{"id":10987,"date":"2017-09-22T12:35:14","date_gmt":"2017-09-22T10:35:14","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=1174"},"modified":"2024-06-19T17:44:23","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:23","slug":"o-concello-de-verin-presenta-a-ii-edicion-do-festival-internacional-de-curtas-via-xiv-que-tera-lugar-na-vila-en-decembro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/o-concello-de-verin-presenta-a-ii-edicion-do-festival-internacional-de-curtas-via-xiv-que-tera-lugar-na-vila-en-decembro\/","title":{"rendered":"O Concello de Ver\u00edn presenta a II Edici\u00f3n do Festival Internacional de Curtas V\u00eda XIV que ter\u00e1 lugar na vila en decembro"},"content":{"rendered":"<p>\t\t\t\t<img data-recalc-dims=\"1\" fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/presentacion-fic-via-xiv-2017.jpg?resize=1100%2C820\" alt=\"Presentaci\u00f3n FIC V\u00eda XIV 2017\" itemprop=\"image\" height=\"820\" width=\"1100\"  \/><\/p>\n<ul>\n<li><strong>O FIC V\u00eda XIV 2017 ampliar\u00e1 a s\u00faa duraci\u00f3n, celebr\u00e1ndose do 1 \u00f3 10 de decembro en Ver\u00edn, para ofrecer m\u00e1is actividades \u00f3s asistentes.<\/strong><\/li>\n<li><strong>O prazo para a presentaci\u00f3n de curtas a concurso abrirase ma\u00f1\u00e1, 23 de setembro, e permanecer\u00e1 aberto \u00f3 longo dun mes.<\/strong><\/li>\n<li><strong>O Festival reorganiza as s\u00faas categor\u00edas co obxectivo de acoller unha maior calidade de proxectos audiovisuais mantendo o sinal de identidade co que naceu.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Ver\u00edn, 22 de setembro do 2017<\/strong>.- O Concello de Ver\u00edn v\u00e9n de presentar a II Edici\u00f3n do Festival Internacional de Curtametraxes V\u00eda XIV que se celebrar\u00e1 na vila do 1 \u00f3 10 de decembro. O Alcalde de Ver\u00edn, Gerardo Seoane Fidalgo, a Concelleira de Educaci\u00f3n, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo, e o Director do FIC V\u00eda XIV, Carlos Montero Zorrilla, presentaron unha nova edici\u00f3n do Festival de Curtas que se celebrou en Ver\u00edn o ano pasado, amosando a clara aposta pola dinamizaci\u00f3n cultural na que est\u00e1 traballando o actual goberno municipal.<\/p>\n<p>\u201cO \u00e9xito da primeira edici\u00f3n do Festival de Curtas \u00e9 raz\u00f3n m\u00e1is que suficiente para que este concello sega traballando en prol da cultura en Ver\u00edn, organizando diversas actividades para os veci\u00f1os da vila e, en concreto, para dar continuidade \u00e1 organizaci\u00f3n dun festival audiovisual que recolle a idiosincrasia da nosa terra\u201d, declarou Gerardo Seoane, alcalde da vila. Na anterior edici\u00f3n, m\u00e1is de 2.500 persoas participaron nas diversas actividades programadas no FIC V\u00eda XIV 2016, que obtivo un retorno econ\u00f3mico para a vila valorado en m\u00e1is de 70.000\u20ac.<\/p>\n<p>A ampliaci\u00f3n dos d\u00edas nos que se celebrar\u00e1 o FIC V\u00eda XIV, que pasa de 7 a 10 d\u00edas, responde a un aumento das actividades complementarias que se organizar\u00e1n \u00f3 abeiro do Festival, que contar\u00e1, ademais de coas proxecci\u00f3ns cinematogr\u00e1fricas, con obradoiros para nenos e adolescentes, foros de debate, obradoiros profesionais e mesas redondas, entre outras. Emilia Somoza, Concelleira de Cultura de Ver\u00edn, afirmou que \u201ccada vez vemos con maior intensidade como os veci\u00f1os da vila participan en todas e cada unha das diversas actividades culturais que se ve\u00f1en organizando dende o goberno municipal co obxectivo de fomentar a cultura e o lecer na nosa vila\u201d.