as bichas en directo

Rosalía Macías e Sofía Caamaño, ou Rosi&Sofi, son dúas xornalistas serias que neste podcast fan de reporteiras dicharacheras. Da man da Revista Luzes, sobreanalizan mes a mes temas que lles resoan e para os que, moitas veces, nin elas mesmas teñen resposta. No FIC Vía XIV realizan un episodio en directo no que falan de como o xénero e a clase atravesan a cultura e tamén sobre como moitos produtos audiovisuais nos fan ampliar os nosos lindes mentais. Coa colaboración especial de Mariana Carballal.