{"id":10989,"date":"2016-12-12T16:30:00","date_gmt":"2016-12-12T15:30:00","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=951"},"modified":"2024-06-19T17:44:23","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:23","slug":"gala-de-entrega-de-premios-do-festival-internacional-de-curtametraxes-de-verin-via-xiv","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/gala-de-entrega-de-premios-do-festival-internacional-de-curtametraxes-de-verin-via-xiv\/","title":{"rendered":"Gala de entrega de Premios do Festival Internacional de Curtametraxes de Ver\u00edn V\u00eda XIV"},"content":{"rendered":"<p><img data-recalc-dims=\"1\" fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-961\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/galaweb2.jpg?resize=1000%2C667\" alt=\"galaweb2\" width=\"1000\" height=\"667\" \/><\/p>\n<ul style=\"text-align: justify;\">\n<li><strong>\u201cUlises\u201d foi a gran triunfadora da noite, premiada con Mellor Director, Mellor Actor e Mellor Gui\u00f3n<\/strong><\/li>\n<li><strong>\u201c17 a\u00f1os juntos\u201d, de Javier Fresser, ga\u00f1a o Premio do p\u00fablico<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify;\"><!--more--><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A gala do I Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn V\u00eda XIV colgou o cartel de completo no Auditorio de Ver\u00edn. Tras unha semana de Festival, o xurado convertiu a curtametraxe Ulises coma a m\u00e1is premiada da noite. O filme conseguiu os trofeos de Mellor Director (Aitor Guti\u00e9rrez), Mellor Actor (C\u00e1ndido Uranga) e Mellor Gui\u00f3n. O premio a mellor actriz foi para Mar\u00eda Larralde de \u201cRestart\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nas tres categor\u00edas do Festival conseguiron o galard\u00f3n: \u201cRestart\u201d, dentro de Fronteira; O Moredo en Entroido; e Dente de Le\u00f3n en Emigraci\u00f3n. O premio do p\u00fablico recaeu en \u201c17 a\u00f1os juntos\u201d. Ademais o festival concedeu un Premio de Honor Especial ao verin\u00e9s Carlos Folgoso, fotoxornalista que expuxo as s\u00faas fotograf\u00edas no Auditorio de Ver\u00edn durante todo o certame. Tr\u00e1tase xa que logo dun reco\u00f1ecemento \u00e1 s\u00faa obra, centrada en d\u00faas das tem\u00e1ticas do Festival: Fronteira e Emigraci\u00f3n. O propio Folgoso tam\u00e9n \u00e9 un emigrante en Italia na actualidade e non deixa de reflexar na s\u00faa obra esa realidade, mesmo infiltr\u00e1ndose como un inmigrante nun Centro de Identificaci\u00f3n e Expulsi\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A gala estivo presentada por Alberto Rol\u00e1n (verin\u00e9s, co\u00f1ecido pola s\u00faa participaci\u00f3n en series coma <em>Terra de Miranda<\/em> o <em>Matalobos<\/em>) e Machi Salgado (quen o ano pasado recibiu o premio Mar\u00eda Casares polo seu papel protagonista na obra teatral <em>Feo<\/em>). E contou con actuaci\u00f3ns de luxo: Maren Ladson, que con tan s\u00f3 18 anos xa impresiona coa s\u00faa voz profunda e a s\u00faa m\u00fasica que mestura o folk co pop e o rock, serviu de adianto do lanzamento do seu primeiro disco, que sair\u00e1 a luz no 2017. Ademais, un equipo de seis persoas -integrado por Xabier Vaz interpretaron bandas sonoras de filmes moi populares. Varios. E mesmo os \u201ccigarr\u00f3ns\u201d, elemento clave do Entroido verin\u00e9s, fixeron a s\u00faa aparici\u00f3n no escenario.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais na gala estiveron presentes moitos dos directores das curtas presentadas no Festival, como por exemplo Oscar Doviso de <em>O Rebelde<\/em>, Charli Garc\u00eda de <em>Polo<\/em>, David V\u00e1zquez de <em>O Moredo, <\/em>David Oeo de <em>A\u00f1adir Contacto, <\/em>Juan Hervella-Rego de <em>Share o no Share <\/em>e H\u00e9ctor Dom\u00ednguez-Viguera de <em>El Pozo.<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os membros do xurado que asistiron foron Jorge Coira (importante director audiovisual galego), Ledicia Sola (actriz ourensana), Sandra Pinho (presidenta do cineclube de Chaves) e Emilia Somoza (concelleira de cultura de Ver\u00edn).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ao evento tam\u00e9n acudiu parte do reparto e equipo t\u00e9cnico da coproduci\u00f3n luso galaica Vidago Palace.