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n esta ma\u00f1\u00e1 present\u00e1ronse as bases para o concurso de curtas, actividade central do Festival Internacional de Curtametraxes V\u00eda XIV. A apertura oficial do concurso ser\u00e1 ma\u00f1\u00e1, s\u00e1bado 23 de setembro, e permanecer\u00e1 aberto \u00f3 longo dun mes, ata o 23 de outubro; datas nas que os creadores poder\u00e1n presentar as s\u00faas obras a concurso nas distintas categor\u00edas do FIC V\u00eda XIV.<\/p>\n<p>Neste sentido, o director do Festival, Carlos Montero, explicou que a II Edici\u00f3n contar\u00e1 con novidades no que atinxe \u00e1s categor\u00edas do Festival de Curtas. \u201cO ano pasado recibimos 650 curtametraxes a concurso, das que seleccionamos 39. Nembargantes, o equipo t\u00e9cnico do Festival deuse conta de que hab\u00eda moitas obras de gran calidade que non se puideron proxectar por non ter cabida nas categor\u00edas tem\u00e1ticas establecidas. Por outra banda, tam\u00e9n nos decatamos de que as categor\u00edas Emigraci\u00f3n e Fronteira se solapaban por ser tem\u00e1ticas moi semellantes. Isto f\u00edxonos pensar que, para mellorar o Festival, deberiamos reorganizar as categor\u00edas sen perder a idiosincrasia coa que naceu\u201d.<\/p>\n<h5><strong>Reorganizaci\u00f3n de categor\u00edas<\/strong><\/h5>\n<p>\u00c9 por esa raz\u00f3n que, este ano, o FIC V\u00eda XIV contar\u00e1 cunha categor\u00eda, <strong>\u201cNova\u201d<\/strong>, na que ser\u00e1n seleccionadas curtas que non te\u00f1en cabida nas tem\u00e1ticas categorizadas, tr\u00e1tase dunha categor\u00eda xeral que incrementar\u00e1 a calidade das proxecci\u00f3ns con filmes contempor\u00e1neos, cinema de autor e obras que non se rixen por formatos industriais obsoletos.<\/p>\n<p>Ademais de <strong>\u201cNova\u201d<\/strong>, ter\u00e1 continuidade a categor\u00eda dedicada \u00f3 Entroido, entendendo o termo no seu m\u00e1is amplo sentido e cun significado metaf\u00f3rico de cambio de roles; <strong>\u201cEntroido &#8211; Outra mirada\u201d<\/strong> recoller\u00e1 obras que destr\u00faen as regras cartesianas, que crean espazos alternativos, obras que experimentan coa linguaxe cinematogr\u00e1fica, que manexan c\u00f3digos surrealistas e on\u00edricos. Novos xeitos de contar, cinema da emoci\u00f3n e da experiencia. \u00c9 a secci\u00f3n m\u00e1is libre do festival onde, como sucede co Entroido, todo pode suceder.<\/p>\n<p>Emigraci\u00f3n e Fronteira son as d\u00faas secci\u00f3ns que se unen para dar forma a unha \u00fanica categor\u00eda: <strong>\u201cMigraci\u00f3n\/Fronteira &#8211; Horizontes\u201d<\/strong>, na que se incidir\u00e1 na idea do horizonte como li\u00f1a imaxinaria e invisible, lonxana e inalcanzable, de gran violencia emocional e simb\u00f3lica como met\u00e1fora da Migraci\u00f3n. Por outra banda, o horizonte como\u00a0li\u00f1a que separa o aqu\u00ed do al\u00f3, como unha sorte de Fronteira entre onde estamos e calquer outro lugar.<\/p>\n<p>Alg\u00fans dos mellores filmes do mundo son feitos dende as beiras dun r\u00edo pequeno e silencioso; dada a singularidade do noso territorio, do Val do T\u00e1mega dividido pola Raia, e da nosa historia de Emigraci\u00f3n e Fronteira con todos os seus significados en \u00e1mbalas d\u00faas beiras, non pod\u00eda faltar unha categor\u00eda <strong>\u201cGalego\/Portuguesa -A Raia\u201d<\/strong>; nela poderanse ver unha selecci\u00f3n de curtas de cineastas de Galiza e Portugal.<\/p>\n<p>Deste xeito, o Festival Internacional de Curtas V\u00eda XIV vai contar con catro categor\u00edas na s\u00faa II Edici\u00f3n, mantendo a identidade coa que naceu, \u00e9 dicir, ofrecer unha ollada audiovisual creativa dos elementos que fan de Ver\u00edn e do Val do T\u00e1mega un territorio singular: o Entroido e a Raia. Tanto Seoane Fidalgo como Emilia Somoza coincidiron en afirmar que existen moi boas expectativas para a II Edici\u00f3n do FIC V\u00eda XIV, tendo en conta o \u00e9xito alcanzado na s\u00faa primeira edici\u00f3n.