Cinefórum

O Cineclub Ordet, en colaboración co FIC Vía XIV, propón unha sesión dedicada a dúas creadoras singulares da historia do cinema. O programa reúne a curtametraxe experimental Un falso espertar (Meshes of the Afternoon, Estados Unidos, 1943), da cineasta estadounidense de orixe ucraína Maya Deren, e o documental A casa é negra (Khaneh siah ast, Irán, 1963), da poeta e cineasta iraniana Forugh Farrokhzad. Dúas obras que, desde linguaxes diferentes, exploran as posibilidades expresivas do cinema e convidan a compartir interpretacións arredor das súas imaxes.

Coordinado por Manuel Ayán e Daniel Dapía, o Cineclub Ordet nace en 2025 ao abeiro do FIC Vía XIV, dando continuidade aos máis de sete anos de labor do Cineclub Nosferatu.