{"id":10977,"date":"2017-12-02T22:17:29","date_gmt":"2017-12-02T21:17:29","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=2066"},"modified":"2024-06-19T17:44:22","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:22","slug":"a-maxia-do-cinema-inunda-verin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/a-maxia-do-cinema-inunda-verin\/","title":{"rendered":"A maxia do cinema inunda Ver\u00edn"},"content":{"rendered":"<p><img data-recalc-dims=\"1\" fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-2067 aligncenter\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2017\/12\/5171-300x199.jpeg?resize=300%2C199\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"199\" \/><\/p>\n<ul>\n<li><strong><em>Comeza a II edici\u00f3n do Festival de Curtas (FIC) V\u00eda XIV, que prev\u00e9 m\u00e1is de 60 horas de actividades ligadas \u00e1 s\u00e9tima arte <\/em><\/strong><\/li>\n<li><strong><em>A gala inaugural do certame tivo lugar esta noite no Auditorio da vila do T\u00e1mega<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Ver\u00edn, 02 de decembro de 2017.- <\/strong>O Auditorio de Ver\u00edn acolleu hoxe a gala inaugural da II edici\u00f3n do Festival de Curtas (FIC) V\u00eda XIV, na que participaron o tenente alcalde da vila, Diego Lourenzo e o director do certame, Carlos Montero. Nun acto, presentado polo actor Tonho Salgado, que congregou a m\u00e1is de 150 persoas, present\u00e1ronse en detalle as li\u00f1as tem\u00e1ticas do festival e p\u00faxose en valor a relevancia dun certame, que espera achegar un retorno econ\u00f3mico de m\u00e1is de 150.000 euros para Ver\u00edn e comarca.<\/p>\n<p>En total, ser\u00e1n m\u00e1is de 60 horas, entre proxecci\u00f3ns e actividades paralelas ligadas ao cinema, as que compo\u00f1en a programaci\u00f3n desta segunda edici\u00f3n do Festival. Como filme inaugural, proxectouse esta noite no Auditorio de Ver\u00edn <em>Os d\u00edas afogados <\/em>de C\u00e9sar Souto e Luis Avil\u00e9s. Ambos os dous directores da cinta, que se ten amosado en diversos festivais internacionais e conta unha historia de fronteira e loita c\u00edvica que ten lugar na raia seca, estiveron presentes no acto inaugural do FIC V\u00eda XIV.<\/p>\n<p>Durante a inauguraci\u00f3n, o tenente alcalde de Ver\u00edn, Diego Lourenzo, sinalou que \u201ca xente de Ver\u00edn fai gala dunha imaxinaci\u00f3n de contundente fertilidade\u201d que se manifesta, sobre todo, nas datas de Entroido. \u201cSomos un pobo creativo e amante das artes\u201d, afirmou. Xunto a isto, indicou que \u201co Festival de Curtas de Ver\u00edn e a nosa aposta estrutural por entrar na linguaxe\u201ddo cinema porque \u201cna nosa vila medramos mirando cara aos escenarios e levamos todos dentro un actor\u201d. \u201cE levamos dentro tam\u00e9n un director e un guionista, e un maquillador e un director de escena, e un m\u00fasico e un bailar\u00edn. Porque en Ver\u00edn, somos xente de cine, non me cansarei de repetilo, en todas as s\u00faas facetas\u201d, apostilou Lourenzo.<\/p>\n<p><strong>Entroido, Fronteira e Emigraci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Os eixos singulares e difereciadores do Festival de Curtas de Ver\u00edn seguir\u00e1n presentes nesta segunda edici\u00f3n do certame. Neste sentido, o FIC xirar\u00e1 arredor das mesmas tem\u00e1ticas do ano pasado: <em>Entroido, Fronteira e Emigraci\u00f3n<\/em>, tres conceptos moi instalados no imaxinario colectivo verin\u00e9s. Se ben, os organizadores do Festival percat\u00e1ronse, segundo sinalou Carlos Montero no acto inaugural, de que era necesario reorganizar as categor\u00edas posto que as\u00a0 de <em>Emigraci\u00f3n <\/em>e<em> Fronteira<\/em> se solapaban en certa medida. Deste xeito, nace a categor\u00eda <em>Horizontes<\/em> como representaci\u00f3n simb\u00f3lica desa li\u00f1a imaxinaria e invisible que \u00e9 met\u00e1fora das migraci\u00f3ns. Nesta categor\u00eda participar\u00e1n 10 curtas.