Aula XIV | Proxeccións

O FIC Vía XIV abre as súas portas ao alumnado de bacharelato cunha selección de curtametraxes que convida a reflexionar sobre o mundo actual. Baixo o lema «A verdade nunca foi tan fráxil», a sesión aborda a posverdade e a desinformación, propoñendo unha mirada crítica sobre as imaxes, as mensaxes e os relatos que nos rodean.

Realizada en colaboración cos centros educativos, a actividade inclúe unha breve charla do equipo do festival para presentar o proxecto e explicar como se organiza un encontro destas características. Unha oportunidade para descubrir o FIC desde dentro e vivir o cinema como espazo de diálogo e pensamento crítico.