Un dos fitos desta edición é a colaboración con outros dous festivais de Cinema. Nesta edición contamos con dous festivais convidados. Un deles é a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) de Santiago de Compostela. Man a man coa súa directora e equipo adentrarémonos no cinema patrimonial e as implicacións que ten para o desenvolvemento das comunidades, o mantemento de riqueza cultural e a creación das identidades.
Proxectaranse as curtas:12 de maio de 1937 que trata sobre José Caldas, sindicalista e concelleiro socialista que foi fusilado en Vigo durante a guerra civil. Unha historia sobre memoria e perda da man da súa neta; e Mariví, na pel da memoria unha historia sobre Mariví Villaverde, que tivo que exiliarse a Francia tralo golpe de estado do 36; e A revolución (é) probable, que explora a idea de que unha revolución crea outras posibilidades de vida tomando como estudo a última das grandes revolucións europeas, a que tivo o seu comezo o 25 de abril de 1974 en Portugal, profunda nas súas raíces coloniais, e reflexiona sobre o seu final o 25 de novembro de 1975.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.