O Patio

Un home maior volve ó seu piso despois dun tempo e aprende a desenvolverse en soidade. A súa veciña ofrécese a axudar coas tarefas domésticas, pero a través do espazo e dos obxectos esquecidos da vivenda, o peso da memoria interrompe, descobre conflitos pasados e xera problemas na súa relación.

Ano:
2024
Director:
Ariadna Cordal
Pais:
España
Biografía:
Ariadna Cordal é investigadora e cineasta. As súas curtas “Auria, última noite” (co-dirixida con Dani Cornes), “They Ponder” ou “Papá, por que quitas a música?” foron seleccionadas en festivais galegos, nacionais e internacionais. Tamén foi editora de “Onde dormen as gaivotas” (dirixida por Dani Cornes) e creou varios videoensaios. Está a facer unha tese doutoral sobre cinema documental e ecocrítica na Universitat Pompeu Fabra.