O FIC Vía XIV pecha a súa décima edición cunha gala final no Auditorio Municipal de Verín, un encontro para celebrar dez anos de cine, cultura e actividade compartida arredor da curtametraxe. A cita servirá para dar a coñecer as obras gañadoras desta edición e poñer o broche final a seis días de proxeccións e actividades.
Nesta edición tan especial, a gala quere ser tamén unha celebración aberta a todos os veciños e veciñas. Un convite a xuntarse arredor do cine, lembrar o camiño percorrido e brindar polo futuro do festival, que ao longo desta década contribuíu a situar Verín no mapa cinematográfico e a achegar novas historias e olladas ao público.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.