CATEGORÍAS

 

A RAIA

Algúns dos mellores filmes do mundo nacen nas marxes, alí onde as identidades se entrelazan e as lindes se difuminan. 

No Val do Támega, a Raia non é só a fronteira divisoria entre Galicia e Portugal, senón un espazo de encontro, memoria e intercambio constante. As xentes da zona viven a un e outro lado da Raia en comunidade. 

Esta categoría acolle obras de cineastas das dúas beiras, reflectindo a riqueza cultural dun territorio que sempre viviu entre dous mundos. A emigración, o contrabando, as relacións de veciñanza e os ecos dunha historia compartida atravesan estas películas, que reivindican a forza das periferias e a importancia do cinema como ferramenta para reinterpretar as fronteiras. 

En A Raia atopamos relatos de ida e volta, que son reflexo tanto das feridas do pasado como das posibilidades dun futuro compartido.

 

NOVA

NOVA é un espazo aberto á innovación e á experimentación, un territorio de liberdade para cineastas que buscan novas formas de contar historias.

Aquí non hai límites temáticos nin fórmulas predefinidas: cada edición do FIC Vía XIV acolle obras que exploran os códigos do cinema contemporáneo, que expanden os seus lindes e que desafían as convencións do sector

Nesta categoría teñen cabida o cinema de autor/a, o híbrido entre documental e ficción, a e a exploración estética e narrativa, onde as voces máis arriscadas atopan un lugar para expresarse. 

Nun mundo audiovisual dominado por fórmulas comerciais e estruturas ríxidas, NOVA aposta pola diversidade, a mirada única e a autenticidade como elementos esenciais para comprender o cinema como unha arte viva e en constante evolución.


As inscricións para o Open Call do FIC Vía XIV están abertas! Se tes unha curta que encaixa en A RAIA ou NOVA, anímate a enviárnola e forma parte da selección oficial desta edición.

¡Consulta as bases e inscríbete xa!

ORGANIZA:

ALTO PATROCINIO:

CONTACTO

ESCRÍBENOS! RESPONDERÉMOSCHE
AXIÑA POR CORREO

Contacta

LAURELES