{"id":10988,"date":"2017-02-21T18:55:48","date_gmt":"2017-02-21T17:55:48","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=1006"},"modified":"2024-06-19T17:44:23","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:23","slug":"o-festival-internacional-de-curtas-con-mais-de-2500-asistentes-deixa-en-verin-un-retorno-economico-valorado-en-mais-de-70-000-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/o-festival-internacional-de-curtas-con-mais-de-2500-asistentes-deixa-en-verin-un-retorno-economico-valorado-en-mais-de-70-000-euros\/","title":{"rendered":"O Festival Internacional de Curtas, con m\u00e1is de 2500 asistentes, deixa en Ver\u00edn un retorno econ\u00f3mico valorado en m\u00e1is de 70.000 euros"},"content":{"rendered":"<p><img data-recalc-dims=\"1\" fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-999\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/RUEDA-DE-PRENSA-15-02-2017.jpg?resize=1300%2C867\" alt=\"\" width=\"1300\" height=\"867\" \/><\/p>\n<ul>\n<li><strong><em>A proxecci\u00f3n da imaxe da vila grazas ao certame consolida o FICVer\u00edn como unha s\u00f3lida aposta cultural.<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<ul>\n<li><strong><em>Emilia Somoza confirmou que a segunda edici\u00f3n de Festival Internacional de Curtametraxes de Ver\u00edn ter\u00e1 lugar no pr\u00f3ximo mes de outubro.<\/em><\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>O Festival Internacional de Curtametraxes de Ver\u00edn VIA XIV ratifica o \u00e9xito da s\u00faa primeira edici\u00f3n con m\u00e1is de 2500 espectadores e un retorno econ\u00f3mico valorado en m\u00e1is de 70.000 euros. A proxecci\u00f3n da imaxe da vila grazas ao certame consolida o FICVer\u00edn como unha s\u00f3lida aposta cultural.<\/p>\n<p>As\u00ed o confirmaron esta ma\u00f1\u00e1 na Casa da Cultura Emilia Somoza, concelleira de Cultura; Carlos Montero, director do Festival e Xos\u00e9 Lois Santiago, director de Produci\u00f3n do evento. \u00c1 presentaci\u00f3n tam\u00e9n acudiron, Francisco P\u00e9rez, presidente da Asociaci\u00f3n de Hostaleiros de Ver\u00edn (aehcom) e Jos\u00e9 Manuel Rodr\u00edguez Bugallo, director do C.E.I.P Princesa de Espa\u00f1a (en representaci\u00f3n dos centro educativos participantes nas actividades infant\u00eds do festival).<\/p>\n<p>O FICVer\u00edn, que contou cun orzamento final de 40.400 euros, seleccionou este ano nas s\u00faas tres secci\u00f3ns oficiais 39 de obras internacionais de ficci\u00f3n, animaci\u00f3n e documental, todas elas dun gran nivel, procedentes de Galicia, Colombia, M\u00e9xico, Espa\u00f1a, Brasil e Luxemburgo. \u201cEn total\u201d, explicou Emilia Somoza, \u201c<strong>m\u00e1is de 1200 espectadores pasaron polas d\u00faas salas de proxecci\u00f3ns <\/strong>habilitadas no Auditorio Municipal e o Sal\u00f3n de Actos da Casa da Cultura\u201d. As curtametraxes internacionais que este ano integraron a secci\u00f3n oficial a concurso foron elixidos entre 650 traballos recibidos pola organizaci\u00f3n do FICVer\u00edn dun total de vinte e un pa\u00edses.<\/p>\n<p>A esta cifra debemos sumarlle a participaci\u00f3n nas diferentes actividades paralelas realizadas antes e durante o festival: conferencia tem\u00e1ticas previas (245 espectadores), actividades infant\u00eds (195), foros audiovisuais tem\u00e1ticos (328), gala inaugural (217) e gala final (310), o que nos d\u00e1 <strong>unha participaci\u00f3n total de m\u00e1is de 2500 persoas<\/strong>. \u201cTemos que ter en conta\u201d, explicou Xos\u00e9 Lois Santiago, director de produci\u00f3n do festival, \u201cque este fluxo econ\u00f3mico xerado polos espectadores, t\u00e9cnicos, voluntarios e concursantes supuxo un notable incremento do consumo de bens e servizos na vila durante a s\u00faa presenza no festival. Ese gasto trad\u00facese nuns <strong>8,50 euros por persoa<\/strong>, resultando un <strong>retorno econ\u00f3mico indirecto<\/strong> <strong>de m\u00e1is de 23.000 euros\u201d<\/strong>.<\/p>\n<p>No que a repercusi\u00f3n e impacto medi\u00e1tico ref\u00edrese, o certame -a pesar de ser a s\u00faa primeira edici\u00f3n- mantivo unha presenza constante antes e durante o festival en espazos internacionais, nacionais, rexionais e locais de radio, televisi\u00f3n e internet e prensa escrita. \u201cSe tiv\u00e9semos que facer unha valoraci\u00f3n econ\u00f3mica extrapolada de todos estes datos, \u00e9 dicir, se tiv\u00e9semos que pagar o custo dunha campa\u00f1a publicitaria con este impacto, estariamos a falar dunha cantidade que superar\u00eda <strong>os 25.000 euros (retorno inmaterial<\/strong>). Podemos dicir que o FICV deu o primeiro paso para po\u00f1er Ver\u00edn no mapa cultural internacional\u201d, recalcou Montero.