O FIC Vía XIV adía a súa décima edición pola situación actual que se vive nacontorna a causa dos incendios forestais
Dende a directiva do FIC Vía XIV anunciamos que o festival se pospón por mor das
consecuencias dos incendios forestais no noso territorio. Esta non é unha decisión que tomemos dende a
urxencia, senón dende a comprensión e responsabilidade coa situación actual.
O festival, que ía realizarse entre o 28 de agosto e o 6 de setembro, posponse para unha data aínda por determinar.
«A nivel persoal, parte do equipo pasou días enteiros pendente das lapas; a nivel loxístico, as instalacións do
festival están ocupadas con recursos para as persoas e territorios afectados polos incendios; a nivel seguridade,
aínda que a situación mellorou nos últimos días, sabemos que pode revertir; e, sobre todo, a nivel humano,
consideramos que non é o momento axeitado para realizar eventos deste tipo na contorna, non só polos propios
incendios, senón tamén polos danos colaterais e inminentes que se manifestarán na comarca», subliñan desde
o equipo directivo.
Este ano o FIC Vía XIV orbita ao redor do tema da posverdade. Tras o acontecido, consideramos que abordar esta
temática é máis necesario ca nunca: que discursos se xeran ao redor dos lumes? Como se transforman as
historias a través das redes sociais e os medios de comunicación? De seguro aproveitaremos, cando se poida,
esta décima edición do FIC Vía XIV para afondar nas estruturas que controlan as narrativas que envolven o noso
día a día.
Dende o equipo do festival queremos mandar unha mensaxe de apoio a toda a veciñanza e corpos e forzas de
seguridade que están a loitar e padecer as consecuencias dos lumes.
Leave a comment