{"id":11010,"date":"2016-06-23T17:07:04","date_gmt":"2016-06-23T15:07:04","guid":{"rendered":"http:\/\/roijusto.com\/?p=180"},"modified":"2024-06-19T17:44:23","modified_gmt":"2024-06-19T15:44:23","slug":"fronteiras-emigracion-e-entroido-piares-de-via-xiv-primeiro-festival-internacional-de-curtas-de-verin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/fronteiras-emigracion-e-entroido-piares-de-via-xiv-primeiro-festival-internacional-de-curtas-de-verin\/","title":{"rendered":"Fronteiras, Emigraci\u00f3n e Entroido piares de VIA XIV,  Primeiro Festival Internacional de Curtas de Ver\u00edn"},"content":{"rendered":"<p>\t\t\t\t<img data-recalc-dims=\"1\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/roijusto.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/presentacion-via-xiv-festival-internacional-de-cortos-de-verin.jpg?w=1300\" alt=\"Presentaci\u00f3n Festival de curtas de Ver\u00edn V\u00eda XIV\" itemprop=\"image\"  \/><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Ver\u00edn, 23 de xu\u00f1o de 2016<\/strong>. A \u00e1rea de Cultura do Concello de Ver\u00edn, tras conseguir consolidar propostas de teatro, m\u00fasica e cinema na vila, aposta agora por unha iniciativa audiovisual de primeiro nivel. Tr\u00e1tase de V\u00cdA XIV, o primeiro Festival Internacional de Curtametraxes de Ver\u00edn. Cun orzamento inicial de 20.000 euros, o festival celebrarase do 5 ao 11 de decembro, co Auditorio Municipal e a Casa da Cultura como epicentros das proxecci\u00f3ns, e estar\u00e1 formada por <strong>tres secci\u00f3ns a concurso: Fronteiras, Emigraci\u00f3n e Entroido<\/strong>. Paralelamente, organizaranse conferencias tem\u00e1ticas complementarias \u00e1s secci\u00f3ns competitivas, un taller de realizaci\u00f3n de curtos e actividades did\u00e1cticas audiovisuais para os m\u00e1is pequenos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">As\u00ed o confirmaron esta ma\u00f1\u00e1 na Casa da Cultura Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Ver\u00edn; Emilia Somoza (Concelleira de Cultura) e Carlos Montero (responsable do Departamento Municipal de Comunicaci\u00f3n), Coordinadores xerais do festival; e Xos\u00e9 Lois Santiago, Director de Produci\u00f3n do evento.<\/p>\n<blockquote>\n<p>V\u00cdA XIV conta cun orzamento inicial de 20.000 euros que asegura o funcionamento b\u00e1sico desta primeira edici\u00f3n do festival<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">Diego Lourenzo explicou na s\u00faa intervenci\u00f3n que esta nova acci\u00f3n cultural do Concello de Ver\u00edn <strong>\u201cbusca converter \u00e1 nosa vila nun referente do audiovisual, non s\u00f3 en Galicia, sen\u00f3n m\u00e1is al\u00f3 das nosas fronteiras\u201d<\/strong>. Por outra banda, Lourenzo destacou a gran capacidade deste tipo de eventos para xerar un forte impacto tur\u00edstico na zona. \u201cPodemos asegurar, utilizando como referencia outros eventos similares, que un m\u00ednimo dun terzo do orzamento do festival retornar\u00e1 directamente ao propio municipio\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">En canto \u00e1 identidade do Festival, Emilia Somoza explicou que <strong>\u201ca nosa idea estaba clara desde o principio. Queriamos falar de \u201ca raia\u201d, do concepto de fronteira pero sen fronteira<\/strong>. No momento que xeograficamente pasas \u201ca raia\u201d para vivir al\u00e9n, formas parte da emigraci\u00f3n, consecuencia directa das fronteiras\u201d. Da mesma maneira, Somoza explicou que \u201ccuriosamente\u201d algo que non atende a \u201craias\u201d nin fronteiras, e que se mant\u00e9n fiel \u00e1s s\u00faas orixes, \u00e9 o Entroido; \u201ca nosa identidade por excelencia\u201d. Tomando como base esta identidade, o equipo de VIA XIV estableceu as s\u00faas tres categor\u00edas a concurso: FRONTEIRA, EMIGRACI\u00d3N E ENTROIDO.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u201cNecesitabamos buscar alg\u00fan nexo, un cami\u00f1o de uni\u00f3n para esta identidade e as\u00ed chegamos \u00e1 VIA XIV, cami\u00f1o que uniu desde tempos inmemorables o territorio de Espa\u00f1a e Portugal desde o pasado, \u00fanenos no presente, e uniranos no futuro. Un cami\u00f1o palpable representado por miliarios que atravesan as nosas terras sen atender a \u201craias\u201d, ideolox\u00edas, linguas&#8230; marcando unicamente un cami\u00f1o de cultura, universal, no que <strong>iniciamos esta primeira etapa do primeiro Festival internacional de Curtas de Ver\u00edn, coa firme idea de perpetuar a s\u00faa funci\u00f3n como nexo cultural, de novas ideas, e de progreso\u201d<\/strong>, finalizou Somoza.