XURADO NOVO
Obxectivo do Premio
O “Premio Xurado Novo” do FIC Vía XIV de Verín busca involucrar á mocidade no contexto do festival, permitindo que persoas novas interesadas no ámbito do cinema ou da cultura coñezan de primeira man o funcionamento dun certame destas características, se relacionen con cineastas e accedan a contidos alternativos de alta calidade.
Bases do proceso de selección do Xurado Novo para a 10º edición do FIC Vía XIV de Verín
Esta convocatoria responde ao proceso de selección do Xurado Novo para a 10º edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebrará entre os días 28 de agosto e 6 de setembro de 2025.
O Xurado Novo estará conformado por cinco persoas, cuxo veredicto resolverá o “Premio Xurado Novo do FIC Vía XIV”.
Participantes
- Poderá participar calquera persoa entre 16 e 30 anos.
- Aínda que non será imprescindible, valorarase positivamente que:
- Colaboren noutros proxectos culturais ou artísticos.
- Cursen formación relacionada co audiovisual ou as artes.
- A persoa teña relación directa coa contorna de Verín, Ourense ou o Alto Támega – Tras os Montes.
O comité de selección estará conformado polo persoal do FIC Vía XIV e a Asociación Cultural Vía XIV.
O proceso de selección terá en conta criterios de igualdade e diversidade, así como a representación de distintos perfís culturais e sociais.
Non poderán formar parte do Xurado Novo aquelas persoas que xa participaran en anteriores edicións como parte do Xurado Oficial ou do Xurado Novo.
Presentación de solicitudes e documentación
As solicitudes deberán presentarse a través do formulario dispoñible na web www.ficviaxiv.com
Prazo de solicitude: Do 15 de marzo ao 10 de xuño de 2025.
As persoas seleccionadas deberán enviar posteriormente:
- Imaxe de perfil.
- Fotocopia do DNI
- Permiso escrito de autoritzación dos titores legais no caso de ser menores de idade.
Os datos facilitados serán tratados conforme á normativa vixente en materia de protección de datos, garantindo a súa confidencialidade e empregándose exclusivamente para os fins relacionados co proceso de selección.
Selección e comunicación
- O equipo do festival porase en contacto coas solicitantes para confirmar a recepción da inscrición o antes posible dende o correo producion@ficviaxiv.com
- A organización seleccionará tres candidatas ou candidatos, que serán notificados polo equipo de produción do festival unha vez remate o prazo de recepción de solicitudes o 10 de xuño.
- Unha vez confirmada a súa participación, a selección será publicada na web oficial do festival.
- Todas as persoas inscritas, sexan ou non seleccionadas, recibirán pases gratuítos para asistir ás proxeccións oficiais do festival. A organización contactará directamente para facilitar o procedemento de obtención dos pases.
Condicións de participación
- Ser membro do Xurado Novo implicará dispoñibilidade presencial durante os días do certame.
- Os membros deberán visionar todas as curtametraxes a concurso, asistindo ás proxeccións presenciais.
- Será obrigatoria unha xuntanza presencial para a deliberación final.
- O festival cubrirá os gastos de desprazamento e aloxamento para as persoas seleccionadas que non residan na contorna de Verín.
Cada membro recibirá:
- Acreditación de equipo.
- Pase ilimitado para proxeccións.
- Acceso ás actividades paralelas audiovisuais programadas durante o festival.
- Acceso ás actividades formativas programadas durante o festival.
- Acceso aos cáterings oficiais.
Formato e entrega do veredicto
- O Xurado Novo emitirá un veredicto por escrito, que se entregará á Dirección do festival tras unha reunión deliberativa.
- Este veredicto determinará un único gañador entre as curtametraxes das seccións NOVA e A RAIA.
- Poderán outorgar premios ex aequo
A organización explicará previamente o proceso e resolverá calquera dúbida.
Idioma e accesibilidade
As proxeccións das curtametraxes estarán subtituladas ao galego ou ao castelán, garantindo o acceso e comprensión por parte de todo o público. O festival procura ofrecer actividades inclusivas e accesibles, facilitando a participación de persoas con diversas necesidades.
LAURELES