{"id":10970,"date":"2017-12-09T23:59:44","date_gmt":"2017-12-09T22:59:44","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=2128"},"modified":"2024-06-19T17:44:22","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:22","slug":"buenos-dias-espana-alzase-co-premio-ao-mellor-curto-do-festival-internacional-de-curtas-de-verin-via-xiv","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/buenos-dias-espana-alzase-co-premio-ao-mellor-curto-do-festival-internacional-de-curtas-de-verin-via-xiv\/","title":{"rendered":"\u201c Buenos d\u00edas Espa\u00f1a\u201d \u00e1lzase co Premio ao Mellor Curto do Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn V\u00eda XIV"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>O curto Why is difficult to make films in Kurdistan tam\u00e9n recibiu unha menci\u00f3n do xurado ao mellor curtametraxe (diploma).<\/strong><\/li>\n<li><strong>Tam\u00e9n foron premiados as siguentes curtas: na categoria \u201c Outra Mirada\u201d: Ma Baby; na categoria \u201cMigraci\u00f3n\/Fronteira-Horizontes\u201d: Borders; na categor\u00eda \u201cGalego\/Portuguesa \u2013 A Raia\u201d: Flores e na categor\u00eda \u201c Nova\u201d: La Voz Perdida <\/strong><\/li>\n<li><strong> Sete curtos m\u00e1is reciben premios especiais do festival.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>Ver\u00edn, 9 de decembro de 2017.-<\/strong> A II edici\u00f3n do Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn V\u00eda XIV xa ten ga\u00f1adores. Esta noite desvel\u00e1ronse os nomes das curtametraxes premiadas no transcurso dunha gala celebrada no Auditorio de Ver\u00edn. \u201cBos d\u00edas Espa\u00f1a\u201d foi galardoado co Premio ao Mellor Curto do Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn V\u00eda XIV, o curto dirixido por Mar\u00eda Barcel\u00f3, Irati Cano, Sara Pisos e Carlos Reyes, foi realizado en 2017. A curta tenta transmitir a vida dun grupo de antigos lexionarios que se reunen nun antigo cuartel de Barcelona.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n recibiu unha menci\u00f3n do xurado o curto \u201c Why is difficult to make films in Kurdistan\u201d de Ebru Avci, un filme turco do ano 2017 que ten como protagonista a unha moza que tenta convencer \u00e1 s\u00faa familia, de corte tradicional, de que lle deixe estudar cinema, mentres grava a s\u00faa vida diaria.<\/p>\n<p>Nas <strong>diferentes categorias os premiados<\/strong> son:<\/p>\n<p>-Categor\u00eda \u201c Entroido &#8211; Outra Mirada\u201d: Explosion ma baby, dirijida por Pauline Curnier Jardin, unha produci\u00f3n holandesa-francesa rodada no 2016. Narra a historia de como a directora vive as festas de San Sebastrian en agosto.<\/p>\n<p>&#8211; Categoria \u201cMigraci\u00f3n\/Fronteira-Horizontes\u201d: Borders de Damjan Kozole, unha produci\u00f3n realizada en Eslovenia no ano 2016. As miradas dos eslovenos, que est\u00e1n no cami\u00f1o dos refuxiados, que aparecen en c\u00e1mara intercambi\u00e1ndose coa dos espectadores.<\/p>\n<p>-Categoria \u201cGalego\/Portuguesa &#8211; A Raia\u201d: Flores, un filme portugu\u00e9s de Jorge J\u00e1come realizado en 2016. A poboaci\u00f3n das Azores \u00e9 evacuada por unha praga de hortensias. Dous soldados relatan as tristes historias daqueles que foron forzados a marchar.<\/p>\n<p>&#8211; Categoria \u201c Nova\u201d: A Voz Perdida de Marcelo Martinessi, curta realizada en Paraguai, en 2016. A partir dunha entrevista orixinal sobre a masacre de Curuguaty, esta curta interroga a historia recente de Paraguai.<\/p>\n<p>-Premio do P\u00fablico \u00e1 mellor Curtametraxe: She\u00b4 s Beyond Me de Toru Takano. Un ano, Kazuki, un novelista incipiente, pasa as vacaci\u00f3ns estivais na s\u00faa illa natal traballando en novas novelas. Inesperadamente \u00e9 posto \u00e1 fronte do hostal no que se aloxa, onde co\u00f1ece a Reiko e Yuka, h\u00f3spedes procedentes de Tokio, no seu primeiro d\u00eda. Kazuki sente que empeza a namorarse locamente de Reiko, unha muller cun perfil moi parecido ao da s\u00faa antiga noiva, coa que sa\u00edu hai 10 anos. Unha noite, mentres est\u00e1n a tomar algo os tres, ven metidos nun bo apreto causado polo comportamento carente de sentido de Yuka.<\/p>\n<p>-Premio CREA \u00e1 mellor Curtametraxe: Matria, dirixida por \u00c1lvaro Gago en 2017, unha curta espa\u00f1ola que trata sobre Ramona, que vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha f\u00e1brica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafios que se lle presentan a s\u00faa vida diaria, Ramona trata de refuxiarse na relaci\u00f3n que lle une \u00e1 s\u00faa filla e neta.<\/p>\n<p>-Premio AGAG: Este premio foi para duas curtas: Coelho Mau e Vos Humores Artificais.<\/p>\n<p>Coelho Mau de Carlos Concei\u00e7\u00e3o: Un mozo d\u00edscolo castiga ao amante da s\u00faa nai. A beleza e o horror acar\u00ed\u00f1anse. A morte conv\u00e9rtese en prostituci\u00f3n en forma de neno.