Concerto de DIEGO CASTRO

Despois de vintecinco anos adicándose á música profesionalmente en infinidade de formacións, Diego Castro lanza o seu primeiro proxecto en solitario, cun estilo moi persoal que fusiona a música de raíz norteamericana e galega. Letras comprometidas e intimistas e un blues acústico e cru completan a mestura, que nace con vocación de levar estas cancións a todos o recunchos do país. Acompañado da súa banda ao completo, ofreceránnos unha descarga de enerxía que fará vibrar e bailar a todo tipo de público.