<\/p>\n<p>Finalmente, a organizaci\u00f3n do FIC VER\u00cdN quixo destacar o <strong>gasto directo que se realizou na vila,<\/strong> resultando ser un importante investimento econ\u00f3mico nos seus distintos sectores produtivos e de servizos. A contrataci\u00f3n por parte do Festival de empresas, profesionais e persoal de Ver\u00edn c\u00edfrase en m\u00e1is de 25.000 euros, mentres que a contrataci\u00f3n de servizos para a produci\u00f3n (audiovisuais, iluminaci\u00f3n, son, etc.) alcanza case os 11.505 euros. Os servizos hostaleiros e de restauraci\u00f3n val\u00f3ranse ao redor de 4200 euros mentres que aqueloutros vinculados \u00e1 comunicaci\u00f3n, soportes e imaxe alcanzan 5.360 euros. Todo iso significa que a xesti\u00f3n orzamentaria desenvolvida polo Festival neste ano 2016 supuxo un <strong>total de gastos directos na vila de Ver\u00edn pr\u00f3ximos aos 23.000 euros.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Satisfacci\u00f3n na hostaler\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Francisco P\u00e9rez, presidente de aehcom, valorou moi positivamente a realizaci\u00f3n dun festival deste tipo, tanto desde un punto de vista cultural como econ\u00f3mico. \u201cpodemos afirmar que o Festival trouxo consigo un incremento da actividade hostaleira durante estes d\u00edas que, esperamos, aumente exponencialmente en futuras edici\u00f3ns\u201d.<\/p>\n<p>P\u00e9rez tam\u00e9n quixo destacar que este certame contrib\u00fae a atraer un p\u00fablico dun determinado nivel cultural que doutra forma seria dif\u00edcil atraer \u00e1 vila. \u201cNon s\u00f3 \u00e9 importante a cantidade de turistas, tam\u00e9n a s\u00faa calidade e a s\u00faa capacidade de vender a nosa marca ao exterior. Cremos que, neste sentido, o festival consegue vender unha imaxe de marca de Ver\u00edn cun alt\u00edsimo nivel de calidade\u201d.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><strong>Apoio do \u00e1mbito educativo<\/strong><\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Jos\u00e9 Manuel Rodr\u00edguez Bugallo, director do C.E.I.P Princesa de Espa\u00f1a, quixo destacar que este evento \u00e9 unha forma de po\u00f1er a Ver\u00edn no mapa. \u201c\u00c9 evidente que o impacto medi\u00e1tico que tivo o festival nos medios, tanto a nivel nacional como rexional e local, sup\u00f3n unha campa\u00f1a publicitaria cun valor que dificilmente nos poderiamos permitir pagar\u201d.<\/p>\n<p>Bugallo destacou tam\u00e9n que \u201co \u00e9xito do festival non fai m\u00e1is que confirmar que as actividades culturais si interesan \u00e1 xente en Ver\u00edn, se realmente p\u00f3\u00f1enllas ao seu alcance.\u201d<\/p>\n<p>Para terminar, o director do C.E.I.P Princesa de Espa\u00f1a quixo destacar que a s\u00faa valoraci\u00f3n como docente \u201cnon pode ser m\u00e1is positiva xa que todos os nenos quedaron encantados coas pel\u00edculas e coas actividades infant\u00eds. Podemos considerar que as expectativas xerais cumpr\u00edronse con fartura\u201d.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><strong>SEGUNDA EDICI\u00d3N<\/strong><\/p>\n<p>Por \u00faltimo, Emilia Somoza confirmou que a segunda edici\u00f3n de Festival Internacional de Curtametraxes de Ver\u00edn ter\u00e1 lugar no pr\u00f3ximo mes de outubro.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A proxecci\u00f3n da imaxe da vila grazas ao certame consolida o FICVer\u00edn como unha s\u00f3lida aposta cultural. Emilia Somoza confirmou que a segunda edici\u00f3n de Festival Internacional de Curtametraxes de Ver\u00edn ter\u00e1 lugar no pr\u00f3ximo mes de outubro.<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10762,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10988","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/RUEDA-DE-PRENSA-15-02-2017-scaled.jpg?fit=2560%2C1707&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10988","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10988"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10988\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11334,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10988\/revisions\/11334"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10762"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10988"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10988"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10988"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}