<\/p>\n<p>Os Humores Artificiais de Gabriel Abrantes: Unha pel\u00edcula sobre o humor, a antropolox\u00eda e a intelixencia artificial. C\u00e9ntrase en como o humor \u00e9 clave nas relaci\u00f3ns humanas, empr\u00e9gase a modo de control social e constit\u00fae unha das formas m\u00e1is complexas de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>-Premio \u201c Numax Award for Distribution\u201d : Este premio tam\u00e9n ha recaido en dous curtos: Borders e O Becerro Pintado.<\/p>\n<p>Borders de Damjan Kozole: unha produci\u00f3n realizada en Eslovenia no ano 2016. As miradas dos eslovenos que est\u00e1n no cami\u00f1o dos refuxiados que aparecen en c\u00e1mara intercambi\u00e1ndoas coa dos espectadores.<\/p>\n<p>O Becerro Pintado de David Pantale\u00f3n: Os que renden culto ao Becerro de Ouro basean a s\u00faa vida no materialismo, pretenden obter bens e riquezas coa s\u00faa adoraci\u00f3n. A mentira e o saqueo transf\u00f3rmanse nunha pr\u00e1ctica com\u00fan.<\/p>\n<p>-Premio Camira da Cr\u00edtica: Farp\u00f4es Baldios de Marta Mateus, fim portugu\u00e9s a finais do s\u00e9culo XIX, os campesi\u00f1os en Portugal comezaron unha valente loita para conseguir mellores condici\u00f3ns laborais. Tras xeraci\u00f3ns de miseria e fame, a Revoluci\u00f3n dos Caraveis sementou a promesa da reforma agraria. Principalmente na rexi\u00f3n do Alentejo, estes traballadores rurais ocuparon as grandes propiedades que pertenceran aos seus se\u00f1ores. Posiblemente, ou xerme perdido doutros froitos\u2026 Non Alentejo dic\u00edase que cando algo se perd\u00eda os que estaban a buscar deb\u00edan volver ao comezo. Debemos rezar e pedir a Santa Luc\u00eda que despexe nosa vista para que podamos ver e mirar mellor. Os protagonistas desta pel\u00edcula, resistentes na loita, moitos deles analfabetos, que traballaron desde a s\u00faa infancia, contan a historia aos mozos de hoxe en d\u00eda, coas s\u00faas propias palabras.<\/p>\n<p><strong>Gala <\/strong><\/p>\n<p>A gala foi presentada polos actores Machi Salgado e Alberto Rol\u00e1n. Tomar\u00f3n a palabra Gerardo Seoana, Alcalde de Ver\u00edn; Diego Lorenzo, Tenente Alcalde do Concello de Ver\u00edn; Emilia Somoza, Concelleira de Cultura e Carlos Montero, Director do Festival. Durante a gala tam\u00e9n actuaron os m\u00fasicos e grupos: David Rivada, Dolce Vita e The Resaca Brothers.<\/p>\n<p><strong>Xurado <\/strong><\/p>\n<p>O xurado foi composto polo cr\u00edtico de cinema Nicol\u00e1s Azalbert; Juan Soto , cineasta colombiano; Lura Correa-Montoya, Master en Artes e Letras; Ju\u00e1n Osorio-Villegas, Master en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporanea da Universidade Pompeu Fabra (Francia); Maider Fern\u00e1ndez, educadora, artista e realizadora e Nora Soa, xornalista, empresaria e directora do Festival Internacional de Cinema Independente de Ourense. Algunhas categorias tiveron xurados especiais como o premio CREA e AGAG, as\u00ed como un premio que foi outorgado polo p\u00fablico.<\/p>\n<p><strong>Festival Vila do Conde <\/strong><\/p>\n<p>Hoxe tam\u00e9n se proxectaron unha selecci\u00f3n de curtos participantes no Festival de Vila do Conde, dentro da homenaxe que o Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn V\u00eda XIV quixo brindarlle no seu 25 aniversario. O festival celebrado en Vila do Conde (Portugal) \u00e9 un dos festivais m\u00e1is relevantes dese pa\u00eds e esta homenaxe \u00e9 unha demostraci\u00f3n dos lazos entre estes dous eventos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O curto Why is difficult to make films in Kurdistan tam\u00e9n recibiu unha menci\u00f3n do xurado ao mellor curtametraxe (diploma). Tam\u00e9n foron premiados as siguentes curtas: na categoria \u201c Outra Mirada\u201d: Ma Baby; na categoria \u201cMigraci\u00f3n\/Fronteira-Horizontes\u201d: Borders; na categor\u00eda \u201cGalego\/Portuguesa \u2013 A Raia\u201d: Flores e na categor\u00eda \u201c Nova\u201d: La Voz Perdida Sete curtos m\u00e1is [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[184,176],"class_list":["post-10970","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-hemeroteca_gl","tag-festival-curtas-de-verin","tag-festival-curtas-ourense"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10970","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10970"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10970\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11317,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10970\/revisions\/11317"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10970"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10970"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10970"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}