Experiencia Multisensorial: fusión de viños Monterrei, gastronomía e música con Begoña Vázquez e a Denominación de Orixe

Begoña Vázquez, gañadora do premio Cociñeiro Galego do Ano 2024 e a primeira muller en conseguilo, acompañanos nesta experiencia culinaria a descubrir a riqueza gastronómica da nosa contorna a través dunha cata xunto a Denominación de Orixe Monterrei, un dos patrocinadores que fan posible o FIC Vía XIV e insignia da gastronomía da nosa contorna. Ademais, haberá unha maridaxe con produtos locais.

Begoña é unha das cociñeiras máis salientables do panorama actual e nas súas creacións predomina a mestura entre cociña tradicional e de vangarda. Unha experiencia multisensorial que mestura viño, comida e música, estimulando todos os sentidos das persoas participantes de xeito armonioso e complementario.