Olladas compartidas

Olladas compartidas é unha sesión de cinema que busca facilitar o acceso e o desfrute das proxeccións a persoas con diferentes necesidades. A proposta incorpora medidas de accesibilidade para favorecer unha experiencia compartida nun ambiente acolledor.

Con esta iniciativa, o FIC Vía XIV avanza no seu compromiso cun cinema aberto e inclusivo, creando un espazo no que gozar das historias e compartir outras miradas.