Concerto de kediran

Kedirán nace en Compostela no inverno de 2023 das raíces do tradicional galego, mais conta con influencias balcánicas, do Mediterráneo e do norte da península, froito das diferentes vivencias do compositor Daniel Pazos no lustro que pasou como nómada por Europa. Con este proxecto musical pretenden facer unha labor de recuperación dos sons tradicionais dende unha perspectiva contemporánea e radicalmente diferente a todo o panorama musical galego actual. Este proxecto musical ten como obxectivo último aúnar dous mundos: música e circo nun espectáculo único que non deixará a ninguén indiferente.