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><img data-recalc-dims=\"1\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-958\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/galaweb.jpg?resize=1000%2C667\" alt=\"galaweb\" width=\"1000\" height=\"667\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>CR\u00d3NICA DA GALA<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A gala de clausura do Festival Internacional de Curtametraxes de Ver\u00edn estivo presentada por Alberto Rol\u00e1n e Machi Salgado. O gran evento comezou coa actuaci\u00f3n de Xavi Vaz, que interpretou o primeiro fragmento da banda sonora. A continuaci\u00f3n, intervi\u00fa, en representaci\u00f3n do equipo directivo, a coordinadora xeral do FIC, Emilia Somoza, para saudar aos asistentes e, posteriormente, tivo lugar a actuaci\u00f3n musical de Marem Ladson.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A presentaci\u00f3n da primeira tanda de premios incluiu o galard\u00f3n a Mellor gui\u00f3n e Mellor curta de Emigraci\u00f3n. Esta primeira parte finalizou coa interpretaci\u00f3n da segundo fragmento da banda sonora da man de Xavi Vaz.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A segunda tanda de premios incl\u00fae o reco\u00f1ecemento a Mellor Actriz, Mellor Actor, Mellor curta Fronteira. Esta parte tam\u00e9n finalizou cunha actuaci\u00f3n musical, esta vez con Marem Ladson.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por \u00faltimo, na terceira tanda de premios, recibiron premio os galardonados nas seguintes categor\u00edas: Mellor Director, Premio do P\u00fablico e Mellor curta Entroido. Esta parte finalizou coa actuaci\u00f3n musical de Xavi Vaz, que interpretou o terceiro fragmento da banda sonora.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>CURTAS PREMIADAS<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Ulises, <\/strong>curta espa\u00f1ola dirixida por Aitor Guti\u00e9rrez e producida por Jon D\u00edez Dom\u00ednguez, obt\u00e9n triple vitoria: \u00e9 premiada con Mellor Director, Mellor Gui\u00f3n e Mellor Actor. O protagonista do filme, Ulises, \u00e9 un home solitario cun plan moi especial. Pasa un d\u00eda e unha noite nun hotel. E nese breve espacio temporal \u00e9 capaz de conseguir ser seis persoas distintas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Dent de lle\u00f3<\/strong>, curta espa\u00f1ola dirixida e producida por Jorge Bellver, resultou ga\u00f1adora do premio a Mellor Curta no bloque de Emigraci\u00f3n. Este traballo recolle a voo dun dente de le\u00f3n que simboliza a emigraci\u00f3n africana a Europa. O dente comeza a s\u00faa viaxe cando unha nena decide que acompa\u00f1e ao seu pai, o cal marchaba a outro lugar na procura de ingresos para a familia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Restart, <\/strong>curta espa\u00f1ola dirixida por Olga Osorio e producida por Juan Gali\u00f1ales, saiu vitoriosa cun premio \u00e1 Mellor Actriz para Mar\u00eda Larralde. Ela interpreta a unha muller que \u00e9 v\u00edtima dos experimentos dunha empresa que investiga a execuci\u00f3n de viaxes no tempo. \u00c9 a historia dun bucle temporal que non deixar\u00e1 a ningu\u00e9n indiferente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>O Moredo<\/strong>, dirixido por David V\u00e1zquez \u00e9 un documental sobre o Entroido Ribeirao. Unha peza da gran valor hist\u00f3rico que recolle o testimonio de varias xeraci\u00f3ns sobre esta singular celebraci\u00f3n, que agora xa s\u00f3 se mant\u00e9n na aldea de O Moredo. Un achegamento a un Entroido diferente para po\u00f1er en valor, da man dos que m\u00e1is o co\u00f1ecen, o seu car\u00e1cter \u00fanico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>17 a\u00f1os juntos<\/strong> \u00e9 a historia dunha familia de emigrantes que traballan como empregados de fogar nunha casa espa\u00f1ola para tentar que o seu fillo poida vir de Sudam\u00e9rica e vivir con eles. Javier Fresser, ga\u00f1ador de 13 Goyas, dirixe esta conmovedora historia sobre o valor da familia e os regalos inesperados.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cUlises\u201d foi a gran triunfadora da noite, premiada con Mellor Director, Mellor Actor e Mellor Gui\u00f3n \u201c17 a\u00f1os juntos\u201d, de Javier Fresser, ga\u00f1a o Premio do p\u00fablico<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10764,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-10989","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2016\/12\/galaweb2.jpg?fit=1000%2C667&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10989","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10989"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10989\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11335,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10989\/revisions\/11335"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10764"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10989"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10989"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10989"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}