Hoxe é día de estrea e Artur, fillo dunha familia burguesa e bailarín dunha compañía de danza contemporánea, actúa como o príncipe dun reino feito á súa medida. Todo cambia cando o seu pai é arrestado por corrupción nun escándalo inmobiliario. A partir dese momento, Artur deberá decidir entre protexer á súa familia encubrindo ao seu pai ou afrontar as consecuencias de renunciar aos seus privilexios.
Ano:
2024
Director:
Alex Sardá
Pais:
España
Biografía:
Alex Sardà é un cineasta de Barcelona que traballa tanto no ámbito da ficción como no documental. O seu debut no largometraxe, HAFREIAT, estreouse no Sheffield DocFest 2022. No seu percorrido por festivais gañou o premio ao mellor documental nacional na SEMINCI 2022, unha mención especial do xurado en MiradasDoc 2022 e o Premio Internacional do Público no Amman FilmFest 2023.