<\/p>\n<blockquote>\n<p>Os interesados en presentar a s\u00faa curta poder\u00e1n inscribirse desde hoxe ata o 31 de outubro na web do festival<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\">Segundo sinalo Carlos Montero, responsable do Departamento de Comunicaci\u00f3n Municipal e Coordinador do festival, VIA XIV tomar\u00e1 como epicentro das s\u00faas proxecci\u00f3ns o Auditorio Municipal e a Casa da Cultura e estar\u00e1 constitu\u00eddo por tres secci\u00f3ns a concurso: Fronteiras, Entroido e Emigraci\u00f3n. <strong>\u201cTodas elas admitir\u00e1n curtametraxes enmarcadas nas categor\u00edas cinematogr\u00e1ficas de ficci\u00f3n, documental ou musical nos que a s\u00faa tem\u00e1tica, li\u00f1a argumental ou localizaci\u00f3n estean relacionadas coa secci\u00f3n para a que se participa\u201d, puntualizou o coordinador do evento<\/strong>. Por \u00faltimo, o responsable municipal de Comunicaci\u00f3n comunicou que a entrada ao festival ser\u00e1 de car\u00e1cter gratu\u00edto e informou que todas as persoas interesadas en participar no festival poden inscribirse na web <a href=\"http:\/\/roijusto.com\/\">www.ficverin.com<\/a> desde hoxe, 23 de xu\u00f1o, ata o 31 de outubro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por outra banda, Montero explicou que se establecen os seguintes premios, con dotaci\u00f3n econ\u00f3mica e galard\u00f3ns:<\/p>\n<ul style=\"text-align: justify;\">\n<li><strong>Premio do xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe Categor\u00eda Entroido: 1000 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe Categor\u00eda Emigraci\u00f3n: 1000 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado \u00e1 Mellor Curtametraxe Categor\u00eda Fronteira: 1000 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado ao Mellor Gui\u00f3n: 600 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado ao Mellor Actor: 600 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado \u00e1 Mellor Actriz: 600 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do xurado ao Mellor Director: 600 euros e Trofeo.<\/strong><\/li>\n<li><strong>Premio do p\u00fablico \u00e1 Mellor curtametraxe: 600 euros e Trofeo<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<blockquote>\n<p>O festival realizar\u00e1 conferencias tem\u00e1ticas complementarias \u00e1s secci\u00f3ns competitivas, un taller de realizaci\u00f3n de curtametraxes e actividades did\u00e1cticas audiovisuais para os m\u00e1is pequenos<\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Pola s\u00faa banda, Xose Lois Santiago, Director de Produci\u00f3n do Festival, quixo destacar que \u201co orzamento inicial dos 20.000 euros permite asegurar o funcionamento b\u00e1sico desta primeira edici\u00f3n do festival<\/strong>. De todas as maneiras\u201d, continuou Santiago, \u201cesperamos complementar este primeiro orzamento coa incorporaci\u00f3n de patrocinadores que permitan ampliar as actividades culturais paralelas\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por \u00faltimo, o Director de Produci\u00f3n do Festival confirmou que <strong>haber\u00e1 unha serie de actividades paralelas no festival \u201ccomo son conferencias tem\u00e1ticas complementarias \u00e1s secci\u00f3ns competitivas, un taller de realizaci\u00f3n de curtos e actividades did\u00e1cticas audiovisuais para os m\u00e1is pequenos<\/strong>, que se ir\u00e1n programando nos meses previos ao festival\u201d.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ver\u00edn, 23 de xu\u00f1o de 2016. A \u00e1rea de Cultura do Concello de Ver\u00edn, tras conseguir consolidar propostas de teatro, m\u00fasica e cinema na vila, aposta agora por unha iniciativa audiovisual de primeiro nivel. Tr\u00e1tase de V\u00cdA XIV, o primeiro Festival Internacional de Curtametraxes de Ver\u00edn. Cun orzamento inicial de 20.000 euros, o festival celebrarase [&hellip;]<\/p>","protected":false},"author":2,"featured_media":10757,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[171],"tags":[],"class_list":["post-11010","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-hemeroteca_gl"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/i0.wp.com\/www.ficviaxiv.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/presentacion-via-xiv-festival-internacional-de-cortos-de-verin.jpg?fit=1100%2C650&ssl=1","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11010","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11010"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11010\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11349,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11010\/revisions\/11349"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10757"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11010"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11010"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.ficviaxiv.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11010"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}