CINEMA DA CASA

A sección oficial do concurso acolle unha categoría especial para curtas realizadas por artistas locais e proxectos vinculados directamente coa nosa contorna. Deste xeito, o FIC Vía XIV mantén a súa liña de potenciar o talento audiovisual e creativo da veciñanza de Verín e arredores, ofrecendo un espazo no certame onde creadores e creadoras da contorna poidan amosar os seus traballos. Este ano, no slot local proxectaranse as curtas ‘Flores de paja’, ‘O Entroido en Camba’ e ‘Malditos Bastardos’.