Sabela Souto, fotógrafa e, ademais, traballa como produtora dentro equipa do FIC Vía XIV. Nesta edición, presenta a exposición As mulleres da cooperativa. Un traballo fotográfico a través do que poñerse na pel de 32 das mulleres que crearon a primeira cooperativa textil da vila, que serviu de pilar para erixir a industria textil na contorna. Esta exposición fotográfica pon en valor o seu traballo e narra como a inserción ao mercado laboral lles brindou moitas máis liberdades ou incluso, moitos casos, servía como sustento base da familia. Tras a inauguración da exposición, haberá un coloquio coas protagonistas.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.