XURADOS

OFICIAL

NORA SOLA

Xornalista, empresaria e directora de sete edicións do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, Nora Sola é unha profesional que estivo toda a súa vida vinculada aos medios de comunicación. Posúe unha ampla experiencia en prensa, radio e televisión que abarca todos os campos, desde a produción ata a dirección en todos e cada un dos seus proxectos. Na actualidade, e tras a súa xubilación, é colaboradora habitual en diferentes programas de radio e televisión, coordinadora do Club de Lectura e do Grupo de Teatro Lido Berenguela, así como vicepresidenta do Club de Leones Ourense Calpurnia.

Severiano Casalderrey

Docente, ensaísta, crítico e curador de cinema. Resultou gañador na categoría de ensaio de cinema internacional nos VI Premios María Luz Morales (2022), ademais dun accésit na edición anterior. É membro da Academia de Cine de España (responsable dos Premios Goya) e da Academia Galega do Audiovisual (organizadora dos Premios Mestre Mateo). Foi director do festival de animación ANIRMAU (2010-13), ademais de formar parte do equipo de programación do FICBUEU (2012-23). Na actualidade, desenvolve a súa actividade no festival de animación IMAXINARIA (A Coruña) e outros proxectos da produtora viguesa Abella Producións. De igual xeito, participou como xurado en máis de 15 festivais internacionais como o Cinanima, TIDCA-Taipei, Curtas Vila do Conde o PortoFemme, entre outros.

Teatro Experimental Flaviense (TEF)

Este ano o FIC Vía XIV colabora co Festival Entrecurtas de Chaves para crear sinerxías alén da Raia a través do cinema. Por iso, o xurado oficial do FIC tamén contará co voto de membros do Entre Curtas, festival organizado polo Teatro Experimental Flaviense (TEF). Participarán Alexandrina Maria Diz Martins (presidente da dirección do TEF), Ana Catarina Borges ponteira (secretaria da dirección do TEF ) e Pedro Guerra de Freitas (técnico audiovisual do TEF), sendo a portavoz Alexandrina Maria Diz Martins.

NOVO

MIGUEL QUINTAS
LUIS PACHECO
DANI GARCÍA
CARLOS ARAUJO

ORGANIZA:

ALTO PATROCINIO:

CONTACTO

ESCRÍBENOS! RESPONDERÉMOSCHE
AXIÑA POR CORREO

Contacta

LAURELES