Olivia, unha moza que vive no estranxeiro, regresa á súa cidade natal, en México, coa esperanza de reconciliarse co seu pasado. Pero a violencia que presenciou na infancia non desapareceu, e esta viaxe esperta recordos cos que lle resulta imposible facer as paces.
Ano:
2024
Director:
Natalia León
Pais:
Francia
Biografía:
Natalia León (1997, Cidade de México) é directora e guionista. Aos 17 anos marchou a París para estudar animación na ENSAD e máis tarde ampliou a súa formación en guión e dirección na School of Visual Arts de Nova York. En 2021, no seu último ano na ENSAD, escribiu e desenvolveu a súa primeira curtametraxe, Como si la tierra se las hubiera tragado, producida por Xbo Films.