Con motivo do aniversario da Revolución dos Cravos (25 de abril), o FIC VIA XIV pon o foco este ano nun dos fitos que contribuíron ao cambio de pensamento da sociedade portuguesa. Foi o célebre discurso de Humberto Delgado proferido no Cine-Teatro de Chaves, no que o denominado “Xeneral sen Medo” pronunciaría as palabras «Estou pronto para morrer pola liberdade». A partir de aquí, exploramos e como os excesos do réxime foron progresivamente quebrando a ditadura desde dentro, e como estas accións influíron na culminación revolucionaria.
A actividade articúlase ao redor de dous filmes. Rubén Sevivas, actor e cineasta de Chaves, presenta a súa curtametraxe Direito a Memoria. Nela, achéganos ao discurso de Humberto Delgado, o “Xeneral sen medo”. Ademais, proxectarase outra curta vinculada en feitos á primeira. O Casaco Rosa, de Mónica Santos, aborda a figura do policía que asasinou ao “Xeneral sen medo”. Esta película-musical política fálanos dun abrigo rosa que sae do armario e transforma o taller de costura nunha sala de tortura de maneira metafórica. O evento estará moderado por Rubén Sevivas coa presenza de Mónica Santos.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.