{"id":11002,"date":"2016-11-24T18:21:36","date_gmt":"2016-11-24T17:21:36","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=543"},"modified":"2024-06-19T17:44:23","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:23","slug":"o-festival-internacional-de-curtas-de-verin-via-xiv-presenta-o-seu-xurado-oficial","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/o-festival-internacional-de-curtas-de-verin-via-xiv-presenta-o-seu-xurado-oficial\/","title":{"rendered":"O FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE VER\u00cdN -V\u00cdA XIV- PRESENTA O SEU XURADO OFICIAL"},"content":{"rendered":"<p><img data-recalc-dims=\"1\" fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-full wp-image-548\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/JURADO-MONTAJE.jpg?resize=1300%2C336\" alt=\"jurado-montaje\" width=\"1300\" height=\"336\" \/><\/p>\n<ul>\n<li><strong>O festival contar\u00e1, na s\u00faa primeira edici\u00f3n, cun xurado de primeiro nivel integrado por Jorge Coira, Ledicia Sola, Sandra Pinho, Alberte Branco e Emilia Somoza<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>O xurado do <strong>I Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn V\u00eda XIV<\/strong>, evento que ter\u00e1 lugar na vila entre os d\u00edas 5 e 11 de decembro, contar\u00e1 na s\u00faa primeira edici\u00f3n cun xurado de primeiro nivel. Estar\u00e1 integrado por Jorge Coira, Ledicia Sola, Sandra Pinho, Alberte Branco e Emilia Somoza. A funci\u00f3n deste organismo ser\u00e1 avaliar as curtometraxes seleccionadas segundo os criterios e co\u00f1ecementos que te\u00f1en estas relevantes figuras dentro do \u00e1mbito audiovisual.<\/p>\n<p><strong>Jorge Coira <\/strong>naceu na localidade lucense de R\u00e1bade. \u00c9 un importante director, guionista e montador tanto de cine como de televisi\u00f3n. Cunha formaci\u00f3n autodidacta, comezou a s\u00faa andaina profesional a finais dos anos 90. Dende ent\u00f3n, a traxectoria do rabanense mant\u00e9n unha tendencia exitosa. Destacan as s\u00faas curtametraxes <em>Mofa e Befa en Gran liquidaci\u00f3n <\/em>e <em>O matach\u00edn<\/em>, as longametraxes <em>O ano da carracha <\/em>e <em>18 comidas <\/em>e os documentais <em>Torre de Breogh\u00e1n<\/em>, <em>\u00bfQu\u00e9 culpa tiene el tomate? <\/em>e <em>D\u00edas de reparto. <\/em>En televisi\u00f3n, participou en proxectos con moita repercusi\u00f3n como as series <em>Luci <\/em>e<em> RIS. <\/em>No presente ano, recibiu un Goya pola montaxe do filme <em>El desconocido<\/em>.<\/p>\n<p>A actriz ourens\u00e1 <strong>Ledicia Sola <\/strong>\u00e9 co\u00f1ecida polo seu traballo en series de televisi\u00f3n, cine e teatro. Participou nas series <em>Gran reserva, O nord\u00e9s <\/em>e <em>Periodistas<\/em>, entre moitas outras, representando en cada unha os papeis de M\u00f3nica Robledano, Eva Mouzo e Aissa respectivamente. Tam\u00e9n traballou nas curtometraxes <em>A trav\u00e9s del espejo <\/em>e <em>El gol en propia meta<\/em>. No teatro, formou parte das obras <em>El apag\u00f3n <\/em>e <em>Amigos ata a morte. <\/em>Esta polifac\u00e9tica int\u00e9rprete puxo en escena o papel de Viguesa en <em>A esmorga <\/em>e de Nina en <em>Os fen\u00f3menos. <\/em>Por este \u00faltimo proxecto recibiu o premio Meste Mateo por Mellor Actriz de Reparto no ano 2014.<\/p>\n<p><strong>Sandra Pinho <\/strong>naceu en Angola. Aos 7 anos mudouse a unha aldea de Montealegre. M\u00e1is adiante, remataba os seus estudos universitarios de Xeolox\u00eda na cidade de Oporto. Actualmente vive en Vilarelho da Raia e \u00e9 profesora da materia Biolox\u00eda e Xeolox\u00eda en Chaves. \u00c9 a presidenta do cineclub de Chaves, asociaci\u00f3n que realiza anualmente a mostra de cinema <em>\u00c0 Raia! <\/em>coa finalidade de promover e divulgar o s\u00e9timo arte portugu\u00e9s e galego.<\/p>\n<p><strong>Alberte Branco<\/strong>, membro da Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola de autores de obras Cinematogr\u00e1ficas e da Academia Galega do Audiovisual, xa leva na s\u00faa traxectoria de director de fotograf\u00eda nove longametraxes tanto de ficci\u00f3n coma de non ficci\u00f3n. Conta con catro premios pola s\u00faa labor profesional: o de Melhor Fotograf\u00eda pola longa-metragem <em>Os fen\u00f3menos <\/em>do Festival Ibero-Americano de Cinema en Fortaleza; o de Mellor Direcci\u00f3n de Fotograf\u00eda nos Premios Mestre Mateo por <em>Encallados<\/em> e <em>Vilamor<\/em> e o Best Cinematography no New York City Film Festival por <em>Vilamor<\/em>.<\/p>\n<p><strong>Emilia Somoza<\/strong>, natural de Viana do Bolo, \u00e9 a Concelleira de Cultura de Ver\u00edn. Ademais, \u00e9 membro do equipo directivo do Festival Internacional de Curtas V\u00eda XIV. Dende hai 8 anos participa nun grupo teatral da vila. Participa anualmente na preparaci\u00f3n do Festival de Teatro Entreculturas, que xa cumpre 7 anos. A finalidade desta cita \u00e9 co\u00f1ecer e interactuar con outros grupos teatrais tanto da Galiza coma de Portugal, deixando apertura tam\u00e9n para o resto de comunidades do Estado Espa\u00f1ol.<\/p>\n<p><strong>PREMIOS DO FIC VER\u00cdN<\/strong><\/p>\n<p>Os premios que ser\u00e1n otorgados polos membros do xurado son os seguintes:<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Premio do xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe Categor\u00eda Entroido: 1000 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe Categor\u00eda Emigraci\u00f3n: 1000 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe Categor\u00eda Fronteira: 1000 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado ao Mellor Gui\u00f3n: 600 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado ao Mellor Actor: 600 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado \u00e1 Mellor Actriz: 600 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado ao Mellor Director: 600 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>\u00a0<\/strong>A maiores, ser\u00e1 o propio p\u00fablico asistente ao certame os que, mediante un sistema de votaci\u00f3n por papeletas, elixir\u00e1<strong> o Premio do p\u00fablico \u00e1 Mellor curtametraxe de 600 euros e Trofeo<\/strong><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O festival contar\u00e1, na s\u00faa primeira edici\u00f3n, cun xurado de primeiro nivel integrado por Jorge Coira, Ledicia Sola, Sandra Pinho, Alberte Branco e Emilia Somoza<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10783,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-11002","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/JURADO-MONTAJE.jpg?fit=2500%2C646&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11002","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11002"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11002\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11342,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11002\/revisions\/11342"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10783"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11002"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11002"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11002"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}