BASES DO CONCURSO
BASES CONCURSO OFICIAL 2025
- As curtametraxes presentadas a concurso deberán terse realizado con posterioridade a xaneiro de 2024.
- A participación no concurso é aberta e pode participar calquera persoa afeccionada ou profesional de calquera nacionalidade.
- Valorarase que as obras a concurso sexan estreas galegas, españolas ou internacionais. Especialmente, darase prioridade a obras inéditas en Galicia para a categoría A Raia. A intención de estrea darase a coñecer durante a inscrición na sección de comentarios.
- Valorarase especialmente que as obras presentadas reflictan perspectivas innovadoras e comprometidas coa diversidade cultural, de xénero ou social.
- Aceptaránse películas de menos de 30 minutos de calquera xénero. A organización decidirá en que categoría considera colocar cada película e comunicarallo aos autores antes de pechar a programación.
- Cada autor poderá inscribir ata tres traballos na mesma edición do festival.
- No caso de obter algún dos premios que outorga o Festival, os gañadores incluíran unha referencia escrita a dito premio ao inicio de todas as copias da película que distribúan para a súa exhibición en salas comerciais e/ou en certames audiovisuais, así como en todo o material informativo. Dita referencia consistirá nun texto co tipo de premio outorgado, acompañado invariablemente da imaxe corporativa (logotipo e denominación) do Festival Internacional de Verín Vía XIV, que será facilitada pola organización.
- Non se seleccionarán obras enviadas previamente ao FIC Vía XIV.
- Quedan excluídos os vídeos publicitarios e/ou comerciais.
- O prezo de inscrición dunha curtametraxe no FIC Vía XIV será de tres euros no límite estándar, 4 euros no límite tardío e 5 euros no límite ampliado.
I. O pago realizarase a través da Plataforma Festhome ou PayPal. A inscrición só será efectiva cando se teña pagado a taxa.
II. Para a preselección, as obras deben cargarse no seguinte formato:
MPEG4 AVC (códec H264).
Velocidade máxima de transferencia de bits: 3000 kbps.
Audio: AAC.
Subtítulos incorporados.
Resolución mínima: 720 x 480p.
- As películas seleccionadas deberán incluír subtítulos en castelán, galego ou inglés.
- Todas as curtametraxes deberán ter o seguinte formato de proxección:
AVI, MOV, MP4 ou MPEG (códec H264)
Taxa de bits máxima 8000 kbps
Audio estéreo AAC.
Resolución: 720 x 576 ou superior.
Subtítulos: Os curtos que non teñan o idioma orixinal en castelán ou galego deberán enviarse con subtítulos incrustados na imaxe en galego ou castelán. De non ser así, deberá enviarse un arquivo de subtítulos en inglés adxunto, preferiblemente en formato srt.
- O festival resérvase o dereito de modificar o formato ou rexeitar calquera curtametraxe – previo aviso – que non cumpra cos requisitos técnicos e de proxección expresados nas bases ou coa calidade mínima de proxección esixida.
- Así mesmo, toda curtametraxe que requira algún tipo de necesidade técnica e de proxección propia (Betacam, S-8, S-16, etc.) será avaliada e autorizada pola organización do Festival.
- No caso de que unha curtametraxe resulte seleccionada, o seu representante legal deberá enviar tres imaxes, un tráiler da obra, sinopse, ficha técnica e calquera outro material que a organización considere axeitado para ser utilizado nas publicacións do Festival, en calquera dos medios empregados. Tamén deberá autorizar o uso do tráiler para a difusión do Festival e das propias obras.
- O festival só contactará cos representantes das películas seleccionadas. O horario de proxección de cada curtametraxe, así como as actividades paralelas, anunciaranse antes do inicio do festival na nosa web e nas redes sociais.
- Aínda que o festival non abonará dereitos de exhibición, as películas seleccionadas recibirán promoción nas redes sociais e nas publicacións asociadas ao certame.