<\/p>\n<p>O enorme traballo que sup\u00f3n a organizaci\u00f3n e xesti\u00f3n dun gran evento como \u00e9 o FIC V\u00eda XIV fixo que o Concello de Ver\u00edn decidira contar coa Asociaci\u00f3n V\u00eda XIV para a co-organizaci\u00f3n desta II Edici\u00f3n. A Asociaci\u00f3n V\u00eda XIV est\u00e1 formada por t\u00e9cnicos de reco\u00f1ecido prestixio nos sectores Audiovisual e da Comunicaci\u00f3n, que ser\u00e1n tutelados polo propio Concello de Ver\u00edn como organizador do Festival.<\/p>\n<h5><strong>Equipo Directivo do FIC V\u00eda XIV de Ver\u00edn<\/strong><\/h5>\n<p>Coordinaci\u00f3n xeral: Emilia Somoza Basalo.<\/p>\n<p>Direcci\u00f3n:<br \/>\nCarlos Montero Zorrilla.<\/p>\n<p>Produci\u00f3n:<br \/>\nXos\u00e9 Lois Santiago Rodr\u00edguez.<\/p>\n<p>Creatividade Multimedia:<br \/>\nJorge God\u00e1s Limia.<\/p>\n<h5><strong>Premios FIC V\u00eda XIV 2017<\/strong><\/h5>\n<p>Se establecen los siguientes premios:<\/p>\n<ul style=\"margin-top: -20px;\">\n<li>Gran Premio do Xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe do Festival \u201cV\u00eda XIV\u201d: 1.500\u20ac e Trofeo.<\/li>\n<li>Premio do Xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe da Categor\u00eda Oficial ENTROIDO &#8211; OUTRA MIRADA: 750\u20ac e Trofeo.<\/li>\n<li>Premio do Xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe da Categor\u00eda Oficial MIGRACI\u00d3N\/FRONTEIRA-HORIZONTES: 750\u20ac e Trofeo.<\/li>\n<li>Premio do Xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe da Categor\u00eda Oficial GALEGO\/PORTUGUESA \u2013 A RAIA: 750\u20ac e Trofeo.<\/li>\n<li>Premio do Xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe da Categor\u00eda Oficial NOVA: 750\u20ac e Trofeo.<\/li>\n<li>Premio do p\u00fablico \u00e1 Mellor Curtametraxe: 600\u20ac e Trofeo.<\/li>\n<li>Premio AGAG \u00f3 Mellor Gui\u00f3n Produci\u00f3n Galega: 600\u20ac e Trofeo.<\/li>\n<li>Menci\u00f3n do Xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe: Diploma.<\/li>\n<li>Premio NUMAX \u00e1 Distribuci\u00f3n: unha semana en carteleira no cinema NUMAX de Santiago de Compostela.<\/li>\n<\/ul>\n<p>\t\t\t\t<img data-recalc-dims=\"1\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/presentacion-fic-via-xiv-2017-2.jpg?resize=1100%2C908\" alt=\"Presentaci\u00f3n FIC V\u00eda XIV 2017\" itemprop=\"image\" height=\"908\" width=\"1100\"  \/><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O FIC V\u00eda XIV 2017 ampliar\u00e1 a s\u00faa duraci\u00f3n, celebr\u00e1ndose do 1 \u00f3 10 de decembro en Ver\u00edn, para ofrecer m\u00e1is actividades \u00f3s asistentes. O prazo para a presentaci\u00f3n de curtas a concurso abrirase ma\u00f1\u00e1, 23 de setembro, e permanecer\u00e1 aberto \u00f3 longo dun mes. O Festival reorganiza as s\u00faas categor\u00edas co obxectivo de acoller [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10759,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10987","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/presentacion-fic-via-xiv-2017.jpg?fit=1100%2C820&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10987","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10987"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10987\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11333,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10987\/revisions\/11333"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10759"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10987"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10987"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10987"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}