<\/p>\n<p>Dada a singularidade do territorio verin\u00e9s, do Val do T\u00e1mega (dividido pola \u201cRaia\u201d), non pod\u00eda faltar no FIC V\u00eda XIV unha categor\u00eda galego-portuguesa denominada <em>A Raia<\/em>. Nela poderase ver unha selecci\u00f3n de 17 curtas de cineastas de Galicia e de Portugal.<\/p>\n<p>De igual xeito, a secci\u00f3n dedicada ao entroido recibe agora o nome de <em>Outra Mirada<\/em> e recoller\u00e1 12 obras que destr\u00faen as regras cartesianas, que crean espazos alternativos, que experimentan coa linguaxe cinematogr\u00e1fica e que manexan c\u00f3digos surrealistas e on\u00edricos.<\/p>\n<p>Paralelamente, creouse unha categor\u00eda a maiores denominada <em>Nova<\/em> para dar a posibilidade de concursar a diferentes pezas que non ti\u00f1an cabida nas\u00a0 outras categor\u00edas tem\u00e1ticas establecidas. Nesta secci\u00f3n concursar\u00e1n 15 curtas.<\/p>\n<p><strong>Actividades paralelas<\/strong><\/p>\n<p>As actividades paralelas que se desenvolver\u00e1n ao abeiro do FIC V\u00eda XIV xa comezaron onte co obradoiro pr\u00e1ctico, a cargo da cineasta vasca Maider Fern\u00e1ndez, \u201cAchegar o cinema \u00e1s persoas\u201d, no que os participantes ter\u00e1n a oportunidade de realizar a s\u00faa propia curta co seu tel\u00e9fono m\u00f3bil. Xunto a isto, Maider vai impartir tam\u00e9n unha Masterclass, ma\u00f1\u00e1 as 21.00 horas no Auditorio.<\/p>\n<p>Unha retrospectiva sobre a Nouvelle Vague, un foco centrado na obra do cineasta colombiano Juan Soto, un ciclo homenaxe ao Mestrado de Documental Creativo da Universidade Aut\u00f3noma de Barcelona (que neste 2017 cumpre 20 anos), unha homenaxe aos 25 anos do festival luso Curtas Vila do Conde e diversos ciclos de debate e mesas redondas, as\u00ed como actividades para os cativos e cativas postas en marcha coa colaboraci\u00f3n dos centros educativos de Ver\u00edn e comarca, completan a axenda de actividades paralelas desta segunda edici\u00f3n do FIC.<\/p>\n<p><strong>Entidades patrocinadoras e colaboradoras<\/strong><\/p>\n<p>Xunto ao Concello de Ver\u00edn, unha serie de entidades participaron activamente como colaboradoras ou patrocinadoras na posta en marcha do certame. Entre elas, a Deputaci\u00f3n Provincial de Ourense, Augas de Cabreiro\u00e1, AGADIC, Caixabank, a Eurocidade Ver\u00edn-Chaves e os concellos da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ver\u00edn. A todos eles, Carlos Montero quixo agradecerlles a s\u00faa participaci\u00f3n, sen a cal non ter\u00eda sido posible a celebraci\u00f3n desta II edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comeza a II edici\u00f3n do Festival de Curtas (FIC) V\u00eda XIV, que prev\u00e9 m\u00e1is de 60 horas de actividades ligadas \u00e1 s\u00e9tima arte A gala inaugural do certame tivo lugar esta noite no Auditorio da vila do T\u00e1mega &nbsp; Ver\u00edn, 02 de decembro de 2017.- O Auditorio de Ver\u00edn acolleu hoxe a gala inaugural da [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10740,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[172,241],"class_list":["post-10977","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl","tag-festival-internacional-de-curtas-de-verin","tag-festival-via-xiv"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2017\/12\/5171.jpeg?fit=1600%2C1062&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10977","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10977"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10977\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11324,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10977\/revisions\/11324"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10740"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10977"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10977"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10977"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}