- As obras seleccionadas exhibiranse como parte da programación da IX Edición do Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV de Verín, que se celebrará entre o 28 de agosto e o 6 de setembro de 2025.
- O FIC Vía XIV de Verín aceptará obras en dúas categorías temáticas:
Establécense os seguintes premios:
- Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe na Categoría Oficial A RAIA: 1.000 € e Trofeo.
- Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe na Categoría Oficial NOVA: 1.000 € e Trofeo.
- Premio do Público á Mellor Curtametraxe: 600 € e Trofeo.
- Premio do Xurado Novo: Premio non monetario.
A RAIA. Algunhas das mellores películas do mundo fanse desde as beiras dun río pequeno e silencioso… Dada a singularidade do noso territorio, o Val do Támega, dividido pola Raia, e da nosa historia de emigración e fronteira con todos os seus significados en ambas beiras, esta categoría acollerá curtametraxes de cineastas de Galicia e Portugal.
NOVA. Nesta categoría xeramos un espazo para películas contemporáneas de temáticas variadas, cine de autor/a; obras que non se rexen por formatos industriais obsoletos.
- No caso de resultar gañadores, a organización porase en contacto vía correo electrónico cos representantes das curtametraxes.
- Documentación necesaria para o cobro do premio:
Recibo e certificado de domicílio fiscal ou documento similar. O prazo límite de entrega da documentación será de 30 días. No caso de non recibirse, a organización resérvase o dereito de pagamento do premio.
Documentación a entregar:
- Carta de pago
- Documento proporcionado polo festival
- Certificado de residencia fiscal (se a curtametraxe non é española)
- No caso de empate entre dúas curtametraxes (ex aequo), o premio repartirase entre os gañadores. A contía económica dos premios está suxeita á retención á conta que determine a lexislación fiscal española vixente no momento do pagamento e entenderase, en todo caso, incluída na asignación económica dos ditos premios.
- Os premios están suxeitos ás retencións na orixe de cada país que estean vixentes por lei no momento do Festival, a partir de setembro de 2025.
- O trofeo físico só se entregará se un membro do equipo acode persoalmente a recoller o premio na gala final. De non ser así, os interesados no seu envío (franqueo postal) deberán comunicalo expresamente.
- O representante legal da curtametraxe comprométese a presentar obras cuxo contido sexa orixinal e cuxos dereitos lle correspondan. A organización non se fai responsable de problemas posteriores neste sentido.
- As obras premiadas poderán ser exhibidas na súa totalidade despois da celebración do certame, nun circuíto de actos promocionais do Festival de Curtas Vía XIV de Verín, así como en ciclos externos, designándose sempre ao representante legal. Estas accións non poderán ter afán recadatorio e a organización porase previamente en contacto co equipo de cada curtametraxe seleccionada para informar sobre a actividade concreta.
- O xurado oficial estará composto por profesionais do ámbito audiovisual. O xurado poderá establecer cantas mencións especiais, premios de consolación e premios ex aequo considere, así como declarar desertos os premios. A súa decisión será definitiva.
- O Xurado Novo estará formado por menores de 30 anos vencellados ao sector cultural ou audiovisual. Poderán establecer cantas mencións especiais, premios de consolación e premios ex aequo consideren, así como declarar desertos os premios. A súa decisión será definitiva.
- Para o Premio do Público, a votación realizarase mediante papeleta que se entregará aos asistentes en cada sesión. A obra coa puntuación media máis alta será a gañadora.
- A persoa física ou xurídica que formalice a inscrición dunha obra no FIC Vía XIV acepta irrevogablemente as bases do Festival.
- O equipo directivo resérvase o dereito de modificar ou ampliar as súas bases de participación, facéndoas públicas antes do inicio do Festival.
- En caso de conflito imprevisto ou incumprimento destas regras, a dirección do Festival conserva a súa soberanía e resérvase o poder da decisión final.
LAURELES

