Proxección da curtametraxe de Touriñán ‘Nena’

INSCRÍBETE AQUÍ


Nena é a estrea como guionista e codirector de Xosé A. Touriñán, un dos nomes máis salientables do audiovisual galego. Nesta curta ponnos na pel dunha nena de doce anos que, trala morte da nai, ten que cargar co peso familiar. Unha historia que nos deixa á intemperie. Unha realidade que reflexiona sobre a carga e o rol que ten que asumir a protagonista ante a incapacidade do seu redor.