O FIC Vía XIV comeza por todo o alto cunha actividade que xa está consolidada como tradición do festival. O cinema sae ao centro de Verín, pero vai máis alá de proxeccións ao uso. Nesta actividade, o grupo Caspervek musicalizará ao aire libre e en directo as curtas Fantasmagorie, Alicia País nas Marabillas e Sherlock Holmes. Música e audiovisual únense para que todo o mundo da praza poida gozar dunha experiencia envolvente mentres se refresca nalgún dos establecementos colaboradores da vila. Ademais, o xornalista Iván Iglesias desvela todas as actividades que se van levar a cabo ao longo do festival.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.