NOTICIA INVISIBLE

A narradora Raquel Queizás combina narración oral, monicreques e clásicos do cinema mudo nunha proposta que convida a descubrir os enganos da desinformación. A través das aventuras da reporteira Lupa e de fragmentos de películas de Buster Keaton e Charles Chaplin, os nenos e nenas aprenderán a identificar noticias falsas e a desenvolver unha mirada crítica ante o que aparece nas pantallas.

En diálogo co lema desta edición, «A verdade nunca foi tan fráxil», a actividade achega á infancia o valor de pensar con criterio propio. Realizada en colaboración cos colexios da vila de Verín, prevé reunir máis de 300 escolares no Auditorio Municipal.