O FIC Vía XIV, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Verín, propón un percorrido polas bandas sonoras que forman parte da memoria colectiva do cinema, da man da Banda de Música de Verín. Un concerto para recoñecer melodías que nos devolven a escenas e personaxes inesquecibles e celebrar o talento musical da vila.
O repertorio inclúe temas de Ghost, Coco, Cinema Paradiso, Titanic, Encanto e Barbie, ademais de pezas como a Coronel Bogey March, o prólogo e o tema de A Bela Durminte e a música de O bo, o feo e o malo, de Ennio Morricone. Unha proposta para gozar da música de cinema a través de diferentes xéneros e xeracións.
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.