e certames a nivel nacional e internacional.<\/p>\n<p>As\u00ed, por exemplo, <em>Matria <\/em>de \u00c1lvaro Gago ergueuse co Gran Premio do Xurado en Sundance; <em>Flores, <\/em>de Jorge J\u00e1come, levou o Gran Premio \u00e1 Mellor Pel\u00edcula en Punto de Vista e foi seleccionada en San Sebasti\u00e1n, Toronto e no New York Film Festival.<\/p>\n<p><em>Los Desheredados<\/em>, de Laura Ferr\u00e9s, ga\u00f1ou o Goya \u00e1 Mellor Curta Documental e recibiu ducias de premios en festivais de todo o mundo. <em>Galatea al infinito<\/em>, de Ambra Reijnen, foi seleccionada en Hot Docs de Canad\u00e1 e en Cartaxena de Indias, ademais de exhibirse no Museo Reina Sof\u00eda. E, finalmente, <em>Copa Loca<\/em> de Christos Massals seleccionouse para os European Film Awards e foi proxectada no MoMA.<\/p>\n<p>Xunto a isto, o director Marcelo Martinessi, cuxo traballo puido verse en Ver\u00edn, recibiu o Oso de Prata en Berl\u00edn e o traballo Jacques Perconte, outro dos directores con presenza no FIC V\u00eda XIV, foi seleccionado para ser exhibido no International Film Festival de Rotterdam.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O valor da comunicaci\u00f3n xerada arredor do certame ascende a case 250.000 euros Moitas das cintas exhibidas en Ver\u00edn obtiveron logo relevantes galard\u00f3ns e distinci\u00f3ns en diferentes convocatorias de premios &nbsp; Ver\u00edn, 30 de maio de 2018.- A II edici\u00f3n do Festival Internacional de Curtas V\u00eda XIV, celebrada entre os d\u00edas 1 e 9 de [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10725,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10969","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2018\/05\/PAV5884-scaled.jpg?fit=2560%2C1709&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10969","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10969"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10969\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11316,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10969\/revisions\/11316"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10725"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10969"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10969"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10969"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}