CONCURSO DE PINTURA
CONCURSO DE PINTURA
16:00 h a 20:00 h - AUDITORIO DE VERÍNCo fin de que a veciñanza tome partido no festival e poder mesturar o audiovisual con outras artes gráficas, imos realizar un concurso de pintura con obras que representen a escena dalgunha película. Haberá premios para as gañadoras! Podes consultar toda a información sobre as inscripcións nas bases do concurso. Os membros do xurado son Álex Araújo, Marilar Salgado de Dios e Paulinha d’Arzoá.
Bases Infantil - Xuvenil
- O consurso terá lugar no interior do Auditorio de Verín o domingo 1 de setembro de 2024.
- Cada participante gozará dun lugar asignado pola organización nunha das salas do Auditorio.
- Participantes: admitiranse candidaturas de persoas entre 11 e 17 anos
- As inscricións realizaranse a través do formulario habilitado na páxina web do FIC Vía XIV antes do 29 de agosto as 23:59.
- O consurso está aberto a un máximo de 15 persoas que serán seleccionadas por estricta orde de inscrición seguindo as indicacións que recollen estas mesmas bases.
- Horario. As artistas participantes contarán cun máximo de catro horas para finalizar a súa obra.
A organización solicitará a aquelas que participen estar presentes no punto de encontro acordado media hora antes do comezo da actividade.
O concurso comezará ás 16:00 e rematará ás 20:00 do domingo 1 de setembro do 2024.
Cando remate o tempo estipulado, a equipa do festival recollerá as pezas e o resto do material.
- A temática da obra deberá representar unha escena dunha película que cada participante escolla e terá que ter informado á organización da súa selección antes do comezo da actividade.
- Soporte e material. O material e soporte que se empregue será de libre elección (acrílico, óleo, grafito, acuarela, pinceis, lápices...) e terá que informarse do material escollido á organización no mesmo formulario de inscrición. O equipo do festival proporcionará soportes para a cómoda realización das obras.
- As participantes serán agasalladas cun pase para as curtametraxes que se exhiban a concurso nesta edición do FIC. Ademáis, desfrutarán dun petisco ofrecido pola organización.
- Xurado. Seleccionaranse a tres artistas locais para que compoñan o xurado. A súa composición será anunciada antes do concurso.
- Votación. Existirán dous tipos de voto: o profesional e o do público.
- Premios.
Premio Profesional. O premio constará unha noite no Boticas Hotel Art & Spa para o gañador e os seus tutores legais.
Premio do Público. O premio constará dun lote de material promocional do FIC Vía XIV, lote de produtos gastronómicos locais e un pack de materiais de pintura.
Para recibir o premio, a persoa deberá estar presente na gala final do FIC ou, no seu lugar, deixar a unha representante. Neste último caso, deberase notificar con antelación a persoa na que se delegue a recollida do premio á organización.
- Resolución dos premios. Ambos os premios, tanto o profesional como o do público, notificarase o venres 6 de setembro, e farase público o sábado 7 de setembro.
- Dereitos. As obras gañadoras pasarán a ser propiedade da Asociación Cultural da Vía XIV, que se reserva os dereitos sobre a mesma, incluíndo o de reprodución, sen negar a autoría da artista. O resto de obras serán recollidas polos seus autores/as antes da gala final do FIC Vía XIV.
Bases Senior
- O consurso terá lugar no interior do Auditorio de Verín o domingo 1 de setembro de 2024.
- Cada participante gozará dun lugar asinado pola organización nunha das salas do Auditorio.
- Participantes: admitiranse candidaturas de persoas maiores de 18 anos.
- As inscricións realizaranse a través do formulario habilitado na páxina web do FIC Vía XIV antes do 29 de agosto as 23:59.
- O consurso está aberto a un máximo de 15 persoas que serán seleccionadas por estricta orde de inscrición seguindo as indicacións que recollen estas mesmas bases.
- Horario. As artistas participantes contarán cun máximo de catro horas para finalizar a súa obra.
A organización solicitará a aqueles e aquelas que participen estar presentes no punto de encontro acordado media hora antes do comezo da actividade.
O concurso comezará ás 16:00 e rematará ás 20:00 do sábado 1 de setembro do 2024.
Cando remate o tempo estipulado, a equipa do festival recollerá as pezas e o resto do material.
- A temática da obra deberá representar unha escena dunha película que cada participante escolla e terá que ter informado á organización da súa selección antes do comezo da actividade.
- Soporte e material. O material e soporte que se empregue será de libre elección (acrílico, óleo, grafito, acuarela, pinceis, lápices...) e terá que informarse do material escollido á organización no mesmo formulario de inscrición. O equipo do festival proporcionará soportes para a cómoda realización das obras.
- As participantes serán agasalladas cun pase para as curtametraxes que se exhiban a concurso nesta edición do FIC Vía XIV. Ademáis, desfrutarán dun petisco ofrecido pola organización.
- Xurado. Seleccionaranse a tres artistas locais para que compoñan o xurado. A súa composición será anunciada antes do concurso.
- Votación. Existirán dous tipos de voto: o profesional e o do público.
- Premios.
Premio Profesional. O premio constará unha noite no Boticas Hotel Art & Spa.
Premio do Público. O premio constará dun lote de produtos promocionais do FIC Vía XIV, produtos gastronómicos locais e un pack de materiais de pintura.
Para recibir o premio, a persoa deberá estar presente na gala final do FIC Vía XIV ou, no seu lugar, deixar a unha representante. Neste último caso, deberase notificar con antelación a persoa na que se delegue a recollida do premio á organización.
- Resolución dos premios. Ambos os premios, tanto o profesional como o do público, notificarase o venres 6 de setembro, e farase público o sábado 7 de setembro.
- Dereitos. As obras gañadoras pasarán a ser propiedade da Asociación Cultural da Vía XIV, que se reserva os dereitos sobre a mesma, incluíndo o de reprodución, sen negar a autoría do/a artista. O resto de obras serán recollidas polos seus autores/as antes da gala final do FIC Vía XIV.